mércores. 26.03.2025
El tiempo

O Desafío do Atlántico servirá para reivindicar a Barca

O Desafío do Atlántico servirá para reivindicar a Barca
Pequeno e Porto na presentacion do Desafio en Muxia

Xa non queda nada. Apenas unha semana para a celebración do Desafío del Atlántico 2014. E segue espallando a súa semente esta proba que está convertindo o Mirador do Ézaro nun porto mítico en Galicia. Unhas presentacións as que se están levando a cabo (xa estivemos en Vigo, Pontevedra, e A Coruña), que compaxina a promoción deportiva coa turística, nese claro camiño de vencellar ambas potencialidades, que tan ben están funcionando nos últimos anos no concello dumbriés.

Onte toco presentación no Concello de Muxía, e os alcaldes José Manuel Pequeño e Félix Porto flaron da repercusión que está tendo a proba, sobre todo a nivel turístico. I é que Muxía forma xa parte do Desafío, poñendo en valor os valores do contorno natural. «Queremos que a xente sexa consciente da importancia que vai ter esta proba», destacou Porto, indicando que o «o paso do Desafío do Atlántico polo Santuario da Barca servirá como reivindicación para que A Barca, o “centro da peregrinación mariana existente na Costa” da Morte». volva ser o que era: un verdadeiro ‘buque insignia’ da zona».

O ex sprinter Miguel Ángel Iglesias, no Desafío

E nova figura para presentar o Desafío. O ex ciclista Miguel Ángel Iglesias estará na liña de saíde do Desafío. E non falamos de calquera ciclista, se non dun dos esprínteres máis importantes da historia do ciclismo español, que foi profesional entre os anos 1982 e 1992.

Nacido en Valls, en Tarragona, aínda mantén a mellor marca de vitorias na clasificación de metas volantes da Vuelta a España. Gañouna en cinco ocasións, de xeito consecutivo entre 1987 e 1991. Formou parte de catro equipos: Kelme, Colchón CR, Helios CR e Puertas Mavisa. Nos últimos tiempos participou na famosa Titan Desert.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios