O Balonmán feminino ao poder
Achegamos hoxe, por fin, a actualidade do balonmán feminino da zona. Comezando o repaso polas maiores do Balonmán Camariñas-Encaixe, que xa están na xornada 8 da 1ª Autonómica. As conserveiras vencía pola mínima, a pesar dos obstáculos, e se manteñen na 6ª praza, máis preto da zona de arriba que da de abaixo.
Non está tan ben colocado o Goldie-Xiria, que queda 14ª tras unha nova derrota ante o Rasoeiro.
Pola súa parte, o Bm. Camariñas caía ante o Conxo cunha actuación arbitral moi protestada polos conserveiros.
Mentres, boa vitoria do Calvo Xiria na casa ante 350 espectadores que coloca ao equipo carballés 2º na 1ª Estatal, só por detrás do Mecalia At. Novás.
1ª Autonómica Feminina, 8ª Xornada
- Resultado: Bm. Camariñas-Encaixe - Teucro (27-26)
- Bm. Camariñas-Encaixe: Karen (p), Mánica (9), Laura (1), Sara (8), Nerea (2), Alicia (3). Tamén xogaron: María Oanes, Judith, Vero, Cris Sande, Cris Caamaño, Tina e Raquel.
Partido moi compliado contra un gran equipo como é o Teucro. A primeira parte foi de trámite xa que as xogadoras do Camariñas só se dedicaron a defender e parecía que non estaban no partido e en ataque non lles saía nada, com moitas pérdidas de balon, erros claros a portería, pasos, lanzamientos precipitados, etc.
Na segunda parte saíron con outra mentalidade e con gañas de resolver o partido cando antes. Cunha gran defensa dirixida maxistralmente por Alicia, onde as de Pontevedra non encontraban situacións claras de lanzamento. En ataque conseguiuse mover rápido o balón e os lanzamentos xa non eran con medo e conseguían marcar, marchando no marcador de 6 goles no minuto 12 da segunda parte.
pero aí apareceron os colexiados que segundo as locais non deixaron cerrar a vitoria ata o último segundo. Ata 8 exclusións lle sinalaron na segunda metade ás conserveiras por 1 ás do Teucro.
Na última xogada do partido e co marcador de 27-26 e despois de deixar ao equipo con 5 xogadoras no campo, os colexiados decidçiron parar o partido e aumentar o tempo de xogo de 3 a 6 segundos. Pero afortunadamente Karen despexa esa última ocasión. Aínda tiveron tempo para pitar un penalti e a boa de Karen volvía demostrar o gran porteira que é o que o equipo quere conseguir esta temporada. Así, Karen parou o penalti e cerrou unha gran actuación personal e a vitoria merecidisima do Camariñas.
O vindeiro partido o equipo Sénior Femenino, visita a cancha do líder, Porriño.
1ª Autonómica Feminina, 8ª Xornada
- Resultado: BM RASOEIRO 20 - GOLDIE XIRIA 11 (12-7).
- GOLDIE XIRIA 11 (7): Sara (p), María 1, Marta 4, Juana 3, Adriana 2, Raquel, Jessica 1 (equipo inicial) Tamara, Natalia, Cris Pombo, Lucía, Patricia, Sandra e Manon.
Unha decisión arbitral aos 15 minutos de encontro truncou as aspiracións coas que chegaba o Goldie Xiria a O Grove. Cando o marcador reflexaba victoria do Xiria 4 a 5, os colexiados expulsaron a única porteira, Sara, que viaxou, pois Brenda estaba lesionada, por unha acción excesivamente rigurosa e que obrigaba a utilizar a unha xogadora de campo como porteira, neste caso a Lucía.
Empezou o encontro cun Xiria con moita intensidade e ben colocado en defensa, recuperando balóns que lle permitian subir o contraataque, igualmente as ideas parecían estar máis claras no ataque e superando as súas rivais. A mencionada xogada, coa expulsión de Sara, supuxo un golpe anímico moi grande para unhas xogadoras novas na categoría que a maiores vían como cada decisión arbitral caia do lado do Rasoeiro. Chegouse ao final da primeira metade coa ventaxa local de 5 goles, que non reflectía o acontecido nesta primeira metade.
