Domingo. 15.09.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas di adeus ao ascenso

O Bm. Camariñas di adeus ao ascenso

Derrota sen paliativos do Bm Camariñas ante o Seis do Nadal, que deixa ao cadro conserveiro sen opcións de xogar pola fase de ascenso. Mágoa tras unha gran temporada e a pesar de manternos con ilusión ata o final.

Pola súa banda, boa entrada no Municipal Vila de Noia cuns 400 seareiros que animaron ao seu equipo ata o derradeiro suspiro. Xogaba o Calvo Xiria na casa logo da semana de descanso que marcaba o calendario da liga de 1ª Estatal. O conxunto avilesino do Cafés Toscaf era o rival co que tiña que loitar polos dous puntos e pola sétima praza da clasificación.

1ª Autonómica, Fase polo título, xornada 12

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Coia Seis do Nadal (20-25).
  • BM. CAMARIÑAS: Víctor e Alex, Fari, Marcos Bao (3), Borja (5), Moncho, Catalán (6), José Ramón, Jacob, Xabi, Perón (3), Antelo (1), Fran Varela (2), Carlos Pereiro.

O partido foi fiel reflexo da tempada de ambos equipos, na primeira fase ante o mesmo equipo, o Camariñas gañou en casa por unha diferenza de 17 goles, agora na segunda fase, cos obxectivos cumpridos perdeuse merecidamente de cinco goles, indicándonos o nivel de adestro de cada equipo o 6 do Nadal segue en nivel ascendente e o Camariñas baixou muchísimo no seu rendemento, sen menosprezar a excelente tempada realizada, que permitiu afrontar unha dura tempada logo de baixar de 1ª Nacional manteniendose entre os mellores.

A próxima fin de semana os camariñáns visitarán ao Balonmán Pontevedra, lider da clasificación. O Camariñas xa irá sen aspiracións a clasificarse.

1ª Estatal, xornada 23

  • Resultado:: CALVO XIRIA - CAFÉS TOSCAF (25-26).
  • Calvo Xiria 25 (12+10): Kike [p], Ramón (1), Jesús (5), Chimpo (2), Dubra (4), Manuel (3), Pablo (8) -sete inicial- Iago [p], Jorge, Brais, Sergio, Gonzalo (2), Calvete, Mario.
  • Marcador: 2-2, 4-3, 6-4, 9-6, 12-6, 12-10 (descanso); 13-12, 15-15, 17-19, 18-21, 22-23, 25-26 (final).

Os primeiros dez minutos foron para amosar intencións por parte de uns e outros. O conxunto avilesino poñendo un equipo de moito peso e altura na pista trataba de que todo o seu xogo xirase en torno ao seu pivote, mentres por parte carballesa a velocidade nas transicións e o movemento veloz de balón foron a súa carta de presentación.

Foi pouco despois cando o Xiria mellorou o seu rendemento defensivo e acadou unha diferenza de seis goles no minuto 25 de partido. Semellaba unha renda suficientemente importante coma para ter tranquilidade ata o descanso. Pero non foi así, o conxunto cafetero tirou bo proveito dos erros na finalización dos verdibrancos durante os cinco minutos finais da primeira metade, e cun par de rápidas contras conseguiu chegar ao tempo de lecer cun resultado de 12-10 que abrían o partido de novo.

A volta dos vestiarios sentoulle mellor aos visitantes que seguiron na liña do tramo final do primeiro tempo, e cando se chegou ao ecuador do acto final o conxunto asturiano tiña unha vantaxe de 2 goles, impensable media hora antes.

O tramo final do encontro foi moi intenso. Para nada semellaban que na pista estiveran dous equipos con pouco en xogo na clasificación final, apoiadas por un gran ambiente na grada. So os colexiados non se uniron á festa e fallando en cousas impensables neses intres, con accións sinaladas a prol de uns e outros que deixaron ben ás claras que non estaban o suficientemente metidos no encontro que estaban a xulgar.

Ao final o Cafés Toscaf foi quen de manter a renda dun gol e levarse os dous puntos para o seu casilleiro. Agora o Calvo Xiria terá que viaxar a Zamora para xogar ante o líder da competición.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.

Comentarios