Malpica une o surf galego para pechar a tempada
Máis unido que nunca está o surf galego. Onte, 2 de decembro, a praia de Area Maior de Malpica de Bergantiños, acollía a 6ª Proba open de surf e 6ª Proba open de Bodyboard do circuito galego 2012, que servia para pechar a temporada.
E a xente quedou encantada coa organización de Silfo Camps e a Federación Galega de surf (cómpre salientar que o Jose Silfo é presidente de ambas entidades). Non é que fose a proba de maior participación, i é que inverno parece que costa, pero isto non impediu que as últimas probas do circuíto se levasen con gran expectación en Malpica.
Temos así xa campións da temporada quedando Pablo Montero e Erika Franco Perez como novos campións do Circuíto Galego de Surf 2012. En categoría de Body, foi Alex Rico, campión en Lariño, o novo campión do circuíto galego de Bodyboard.
Xa podedes ver os resultados en Surf na 6ª proba de Malpica na Federación Galega de Surf.
Mentres o mundo surf xa se prepara para a cita do vindeiro sábado día 8, que se celebra o Campionato Galego "O Mellor dos Mellores", en A Coruña, no cal participan os 4 mellores clasificados do circuíto.
6ª Prueba del Circuito Gallego Open de Surf y 6ª Prueba Open de Bodyboard - 2012 (Malpica de Bergantiños) from Federacion Galega de Surf on Vimeo.
Galería de Lariño
Ademais, xa podedes ver todas as fotos da proba de Bodyboard do Faro de Lariño. Fotazas coma esta, feitas por Jose Morandeira.
Novas relacionadas
- Lariño e Malpica colocan á Costa da Morte no epicentro do surf galego.
- As mellores promesas do surf galego subiron as ondas de Malpica.
- O Campionato de Pesca Submariña cede 350 kg de peixe a Cáritas.
- Soesto sitúa de novo á Costa da Morte no centro do surf galego.
- Boulder: Escalando as rochas da Costa da Morte.
- Os viquingos surfeiros galegos e asturianos tomaron Malpica.
- A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte.
Outras novas
- A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país.
- De quen son as ondas da Costa da Morte?.
- A Costa da Morte, o centro do surf da península.
- O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos.
- Malpica convírtese no epicentro do surf do país.
- Unha curta de surf e Man.
- Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
Máis novas
- A bitácora da semana (XCV): Costa da Morte Kayak Surf.
- A bitácora da semana (LXVI): O blog do Clube de Surf Os Tombos.
- A bitácora da semana (IV): Surf na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Federación Galega de Surf.