Ligas Xuvenís: O norte golpea primeiro

Traemos hoxe, como cada martes, as crónicas das Ligas Xuvenís. Xa saben que teñen todos os calendarios e os resultados das 3 novas fase en www.futboldacosta.com.
Pero non deixamos de preguntarnos como é posible que teñamos esta clase de formatos competicionais. Se ben é positivo que agora teñamos ligas ata marzo, o normal sería termos unha Liga Xuvenil de 20 equipos que durase ata o comezo da Fase de Ascenso á Liga Galega.
Xa no deportivo, esta fin de semana parece que os equipos do norte pegaron primeiro. O Malpica, campión da Liga norte, superaba ao Cee, campión da Liga Sur, imprimindo a primeira derrota aos de José Carlos e demostrando a súa pegada.
Pero a vitoria clara do Dumbría B ao Santa Comba tamén sorprende.
Veremos que acontece nas vindeiras xornadas nas 3 Ligas en competición da categoría xuvenil. Estas son as crónicas da 1ª xornada.
Liguilla Previa de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1
Malpica - Cee (4-2)

- MALPICA: Jesús; Javier, (Martín Maradona, min.18), Jorge, Pereira, Pepis, Joro, Juny, (Quintas, min.65), Eme, Martín Uruguaio, Adra, (Roque, min.90), Camilo, (Almeida, min.83).
- CEE: Iván; José Ramón, Tonecho, (Raper, min.90), Martín, Iago, (Jesús, min.83), Uri, Lamela, (Nanón, min.63), Rubén, Pablo, Chiru, (Cibrán, min.85), Carlos.
- Goles: 1-0, min.2: Eme, dende a frontal; 2-0, min.40: Camilo; 3-0, min.64: Eme a unha falta rasa de Adra; 3-1, min.67: Pablo en xogada persoal; 3-2, min.75: Uri de penalti cometido sobre el; 4-2, min.94: Eme tras outra falta lateral botada por M. Maradona.
- Expulsión: o local Pepis min.80, e o visitante Brais dende o banquiño (min.81).
Enfrontábanse os dous mellores equipos da categoría en Pedra Queimada, e os máis de 150 afeccionados disfrutaron doutra gran tarde de fútbol.
O Malpica golepaba primeiro e aos 2 minutos Eme batía a Iván dende a frontal. Tardou en espertar o Cee na primeira e se ben Juny puido ampliar para os locais, Isma Lamela tivo o empate nas súas botas. Foi clave o gol de Camilo ao fío do descanso para que os malpicáns respirasen nos vestiarios.
Foi o terceiro gol dos de Piña o que espertou a rabia ceense. Pablo recurtaba e de contado Uri transformaba un claro penalti cometido sobre el. Quedaban 15 minutos e as alternativas sucedíanse para ambos lados. Pero foi Eme, de novo tras unha boa xogada ensaida, quen sentenciaba para os locais xa co tempo cumplido.
Dumbría B - Santa Comba (6-0)
- DUMBRÍA B: Roberto, Adrián Alcaina, Ismael (Kevin, min.52), José, Jano, Pereira (Cristian, min.60), Dani Picallo (Abel Insua, min.65), Martín, Roi (Mario, min.50), Josiño, Yerai.
- SANTA COMBA: Couto, Josito, Alberto, Dani Martínez, Landeira (Roberto, min.70), César (Miguel, min.60), Diego Maneiro, Javito (Jordi), Styven (Marcos Álvarez, min.77), Marquiños, Iván (Luís, min.75).
- Goles: Dani Picallo (2), Josiño (2), Roi, Mario.
- Expulsión: o dumbriés Adrián Alcaina.
Sorprendente goleada do Dumbría B ao Santa Comba. Adiantouse pronto o Dumbría nunha xogada de pillería. Tras varios minutos de igualdade o cadro de Huelvis tomou o mando e os dumbrieses buscaban o descanso. Así e todo, o bo facer táctico do Dumbría anulaba as mellores armas dos xalleiros.
Á volta do descanso saíu mellor prantado o equipo de Ángel López Canosa e marcaron tamén cedo. A partir de aí as rápidas e mortais contras protagonizadas por Yerai e Dani Picallo fixeron o resto.
Soneira - Corcubión (1-1)
- SONEIRA: Juan José, Pichón, Rubén, Héctor, Curra, Cachirulo, Cristian de Cereixo, Cristian de Carantoña, Capote, Picachu, Ricardo. Tamén xogaron: Suso, Toja, Efraín.
- CORCUBIÓN: Abelleira, Chema, Antonio, Pablo, Pablo (David, min.65), Adrián, Iván, Sergio, Gabriel (Iván Lagoa, min.70), Javier (Martín, min.70), Lema, Adrián.
- Goles: 1-0, min.50: Ricardo a pase de Cristian; 1-1, min.65: Adrián.
Non se durmiu o Corcubión que seguía intentándoo, e foi no ecuador do segundo tempo cando Adrián facía o xusto empate.
Camariñas - Baio (1-4)
- CAMARIÑAS: Álvaro, Santi (Martín, min.46), Caamaño (Bieito Mas, min.80), Manuel, Maik (Ismael, min.30), Gatusso, Diango, Saviola (Juanchi, min.60), José Carlos (Mariño, min.60), Nené e Nazo.
- BAIO: Poyo, Maikel, Iago (Eloy, min.65), David, Pablo, Lucas, Fachal (Silvariño, min.46), Rafa, Iván, Bieito (Marcos, min.46), Valentín (Martín, min.10).
- Goles: 0-1. Martín; 0-2. Bieito; (descanso). 0-3. Iván; 0-4. Martin; 1-4: Nené.
- Lesión: Martín cun tirón muscular.
Ganou con total merecemento o Baio en Camariñas ante un equipo local que nunca tivo opcións de levarse os tres puntos e que xogou o seu peor partido da tempada, mentres que o Baio xogou un. Comezou igualado o encontro, sen un dominio claro de ningún dos dous equipos, ata que o dianteiro baiés poñería por diante aos seus mediada a primeira metade. Anotou o segundo antes do descanso o equipo de Nacho e isto deixou o encontro encarrilado ante un Camariñas que non tirou a porta nos primeiros 45 minutos.
Na segunda metade o Camariñas mellorou e tentou ir a polo partido pasando a defensa de tres, pero un inspiradísimo Poyo e dúas contras do Baio acabaría por sentenciar o choque. Anotaría o gol da honra Nené cun fermoso disparo dende a frontal, pero isto non cambia a imaxe dun equipo que quere loitar por estar arriba.
Copa da Costa Xuvenil, xornada 1
Grupo 1
Esteirana - Coristanco (5-3)
- ESTEIRANA: Matías (Adán, min.46), Meco, Chus, Abel, Pedro, Ruso, Eloy, Adrián (Adrián, min.65), Jacobo, Bruno, David.
- CORISTANCO: Rubén, Corral, Martínez, Pichel, Cristian, Fede, Damián, Dani, Martín, Magovi, Gonzalo. Tamén xogaron: Naya, Adrián; Brais, Iván.
- Goles: 1-0, min.5: Jacobo de córner; 1-1: Dani; 2-1, min.15: Eloy de córner; 2-2, min.25: Magovi; 3-2, min.30: Bruno de xogadón pola banda; 3-3, min.35: Magovi; 4-3, min.40: Adrián; 5-3, min.65: David.
Partido bonito, moi físico e moi intenso, con constantes alternativas pero sempre coa Esteirana por diante marcando forte ritmo alto, ante un Coristanco que chegaba algo desmotivado e sen a necesaria intensidade para afrontar o choque. Puido ser que os de Lorenzo chegaban con varias baixas e sen porteiro, e e tivo que ser Rubén o que se puxese baixo paos.
Se ben a Esteirana se puña por diante ante un Rubén que pouco podía facer, un par de erros de porteiro e defensa esterá permitían igualar a contenda. Foi tralo descanso cando a Esteirana pasou a dominar a contenda con comodidade para acabar o partido co 5º gol, obra de David.
