mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Carrumeiro organiza esta fin de semana unha regata

O Carrumeiro organiza esta fin de semana unha regata
O Club Marítimo Carrumeiro de Corcubión, organizará a XIII Concentración de Escolas de Vela Club Marítimo Carrumeiro nesta última fin de semana de xullo, os días 30 e 31. A regata está dirixida á clase Optimist e Barco Escola. Celebrarase na ría de Corcubión. Aínda está aberto o prazo de inscrición, que remata dous días antes da proba. Para inscribirse hai que dispoñer de licenza federativo do ano en curso de deportista ou de escola. Para máis información hai que dirixirse ao teléfono 981 706 206 ou ao enderezo electrónico cmcarrumeiro@yahoo.es. Programa En canto ao programa, o sábado 30 de xullo entre as 11:00h e as 13:00h rexistrarase aos participantes. A mediodía haberá unha reunión de adestradores e ás 14:00h será a quenda para o sinal de atención da primeira proba do día. Xa o domingo, 31 de xullo, a xornada comezará ás 11:00h co sinal de saída da primeira proba do día. Ás 17:30h entregaranse as medallas pertinentes na sede social do Carrumeiro. Novas relacionadas Fonte
  • Nota de prensa de Club Marítimo Carrumeiro.

Comentarios