O amor propio, seña de identidade da familia Anorthosis
Fin de semana completa de encontros para os equipos de Anorthosis con resultados dispares, pero cunha valoración xeral positiva. A pesar de que só houbo dúas vitorias e dous empates polas catro derrotas, cada encontro ten a súa traxectoria particular e a motivación é diferente en cada partido. Así os que non se xogan nada ceden na intensidade do xogo e os que realmente se xogan algo, aínda que só sexa o amor propio, si as poñen todas para a vitoria.
1ª División Nacional Feminina
- Resultado: Diario de Pontevedra - Aluminios Xeal 4-3
- Resultado: Oroso - Aluminios Xeal 5-1
- Resultado: Vincios TM - Aluminos Xeal 4-2
Neste sentimento de amor propio desprazouse o Aluminios Xeal a Gondomar, (con madrugón incluido, saíron as 8:00 da mañá para voltar ás 22:00). Por un lado saíron demostrar que son capaces de apretar a calquera equipo e a piques estiveron de vencer a Diario de Pontevedra, co que perderan na 1ª volta 6-0. No 5º set do partido definitivo de dobres estaban 5-1 a favor, pero acabaron sucumbindo.
Despois contra Oroso e contra xogadores de División de Honra, xogaron moi ben e gañaron un partido, pero impúxose a calidade, claro está. En todo caso, un sobresaínte para as nosas xogadoras.
E por último, no encontro que tiñan que gañar, encontráronse cunhas supermotivadas xogadoras locais que acababan de vencer a CTM Coruña e coas nosas moi cansas, sobre todo de esperar máis de hora e media para xogar os partidos e con moitas gañas de voltar a casa. Notouse o madrugón e o descanso de mediodía, as locais comeron nas súas casas e repouso no sofá.
Moi ben para as Tatiana Recarey, Miriam Domínguez e Ana García, que rematan así o seu periplo por esta categoría nacional cun gran sabor de boca.
3ª División Nacional Masculina
- Resultado: Liceo Noia “B” - Anorthosis Vimianzo 3-3
- Resultado: Anorthosis Vimianzo – Oroso Hotel Santa Cruz 3-3
En 3ª Nacional o Anorthosis de Andrés Fagín, Gonzalo Martínez e Stevo Lema, lougrou os puntos necesarios para afrontar os últimos encontros con tranquilidade e para aproveitar para darlle partidos de nivel aos que están empezando. Dous empates despois das últimas derrotas case que saben a vitorias, e con este sistema de puntuación máis. O que gañe consigue 4 puntos e nun empate 3 puntos, a diferencia é mínima.
2ª División Galega
- Resultado: Concello de Zas Cernadas – Monte Porreiro 1-5
- Resultado: Concello de Zas Ponciano Nieto – Monte Porreiro 6-0
- Resultado: Vimianzo TM - Arteal Ventanas “B” 5-1
Xa na 2ª Galega xogábanse moito os equpos contrarios (ser segundos de grupo) e os nosos aquilo do amor propio. Así o Concello de Zas Cernadas cos xogadores sen actividade en moito tempo (Edu e Raúl estiveron lesionados) pouca resistencia fixo ao Monte Porreiro. Logo o Concello de Zas Ponciano Nieto deixou claro as diferencias entre o 1º e o 2º, contundentes co 6-0. E o Vimianzo TM tiña unha espiña cravada dende o encontro de ida en Arteal. Agora xa está fora e sen cicatriz.
Máis información
Para máis información ou ver perfectamente a clasificación: www.fgtm.es:- Clasficación da 2ª División Nacional Feminina.
- Clasificación da 3ª División Nacional Grupo Centro.
- Clasificación da 2ª División Galega Grupo Centro.
Novas relacionadas
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- O Ponciano Nieto prepara a festa do ascenso.
- O Concello de Zas Ponciano Nieto enfoca o ascenso.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
- Fin de semana de maratóns e derbis para a familia Anorthosis.
- O Anorthosis suma e O Pinar prepara o maratón ferrolán.
- Pinpon tamén por Nadal.
- O Anorthosis espalla o tenis de mesa pola Costa.
- Vimianzo, Zas e Mazaricos seguen vibrando co tenis de mesa.
- A familia Anorthosis segue medrando.
- Miriam Domínguez, ao Campionato Estatal de tenis de mesa.
- O Mazaricos non pode cos seus mestres do Anorthosis.
- Dúas de cal e dúas de area para a familia do Anorthosis.
- As rapazas do Aluminios Xeal estrearon categoría Nacional cunha viaxe a Asturias.
- O Anorthosis nota a falta de adestramento neste comezo de temporada.
- Stevo Lema disfrutou dun premio á súa carreira no Campionato de Seleccións de maiores.
- O Anorthosis comeza a tempada entre os primeiros equipos de tenis de mesa.
Crónicas da temporada pasada
- Ana García, triple podio no Campionato Galego de tenis de mesa
- O tenis de mesa galego celebrou en Zas a súa homenaxe a Moncho Varela.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Anorthosis, da man de Stevo Lema.