Muxía abríu o Circuito de Xadrez Costa da Morte con case 60 xogadores
O pasado domingo 25 de novembro, tivo lugar en Muxía, no Edifício de Servizos Múltiples do Concello, a primeira proba do 1º Circuito de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, que organiza o Concello de Muxía e o Club Xadrez Cabo Touriñán.
Unha iniciativa fantástica que parte do clube muxián que serve para espallar este deporte por toda a bisbarra. De feito, o Circuito pasará por Corcubión, Vimianzo., Carnota, Camariñas, Fisterra para rematar de novo na vila da Barca.
Neste primeiro campionato, dos sete que conforman o circuito, participaron 58 xadrecistas dos concellos de Santiago, A Coruña, Camariñas, Cee, Corcubión, Vimianzo, Baio, Carballo, Dumbría e Muxía.
A xornada, dou comezo ás 16:00 horas, coa presentación do circuito a cargo do Alcalde do Concello de Muxía, Félix Porto Serantes, que acompañaba ao armadanzas Santiago Domínguez, do clube muxián.
A xornada transcurríu nun extraordinario clima de convivencia, na que nenos e adultos gozaron do xadrez, e na que o numeroso público asistente comprobou o emocionante que pode chegar a ser este deporte.
Cómpre destacar a participación de Marcos Traba (APEM), que se animou trala visita dos mozos do clube ao centro. marcos acadou a vitoria en tres das seis partidas que desputou. Ademais, tamén é salientable a asistencia de 17 xadrecistas do Colexio Peleteiro de Santiago e 4 de A Coruña.
Clasificacións
A clasificación final deste 1º torneo foi:
Categoria absoluta
- 1º Larrañaga Leturia, Gurutz (O Toque Xiria)
- 2º Mira Pérez, Pablo (Baio)
- 3º Viqueira Verea, Älvaro (O Toque Xiria)
Categoria sub-14
- 1º Nogueira Rodríguez, Xan (Cabo Touriñán).
- 2º Bugliot Mateo, Diego (Sigrás).
- 3º Papín Traba, Miguel (Cabo Touriñán).
Categoría sub-12
- 1º Sánchez Vázquez, Carla.
- 2º Ramos Rial, Carlos.
- 3º Perol Hurtado, Adrián.
Categoría sub-10
- 1º Carneiro Vázquez, Juan.
- 2º López-Lazcano Vázquez, Guillermo.
- 3º Vilela Lagoa, Eloy (Cabo Touriñán).
Categoría sub-8
- 1º Carballo Sandoval Kevin (Cabo Touriñán).
- 2º Lago Pazos Anxo (Cabo Touriñán).
- 3º Sánchez Vázquez Lois.
Vindeira proba
O domingo dous de decembro terá lugar, na Casa da Cultura do Concello de Corcubión, o 2º Torneo de Circuito, que dará comezo as 16:00 horas.
Novas relacionadas
- APEM únese ao Circuito de Xadrez gracias aos mozos do Clube Touriñán.
- En marcha o Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
- Novos cursos de Teatro e Xadrez en Muxía.
- O taboleiro de xadrez de Touriñán toma a Provincia e parte de Portugal.
- O Xadrez volve a Touriñán.
Xadrez na Costa
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Concello de Muxía.