Nova xornada completa de balonmán costeiro con dúas derrotas e dúas vitorias
O Conservas Boya aguantou ata o minuto 40 en casa do líder pero as ausencias e a falta de cambios pasou factura ao final do partido, que deu unha marxe para A Cañiña de 9 goles, que non representan o resultado xusto do partido, pois non mereceu perder o Camariñas por esa diferenza. Queda agora o cadro conserveiro 5º a 6 do propio Cañiza, líder da clasificación.
Mentres, chegaba a Carballo un dos equipos que se atopa na parte alta da táboa clasificatoria e que, por suposto, tiña coma obxectivo acurtar a distancia que os separa da segunda posición que ostentan os carballeses. Pola contra o Calvo tiña nesta xornada o desexo de esquecer o mal partido disputado en Pontevedra o pasado domingo e no que se deixou un punto que doeu moito na plantilla verdibranca.
Ademais, en feminino, o Bm. Camariñas acadaba unha axustada vitoria por 19-16 ante o AD Carballal no Areal, que as deixa 5ª tras 11 xornadas a 6 puntos do liderato. Pola súa parte, nova derrota do Goldie Xiria, qe segue pechando a táboa, polo desacerto cara a portería rival e a extrema dureza do Lalín permitida polas colexiadas.
1ª División Autonómica, xornada 5
- Resultado: Bm. Promesas Cañiza - Bm. Camariñas (30-21)
- Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Fari (1), Eusebio (1), Jaime, Checho (1), Ángel (2), Fabio, Xabi (5), Catalán (11), Dani, Damián (2), Antelo.
Completaron a expedición 4 xuvenís (Fabio, Eusebio, Dani e Checho), e Fari reapareceu uns minutos tralo seulesión. Notáronse, sobre todo para aguantar o ritmo do partido, as baixas de Borja (traballo), Perón (sanción), Frutos (lesionado) e Alan (motivos persoais).
O sábado 14 ás 18:30 no Pabellón Municipal Ou Areal recibirá o Camariñas ao Atlético Novás. Dous puntos que son moi necesarios para os dous equipos, e esperemos que se decanten para o lado local. O próximo fin de semana descansa a liga debido á ponte da constitución.
1ª División Estatal, xornada 1
- Resultado: CALVO XIRIA - MAGOPE SEIS DO NADAL (25-21).
- Calvo Xiria 25 (11+14): Iago [p], Ramón (3), Sergio (4), Chimpo (1), Javier, Manuel (4), Pablo (8) -equipo inicial- Martín G.[p], Calvete, Brais (2), Rubén, Martín A., Alex Zas (3), Jorge.
Os primeiros trinta minutos amosaron a dous equipos que pelexan polos primeiros postos empregándose a fondo na defensa, cada un cun sistema distinto no seu esquema pero igual na súa posta en escena: moita intensidade e concentración e como non podía ser doutro xeito unha aportación moi positiva na portería.
Os ataques eran pouco fluídos ante defensas que ían sempre un paso por diante, con moita anticipación e axudas, e nas poucas veces que o balón chegaba con comodidade ao lanzador os porteiros impedían que os goles subisen ao marcador cunha cadencia maior. As perdas de balón eran similares por parte duns e outros, mais cun balance defensivo importante impedían os goles en contraataque. Trinta minutos que remataron cun parcial de empate a 11 e que deixaba aberto a calquera resultado o partido, iso si, con moitísima emoción por diante.
Pero logo do tempo de lecer o Calvo Xiria amosou un gran xogo durante quince minutos que foron vitais para o desenlace final. Moitísimo traballo en defensa e unha maior nitidez en ataque foron claves para acadar un parcial de 8 a 2 que lle poñía unha clara cor verde ao resultado do encontro. A partir dese intre o Calvo foi manexando a súa vantaxe e só a relaxación nos derradeiros cinco minutos permitiu aos vigueses maquillar o marcador para deixalo nun 25-21, o que unido á derrota do Luceros deixa aos carballeses sos na segunda posición.
O seu rival na vindeira xornada será precisamento o Luceros-Cangas, ao que se enfrontará ás 12:30 do domingo día 8 de decembro no pavillón do Gatañal.
1ª Autonómica Feminina, 11ª Xornada
- Resultado: Bm. Camariñas - AD Carballal (19-16) (12-4).
- BM. CAMARIÑAS: Karen (p), Mónica (3), Sara (5), Aida (6), Cris Sande, Nerea (1), Alicia (1). Tamén xogaron: Judith, Vero, Cris caamaño (1), Tina (1), Raquel (1).
Partido no que as de da vila do encaixe impuxeron a súa calidade fronte a un equipo moi inferior. O partido quedou resolto na primeira metade donde se chegou ao descanso 12-4 e na segunda só tieron que aguantar o resultado para facerse cos 2 puntos. Mención especial á extremo Raquel que fixo, en pouco tempo, un gran partido.
1ª Autonómica Feminina, 11ª Xornada
- Resultado: BM LALIN - GOLDIE XIRIA (23-16) / (11-9).
- GOLDIE XIRIA 16 (9): Sara (Brenda) (p), María 2, Marta 5, Juana 5, Adriana 2, Cris 1, Jessica 1 (equipo inicial) Tamara, Raquel, Lucía, Patricia, Sandra e Manón.
Os numerosos lanzamentos fallados ante a portería do Lalín convertíronse no peor enemigo do Xiria, que non era capaz de marcharse no marcador na primeira metade cando tivo diferencias de 3 goles e se amosaba moi superior as lalinenses, pouco a pouco ibanse asentando as rivais cunha defensa tremendamente dura que era permitida polas colexiadas, facendo que as xogadoras do Goldie estivesen máis atentas aos golpes que ao desenrolo do encontro. Pese a chegar con opcións aos dez derradeiros minutos, o desacerto incluso dende os 7 metros, errando 3 lanzamentos consecutivos e a permisibilidade arbitral facilitaron a victoria do Lalín.
A próxima semana párase a competición e voltará o Goldie Xiria o día 14 , recibindo a visita do Caselas no Vila de Noia.
Máis información
- Resultados da xornada e clasificación 1ª Estatal. Gr. A.
- Reslutados e Clasificación da 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados da xornada e clasificación 1ª Autonómica Feminina.
Novas relacionadas
- O Bm. Camariñas xa é o máximo goleador da categoría.
- O Balonmán feminino ao poder.
- O Bm. Camariñas cae cos árbitros ao 3º posto.
- O Bm. Camariñas ponse colíder.
- Pleno de vitorias no día da presentación da familia do Bm. Camariñas.
- O Bm. Camariñas aproveita a Copa para medrar e prepara a súa presentación oficial.
- O Bm. Camariñas esquece a Copa e xa pensa na Liga.
- O Balonmán Camariñas xa sabe o que é gañar.
- Arrinca unha nova tempada con moitas caras novas para o Balonmán Camariñas.
- Entrevista de David Castro co xogador internacional David García Pichel.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.