O deporte Adaptado toma protagonismo en Bergantiños


Este sábado 4 de outubro, terá lugar en Carballo unha doble Exhibición de Deporte Adaptado. Pola mañá no Pavillón Carballo Calero (Zona Bergantiños) e pola tarde no Vila de Noia (Zona Escolar). O Colexio Artai e o xogador de baloncesto en cadeira de rodas, Manuel Cantelar. Estiveron na rolda de prensa o propio Cantelar demostrarán que facer deporte é sempre posible.
Os responsables do Colexio Artai explicaron como foron os primeiros esforzos durante o curso pasado con nenos e nenas con necesidades especiais, introducíndoos na práctica deportiva con varias sesións semanais de adestramentos.
Falou en clave persoal o presidente do CB Artai Joaquín Moreira, dunha nai que incluso aseguraba que a experiencia deportiva durante tres meses fora máis útil para a súa filla "que sete anos de psicólogos”.
Novas relacionadas
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- Íntegro convertiu o cole de Laxe noutra Diversiescola.
- Cabana acolleu a final da copa galega de baloncesto en cadeira de rodas.
- Íntegro convirte o CEIP de Buño nunha Diversiescola.