Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Martín Varela volve adestrar 11 meses despois con novos patrocinios

Martín Varela volve adestrar 11 meses despois con novos patrocinios
Martin Varela en terra batida-Foto-David Castro Martín Varela volve os adestramentos-Foto-David Castro

Hai case un ano que unha lesión deixaba fóra das pistas, e lonxe do seu soño das Paraolimpiadas de Río2016 a Martín Varela. Pero o tenista cormelán volve a sorrir, e faino dende as pistas.

Xa está comezando a adestrar de novo, gracias ademais á colaboración de World Fit Carballo e Shop4fit. Con este acordo, a A.D.Vidú e os seus novos colaboradores, o Gimnasio World Fit Carballo e www.shop4fit.es dotarán a asociación cormelana con material deportivo (bicicleta de spinning FFTTECH Gold) co que Martin Varela comezará a sua recuperación para afrontar novos retos deportivos.

Gracias a esta aportación o deportista cormelán e presidente da A.D.Vidú poderá empezar parte da sua preparación física. Martín está con máis ganas que nunca para marcarse novas metas no deporte adaptado, e espera poder recuperarse para seguir traballando pola inclusión no deporte das persoas con discapacidade.

O convenio de colaboración, firmarase o próximo sábado 29 no centro Gadis Hiper-Centro Comercial Bergantiños ás 13:00h.

Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de David Castro.

Comentarios