O Bm. Camariñas cae cos árbitros ao 3º posto
Moi bo partido o que disputaba esta fin de semana o Balomán Camariñas no Areal, ata que os árbitros decidiron estropearlo. Queda o equipo conserveiro 3º da 1ª Autonómica.
Mentres, na 1ª División Estatal, o Calvo Xiria vencía na pista do Las Cinco Jotas Lavadores por (26-33). Os carballeses colócanse 3º con 7 vitorias en 8 partidos, só por detrás de Mecalina At. Novás e Luceros.
Ademais, na 1ª Autonómica Feminina, o Bm. Camariñas acadaba unha vitoria apretada ante o Bm. Ferrolterra por 26-24 e queda na 6ª praza cun balance de 5 vitorias e 3 derrotas. Por detrás, de penúltimas, quedan as xogadores do Goldie Xiria, que caían na casa ante o Tui e só coñecen unha vitoria en 8 partidos.
1ª División Autonómica, xornada 3
- Resultado: Bm. Camariñas - Artai Poio (24-29)
- Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Eusebio, Jaime, Sergio (1), Ángel, Xabi (3), Borja (2), Catalán (7), Perón (4), Damián (5), Antelo (2).
Un gran primeiro tempo que puido deixar ao rival KO, pero os árbitros, ata catro veces resucitárono, cada vez que o Camariñas marchábase no marcador, decisións equivocadas dos árbitros volvían meter ao Poio no partido. O Camariñas con calidade e recursos volvía marcharse no marcador e as decisións arbitrales afundíano aos poucos, ata que a 8 minutos do final púxose o Artai por diante desanimando de tal xeito aos locais que entregaron o partido, proba diso foi o resultado final, que nada ten que ver co que sucedeu na cancha.
1ª División Estatal, xornada 8
- Resultado:: LAS CINCO JOTAS LAVADORES - CALVO XIRIA (26-33).
- CALVO XIRIA 33 (17+16): Iago [p], Ramón, Sergio (4), Chimpo (5), Javier (4), Manuel (4), Pablo (11) -equipo inicial- Naya [p], Zas (1), Calvete, Brais (4), Jorge, Rubén, Martín.
De novo se desprazaba o Calvo Xiria a terras olívicas para disputar o seu encontro de 1ª Estatal, desta volta ante un rival que non se lle dera nada ben nos derradeiros anos, o Lavadores. Con moita intensidade saltaban á pista os xogadores verdibrancos, co obxectivo de controlar o partido, tanto no electrónico coma no ritmo de xogo. As primeiras vantaxes non se fixeron agardar e cun xogo moi dinámico no contraataque o Calvo lanzaba dende posicións moi vantaxosas que se traducían en goles. Na contra, pequenos desaxustes defensivos de inicio impedían que o conxunto carballés se marchase no marcador dun xeito máis notable. Pero co paso dos primeiros dez minutos asentouse definitivamente na cancha o Xiria e non tardou en acadar un + 5 que fixo que caese o primeiro tempo morto rival. Nin así mudou o panorama no municipal vigués no que se estaba a ver un conxunto carballés superior. So a falla de finura na finalización impediu un resultado no tempo de lecer máis amplo, pero o 11-17 era fiel reflexo do acontecido no 40 x 20.
A saída en tromba dos vestiarios cun Calvo Xiria en superioridade numérica elevaba a diferenza ata os nove goles e semellaba que o “gafe” que o acompañaba nesta pista ía camiño de desaparecer. Nembargante nada é tan sinxelo, e cando transcorría o minuto dez do segundo tempo apagáronse todas as luces para os carballeses. Quedaron se fluidez no ataque, esqueceron o repliegue defensivo e nin defensa nin portería estaban ao seu nivel habitual. O Lavadores viu a súa oportunidade e non o dubidou. Arriscando en cada acción púxose a dous goles de diferenza e balón en posesión. Polas sensacións que se tiñan na pista o Lavadores cada vez ía a máis e o Calvo a menos e todo o traballo de corenta minutos perigaba para os visitantes.
Pero como se desconectou, sen previo aviso, conectouse o conxunto verdibranco e como se fose un novo inicio de partido armou de novo a súa defensa e a partir de ela o seu mellor xogo ofensivo. Xa non tivo resposta o conxunto vigués e nin a defensa individual a Pablo serviu para modificar de novo o rumbo dun partido que deixa aos carballeses na terceira posición da táboa logo de sumar sete vitorias consecutivas.
O enfrontamento da vindeira xornada xa é todo un clásico desta categoría xa que visita o Vila de Noia o Bm Cisne, un equipo con xogadores de moita calidade e experiencia. A cita o sábado ás 18:00 horas.
1ª Autonómica Feminina, 8ª Xornada
- Resultado: Goldie Xiria - Bm. Tui (14-32).
- GOLDIE XIRIA 14 (6): Sara (Brenda) (p), María, Marta 5, Juana 2, Adriana 3, Natalia, Jessica 2 (equipo inicial) Tamara, Raquel 1, Lucía, Patricia, Cris, e Manon 1.
Moi pouco poido facer o Goldie ante un rival moitísimo superior dende o pitido inicial que, pouco a pouco, foi abrindo brecha do marcador. A velocidade na circulación do balón do Balonmán Tui, conseguía sucesivas penetracións ata os 6 metros o que facilitaba os lanzamentos, chegándose xa ao remate da primeira metade cunha amplísima diferencia para as visitantes.
Serveu o encontro para dar entrada a xogadoras menos habituais en onde destacou a presencia na portería de Brenda, cunha boa segunda metade e o debut de Cris Pombo no lateral do ataque carballés.
Máis información
- Resultados da xornada e clasificación 1ª Estatal. Gr. A.
- Reslutados e Clasificación da 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados da xornada e clasificación 1ª Autonómica Feminina.
Novas relacionadas
- O Bm. Camariñas ponse colíder.
- Pleno de vitorias no día da presentación da familia do Bm. Camariñas.
- O Bm. Camariñas aproveita a Copa para medrar e prepara a súa presentación oficial.
- O Bm. Camariñas esquece a Copa e xa pensa na Liga.
- O Balonmán Camariñas xa sabe o que é gañar.
- Arrinca unha nova tempada con moitas caras novas para o Balonmán Camariñas.
- Entrevista de David Castro co xogador internacional David García Pichel.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.