Marea de torneos para este comezo do verán
Xa esta semana vivimos un fermoso torneo amistoso e solidario no Carral. E mentres continúa o Torneo do Verán, con maiúsculas, o Campionato de Barrios de Esteiro, traemos todas as posibilidades que levamos recollidas no Facebook “Fútbol da Costa”, onde achegamos todas as novidades.
Torneo de F8 de Santa Comba
As categorías inferiores do XSC teñen listo xa o Torneo de F8 para este sábado, nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín.
Estaremos atentos, porque o vindeiro luns 15 de xuño, será a recepción oficial no concello, por parte do alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, ao XSC cadete, campión da Coruña e recén ascendido á Liga Galega.
I Maratón de FS de Santa Comba
Tamén na capital xalleira pero a finais de mes, 27, 28 e 29 de xuño, terá lugar o I Maratón de FS de Santa Comba no pavillón de Fontenla, con 3.100 puntos en premios.
Campionato F7 de Mazaricos
Os días 9 e 10 de agosto, a cita será en Antes, Mazaricos, co Fútbol 7. Con 2200 puntos en premios.Maratón de San Cristobal de F7 en Cee
Esta fin de semana pasada era o turno da Copa Maratón de Fútbol Sala, que vencía, con vinganza, o Ganados Maroño. Esta vindeira toca Maratón na vila da Xunqueira, organizado pola Asocación San Cristobal de Cee. Serán 3 días de partidos, con 2.500 puntos en xogo, zona de acampada e todo.
Festa do Socio e dos 50 anos do Laxe
O vindeiro sábado 14 de xuño, ás 17:00h o campo de fútbol do Laxe acolle a Festa do Socio e a do 50 aniversario, dun dos 6 clubes fundadores do Fútbol da Costa, que, de feito, será homenaxeado na III Gala do Fútbol da Costa. A cita celebrará un partido homenaxe entre os actuais e un combinado cos históricos. Estarán algúns grandes mitos como Toniño, Chalo, Paco…Novas relacionadas
Máis información
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Artigos relacionados
- Festa interxeracional de todo o pobo para celebrar os 50 anos do CD Baio.
- Laxe e Sofán vólcanse coa historia e a solidariedade:
- A Costa da Morte celebrou o ascenso branquiazul.
- Un xantar para celebrar os 50 anos do CD Baio.
- Xa temos os cadros das Fases de Promoción ás Ligas Galegas Inf., Cad. e Xuv..
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).