O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña
Despois do bo comezo de temporada coa vitoria de Ana García no Torneo de Oroso, a familia soneirá do Anorthosis presentábase o pasado mércores en sociedade de cara á nova campaña 2014/2015.
O pavillón de Zas, a casa da damilia, acollía a presentación dos equipos, mellor dito dos xogadores que van formar parte dos equipos. Non puideron asistir todos pero puideron facer unha foto de grupo provisional.
Os equipos e os xogadores de cada un que este ano competirán son:
3ª División Nacional
O primeiro equipo, o de categoría máis alta, onde xogan as primeiras raquetas de Zas e Vimianzo. O Anorthosis Vimianzo que competirá no grupo norte, provincias de A Coruña, Lugo e 1 equipo de Monforte cos xogadores: Miguel Rey Amarelle (Miki), Andrés Fajín Guerra (Andrés), Gonzalo Martínez Lema (Gonchu) e Rodrigo Martínez Díaz (Roi).
1ª División Galega
Na equivalente á 1ª Rexional futbolisticamente falando, o Concello de Zas Aquacenit competirá no grupo centro contra equipos de Coruña, Santiago, Noia e Oroso cos seguintes xogadores: Manuel Esteban Lema Pérez (Stevo), Christopher Roy Loffman (Chris), Laura Quintáns Lavandeira (Laura) e Ramón Varela Vieites (Moncho).
2ª División Galega
Nas equivalente á 2ª rexional, e incluidos no grupo centro e con desprazamentos a Pontevedra, Ribadumia e Vilagarcía aparte de Santiago, Oroso e Noia, dous equipos soneiráns participan:
- Concello de Zas O Pinar competirá con: Brais Blanco, Manuel Costa, Joel Quintáns, Manuel Soto, Jesús Manuel Ferreiro, Gabriel Bouzas e Anxela Neto.
- Construcciones Cernadas con: Eduardo Cernadas, Carmen Cernadas, Laura Cernadas, Marta Costa, Raúl López, Ana García e Eduardo García.
Primeira xornada
A competición comezará o fin de semana do 4 e 5 de outubro. E nos encontros a disputar na casa (ximnasio do CPI de Zas) os equipos Concello de Zas Aquacenit e Concello de Zas O Pinar xogarán os sabados as 16'00 h. e Construcciones Cernadas as 18'00 h. e o 1º equipo o Anorthosis Vimianzo farao os domingos as 11'00 h.
Os entrenamentos seguirán sendo como nas temporadas anteriores os luns, mércores e venres de 7 a 9 da tarde-noite.
Antes de comezar a liga varios xogadores acudiran aos distintos torneos do circuito galego. Neste domingo so Roi irá a Pontevedra (a Barca de Muxía tira máis) pero no seguinte fin de semana serán 8 os xogadores que se desprazarán a Gondomar. Ana García, Brais Blanco, Joel e Laura Quintáns o sábado 20 e Miki, Gonchu, Andrés e Roi o domingo 21.
Novas relacionadas
Campañas anteriores
- 2013/2014: Menos cantidade pero máis calidade no Torneo de tenis de mesa de Zas.
- 2013/2014: Moi bos os resultados da familia Anorthosis no Provincial de tenis de mesa.
- 2013/2014: A canteira do Anorthosis responde.
- 2013/2014: A familia Anorthosis pecha a temporada en familia e con vitorias.
- 2012/2013: O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- 2012/2013: O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- 2012/2013: A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
- Nota de prensa de Estevo Lema.