Outes - Fisterra (2-1)
- FISTERRA: Angel, Roberto, Miguel (Manuel Suárez, min.46), Rubén, Javi (José Manuel, min.65), Juan (Iski, min.80), C. Hidalgo, Champi, Gabriel, Manuel, Canica.
- OUTES: Jona, Sergi, Rafa, Alex, Pedrosa (Juan, min.82), Chía (Pesi, min.82), Jurado (Abraham, min.51), Michi, Edu, Babu (Elías, min.46) e Piti (Maduro)
- Goles: 0-1, min.35: Champi define só co porteiro tras un gran pase de Gabi; 1-1, min.87: Elías, remata no segundo pau un centro de Michi; 2-1, min.88: Abraham, remta no segundo pau un centro de Edu.
Bo e igualado partido entre dous equipos que renunciaron á "Liga de campións" para quedarse ca Copa. Os fisterráns, con Falito no banco ante a baixa de Roco (tivo que xogar cos maiores), fixeron un gran partido e mandaron durante case todo o encontro. Pero os locais conseguiron dar a volta nos instantes finais e quedar cos 3 puntos.
Dumbría - Zas (Aprz.)
- Xogarase o vindeiro martes 21-02 ás 11:00h.
Grupo 2
Mazaricos - Ponteceso (3-2)
- MAZARICOS: Rubén, Fran, Mipadre, Javier, Carballo, Alberto, Oreiro, Carreira, Cristian (Iván, min.63), Álex (José, min.85), Molinos.
- PONTECESO: Xurxo, Dani Valle, Joseph, Guille, Diego, Sergio, Alberto Recarey, Iago, Puente, Borja, Jorge. Tamén xogaron: Fabián, Cristian, Mendieta, Diego e Lorenzo.
- Goles: 1-0, min.20: Javier pola escuadra dende 35 metros; 2-0, min.38: Carreira tras unha falta lateral; 2-1, min.42: Jorge; 3-1, min.70: Iván a balón parado; 3-2, min.85: Cristian.
O campo fíxoselle moi pequeno ao Ponteceso que gusta sacar o balón xogado, e a presión forte e arriba do Mazaricos non dexou que o cadro de Mato saíse detrás. Os de Brais e Kevin tiraron de fortaleza e macharon a balón parado, algo que no que falla moito o cadro pontecesán.
Muros - Corme (1-2)
- MUROS:
- CORME: Javi, Alejo, Alberto, David, Iván, Antonio, Percebe, Fran, Eloy, Juanma e Brais. Tamén xogaron: Isma, Eloy Castro e Alejandro.
- Goles: 0-1, min.5: Fran pola escuadra nunha fermosa contra; 0-2, min.35: Eloy; 1-2, min.80: de penalti.
- Expulsión: o porteiro cormelán Javi; e ao tamén cormelán Fran.
- Lesión: Juanma cunha escordadura de nocello.
Partido igualado entre dous equipos en formación. Pronto se puxeron os de Alejo e Pandi por diante, e a partir de aí o encontro baixo de ritmo. O Muros intentábao pero non foi ata o minuto 80, xa cun Corme con 10 homes, cando os de Nieto asinaron o tanto do empate, que chegaba de penalti. Iso si, os muradáns marraron outra pena máxima que puido significar o empate.
- Descansou o Cabana.
Máis información
Crónicas da semana
- Paixón, ledicia, tristeza, ilusión e moita deportividade nas Finais das LCFs.
- 2ª Autonómica: O grupo de perseguidores ameanzan o triunvirato.
- 1ª Autonómica: Derrota triple.
- Preferente: Dous cara arriba e dous cara abaixo.
- Resultados da fin de semana no #futboldacosta.
Máis novas
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
- Aberta a convocatoria de axudas para os clubes e agrupacións deportivas.
- Vídeo entrevista, e algo máis, ao xogador do Cerqueda Nión.
- A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora De la Sierra, Pablo Conde, o blog do Malpica de Luís E. Porto.