xoves. 01.05.2025
El tiempo

Marcos Sánchez repite podio en Sort

Marcos Sánchez repite podio en Sort
rcos Sanchez do Piraguismo Dumbria en Sort Marcos Sanchez en Sort

Como xa fixera na primeira proba da Copa de España de Promesas de Slalom disputada en Sort, Marcos Sanchez volveu a subir ó podium na segunda fin de semana de competición na vila pirenaica. O deportista de Xestosa disputou á centesima o triunfo co vasco Rodrígo Gentile e despois de levar a mellor na xornada do sabado, foi o deportista do Atletico San Sebastián quen levou a mellor na xornada do domingo e a proba no cómputo das dúas xornadas.

Marcos Sanchez competiu ben, muito mellor que na anterior proba de Arfa, i é optimista de cara os Campeonatos de España que se disputan dentro de 15 días na vila murciana de Calasparra. Con este resultado cabe destacar que Marcos sigue sendo o primeiro infantil do ranking nacinal e acude a cita na vila arroceira sabendose ser un dos favoritos.

Marcos Sanchez do Piraguismo Dumbria en Sort 2

En canto o resto da participación da participación costeira, Brais Pérez sigue coa súa progresión logrando un septimo posto na categoría cadete, que ainda non sendo puntuable tivo unha numerosísima inscripción, e Brais Sánchez oficiou de abridor facendo unhas baixadas fantasticas para un pequeno de nove anos, completando todo o percorrido sin apenas penalizacións.

Copa Galega de Promoción no Ézaro

Por outra banda esta vindeira fin de semana, e encadrado dentro das actividades da Festa da Praia, Ézaro volverá a acoller unha proba da Copa Galega de Promoción de Slalom onde clubes de slalom de toda Galicia virán competir cos seus rapaces máis novos o entorno da fervenza do Ézaro, onde se celebrará a proba o sábado a partir das 5 da tarde.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios