O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos


Empeza esta fin de semana a competición, pero a familia Anorthosis non desaproveitou a preparación para aumentar as súas vitrinas. A pasada fin de semana colleitaron outro éxito, desta vez no torneo de Cangas. Nel, Ana García conseguiu o 2º posto en alevín mixto, é dicir xogando, contra nenos. E Brais Blanco acadou o 3º posto en infantil.
Un comezo ilusionante para arrincar a campaña 14/15.
Comeza a competición
Este fin de semana comezará a liga de tenis de mesa para os equipos do tenis de mesa soneirán. O pistoletazo de saída será no ximnasio do CPI de Zas e daranno os equipos de 2ª galega (Concello de Zas O Pinar e Construcciones Cernadas) que se enfrontarán entre eles o venres pola tarde (19:00h).
O sábado pola tarde (16:00h) será o turno do Concello de Zas Aquacenit que recibirá ao equipo A.D. Dubratambre de Bembibre. Logo o domingo pola mañá o primeiro equipo de 3ª nacional desprazarase ata Rábade para enfrentarse as 11:00h ao Afer Formación de Rábade da localidade lucense.
- Venres 3 de outubro de 2014 ás 19'00 h. no ximnasio do CPI de Zas.
2ª división galega: Concello de Zas O Pinar - Construcciones Cernadas. - Sábado 4 de outubro de 2014 as 16'00 h. no ximnasio do CPI de Zas.
1ª división galega: Concello de Zas Aquacenit - AD Dubratambre. - Domingo 5 de outubro as 11'00 h. nas instalacións do colexio AFER de Rábade.
Afer Formación de Rábade - ANORTHOSIS VIMIANZO.
Novas relacionadas
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Campañas anteriores
- 2013/2014: Menos cantidade pero máis calidade no Torneo de tenis de mesa de Zas.
- 2013/2014: Moi bos os resultados da familia Anorthosis no Provincial de tenis de mesa.
- 2013/2014: A canteira do Anorthosis responde.
- 2013/2014: A familia Anorthosis pecha a temporada en familia e con vitorias.
- 2012/2013: O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- 2012/2013: O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- 2012/2013: A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.