Martín Varela segue o camiño cara Brasil 2016 gañando os dobres no Open Internacional de Miranda
Mañá falaremos con el polo miúdo, pero hoxe temos que dar outra boa nova. O cormelán Martín Varela, integrante da Asociación Deportiva Vidú, participou o pasado fin de semana no Open Internacional de Miranda de Ebro, na sua intención de sumar puntos para chegar ás Paraolimpiadas Brasil 2016.
Esta tempada o tenista cormelán non está competindo en moitos torneos do circuíto debido á falta de patrocinios. Aínda así, Varela intenta acudir ás principais citas do territorio nacional e unha delas foi a celebrada en Miranda de Ebro. Este torneo internacional reúne aos mellores xogadores nacionais que cada ano realizan unha homenaxe ao xogador local Óliver Puras, falecido fai poucos anos.
No cadro individual Martín Varela alcanzou as semifinais, caendo ante o madrileño Roberto Chamizo nun axustado partido como reflicte o tenteo final, 3/6 7/6 e 4/6. Antes Varela superara ao riojano Juanjo Rodríguez por 6/2 e 7/6 e en cuartos ao actual subcampeón do Mundo Junior Félix García por 6/2 e 6/4.
No cadro de dobres, o cormelán fixo parella co vigués Martín de la Puente e lograron plantarse na final e vencer á parella Rubén Pérez - Raúl Moreno por 6/4 e 6/2.
Desta forma Varela realizaba un gran torneo alcanzando a semifinal en individuais e logrando o triunfo en dobres xunto a De la Punte.
Vindeiras citas
A partir de agora e ata final de tempada o cormelán apenas competirá en torneos oficiais e intentará lograr apoios para no 2015 loitar por unha praza para as próximas Paraolimpiadas de 2016.
Máis información
- Con Martín a Río 2016.
- Comprar entradas ou Fila 0 para a Gala de Humor por Martín Varela.
- martindecorme.blogspot.com.
- Páxina de Facebook de MARTÍN VARELA DOURADO.
Novas relacionadas
- Martín Varela comeza o seu desafío para chegar ás Olimpiadas de Río 2016.
- Entrevista de David Lourido: Martín Varela: “Para a Xunta non son deportista de alto nivel”.
- Martín Varela pelexou polas medallas da Copa do Mundo coa Selección Española.
- Martín Varela preparará o Campionato do Mundo co torneo da casa.
- Martín Varela volve á Selección Española para disputar o Campionato do Mundo.
- 02-04-14: Martín Varela volve á competición.
- Xuño 2013: Novo doblete de Martín Varela en Zaragoza.
- Abril 2013: Unha festa para mandar a Martín Varela ao Campionato do Mundo.
- Abril 2013: Martín Varela comeza a temporada dende a Selección Española.
- Setembro 2012: Martín Varela pecha a tempada a golpe de títulos.
- Xuño 2012: Martín Varela e a Selección Española petan con Asia.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).