Na segunda metade, o Goldie volveu a caer na precipitación de partidos anteriores e as diferencias ían abrindo brecha no marcador, sobre todo polos poucos recursos amosados cara a gol e coa boa actuación da porteira local.
A próxima fin de semana o Goldie Xiria recibe a visita do Lavadores, será o sábado a partir das 6 da tarde no Vila de Noia carballés.
1ª División Autonómica, xornada 4
- Resultado: Club Bm. Conxo - Bm. Camariñas (33-24)
- Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Eusebio, Jaime (2), Sergio (2), Ángel (5), Xabi, Catalán (7), Perón, Damián (2), Antelo (6).
Os colexiados volveron ser os protagonistas un partido máis en contra do Bm. Camariñas, sacando tarxetas para os adestradores camariñáns e todo.
A vindeira semana o cadro conserveiro recibe ao Balonmán Moaña no Pavillón de Camariñas. A cita será o sábado 23 ás 18:30h.
1ª División Estatal, xornad 9
- Resultado: CALVO XIRIA - CISNE BM (38-31).
- Marcador: 5-2, 8-3, 13-6, 16-10, 17-12, 18-14 (descanso); 20-17, 25-22, 29-24, 31-26, 37-27, 38-31 (final).
- Calvo Xiria 38 (18+11): Iago [p], Ramón, Sergio (7), Chimpo (11), Brais (6), Manuel (3), Jorge (2) -equipo inicial- Martín G.[p], Calvete, Javier (4), Rubén, Martín A., Alex, Pablo (5).
Novena xornada da liga de 1ª estatal na que o Calvo Xiria repetiu o guión da anterior: partido que tiña controlado e que semellaba resolto pero no que deixa que o seu rival rexurda e o poña en apuros, mais ao final consegue unha vitoria por unha ampla diferenza. Desta volta foi no Municipal Vila de Noia ante o Cisne Bm, o resultado final: 38-31.
Dende o inicio o conxunto verdibranco foi superior ao seu rival e conseguiu facer oco no marcador sen deixar pasar demasiados minutos, de tal xeito que o adestrador visitante solicitou tempo morto no minuto dez. Nada mudou no panorama que se vía no terreo de xogo e o marcador foise ata un 16-8, que unido ao xogo duns e outros indicaba un partido tranquilo para os seareiros locais. Pero iso foi no minuto 18.
Despois todo foi distinto, e si o primeiro terzo foi de clara cor verde o segundo terzo do partido foi visitante claramente. O Calvo Xiria deixou entrar en acción as mellores armas dos pontevedreses ao tempo que esquecía a fórmula que lle dera resultado ata ese momento, e pouco a pouco foron limándose as diferenzas ata situarse nun 23-22 no minuto 7 do segundo tempo. Un novo partido empezaba...ou así semellaba.
Pero como o encontro ía de terzos o derradeiro foi indiscutiblemente carballés. Con velocidade no xogo e finura na finalización acadou un parcial de 14-5 que poña punto final a un partido xa clásico nesta categoría. Os derradeiros cinco minutos convertéronse nun corre rúas que xa non influíron no marcador.
A próxima xornada será en Pontevedra o domingo ante o Vitaldent Bm. Pontevedra.
Máis información
- Resultados da xornada e clasificación 1ª Estatal. Gr. A.
- Reslutados e Clasificación da 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados da xornada e clasificación 1ª Autonómica Feminina.
Novas relacionadas
- O Bm. Camariñas cae cos árbitros ao 3º posto.
- O Bm. Camariñas ponse colíder.
- Pleno de vitorias no día da presentación da familia do Bm. Camariñas.
- O Bm. Camariñas aproveita a Copa para medrar e prepara a súa presentación oficial.
- O Bm. Camariñas esquece a Copa e xa pensa na Liga.
- O Balonmán Camariñas xa sabe o que é gañar.
- Arrinca unha nova tempada con moitas caras novas para o Balonmán Camariñas.
- Entrevista de David Castro co xogador internacional David García Pichel.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.