O Balonmán carballés, entre os 8 mellores de España


Vaia espectáculo. Carballo vivíu esta pasada fin de semana unha sesión de balonmán de primeiro nivel. E respondeu ademais, pois nun eternamente ateigado Pavillón Vila de Noia, o Ifecgas Pereira Xiria proclamouse campión do sector do campionato de España. Métese así entre os 8 mellores equipos do estado, entre nomes como Ademar de León, Barcelona, Ciudad Real, Granollers, Alcobendas, Puertosol e Carboneras... Así, a vindeira fin de semana do 11 de maio viaxa a Almería para a Fase Final do Campionato.
E tivo que suar o cadro carballés, pois comezaba o sector perdendo co Bidasoa. Pero o balonmán é moito deporte, e cando todo parecía acabado, sacou o orgullo ferido o cadro local para para vencer os dous choques ante o Dosa Salesianos e o Valladolid, e aproveitar a vitoria dos casteláns aos vascos, que deixaban ao Ifegcas Campión do Sector.
Cun xogo seguro na defensa e moi dinámico no ataque, e co pavillon ata arriba de Xiriareiros, o equipo dirixido por Fernando e Toñito vencía 36-24 ao Valladolid e o 34-20 ó Dosa Salesianos, dando lugar á tolemia.
Non perdades as reaccións máis auténticas que veñen de recollerse no Fb do Balonmán Xiria ante o éxito. E tampouco perdades un minuto deste vídeo de celebración.
Fase Final
E xa hai sorteo para a Fase Final do Campionato de España de Balonmán Xuvenil. Finalmente a fase celebrarase os 11, 12 e 13 de maio en Almería, en Carboneras, e o Ifecgas Pereira competirá con equipos de ASOBAL: Barça, Carboneras, e Ciudad Real. De este grupo pasarán 2 equipos a unha Final a 4.
O Xiria abrirá contra o Barça o venres, seguirá o sábado ante o Ciudad Real e culminará a fase previa co local Carboneras o domingo. Veremos se se clasifica á Final á Catro.
Máis información
Crónicas 2011/2012
- Carballo vivirá unha intensa fin de semana co mellor balonmán xuvenil.
- O Bm. Camariñas espera unha carambola nos despachos para eludir o descenso tralo derbi que pechou a campaña.
- David García Pichel triunfa en Europa mentres a 1ª Estatal remata con derbi.
- Xornada 24: O Ifecgas Xuvenil dá unha alegría ao balonmán costeiro.
- Xornada 23: O Conservas afunde mentres o Xiria mantén a liña e o Bm. Xallas se forma.
- Xornada 22: O Bm. Camariñas tamén perde xogando ben.
- Xronada 21: Escápase a permanencia para o Bm. Camariñas.
- Xornada 20: Só David García Pichel dá unha alegría ao balonmán costeiro.
- Xornada 19: O Bm. Camariñas melloran a imaxe e o Calvo mira cara arriba.
- Xornada 17: Derrota do Conservas e vitoria e convocatoria internacional para o Calvo Xiria.
- Xornada 15: Conservas e Xiria intercambian os papeis.
- Xornada 14: O Conservas Boya non pode co Paraxe Construcciones mentres o Calvo segue arriba.
- Xornada 13: O Calvo demostra ante o Conservas a súa hexemonia na Costa.
- Xornada 12: Dúas derrotas para preparar o histórico enfrontamento entre Calvo e Conservas.
- Xornada 10: Dúas historias distintas para Calvo e Conservas.
- Xornada 8: O Balonmán crece na Costa.
- Xornada 6: Doble vitoria a domicilio para Conservas e Calvo.
- Xornada 4: Mala semana para Calvo e Conservas pero grande data para un carballés internacional.
- Xornada 3: Conservas e Calvo caen fóra da casa.
- Xornada 2: O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- Xornada 1: O Conservas segue pagando a novatadas e o Calvo ponse freo.
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- O Balonmán Camariñas refórzase con vellos coñecidos.
- O Balonmán Camariñas xa ten adestrador para a 1ª Nacional.
- O Conservas Boya competirá en categoría nacional.
- O Balonmán invade a Costa de norte a sur.
- Carballo vive unha febre verde chamada Xiria.
- A bitácora da semana (CIV): O blog Balonmán Camariñas .
- Do Xiria á selección española de promesas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notas de prensa do Calvo Xiria.