O Fisober B pecha a primeira volta das Ligas de Fútbol Sala Feminino
Rematou a primeira volta das Ligas de Fútbol Sala feminino. E se o Fisober da Liga Autonómica e o Ponteceso FSF descansaban, as mozas do filial vimiancés tiñan doble xornada por mor dos encontros aprazados. E as mozas de Jemisa e Luis Alberto Sambad acadaron unha derrota e unha vitoria, que as deixa na metade da táboa, na 7ª posición con 19 puntos tras 13 encontros disputados.
Pola súa banda, A Sallina de Esteiro mantense 9ª con 15 puntos mentres as debutantes este curso do Concello de Ponteceso FSF manteñen a penúltima posición con 6 puntos.
As maiores do Fisober finalizaron a primeira volta na 11ª posición, con 17 puntos, 11 por diante da 4ª por abaixo.
Liga Provincial
- Resultado: Sobrado Xuventude, 5 – Fisober B Concello Vimianzo, 0
- Fisober B: Eva, Ylenia, Lara, Noelia, Andrea ; tamén xogaron ; Olalla e Patri.
- Goles: 1-0 Amalia, 2-0 Isabel, 3-0 Amalia, 4-0 Lucía, 5-0 Pati.
Comenzaba a tarde de partidos aprazados para o filial do Fisober na pista do 2º clasificado. A pesares do abultado do marcador final, o Fisober prantou cara en todo momento e só a mala sorte fixo que recibiran tantos goles e a falla de puntería que non acadarán ningún. Foi un bonito e vibrante partido con ocasións para os dous lados e de guante branco.
Comenzaba o partido co Sobrado tentando asustar a porteira visitante Eva cun tiro lonxano vendo que estaba adiantada. Aos 3 minutos de xogo era Amalia quen tras unha espectacular xogada adiantaba a Sobrado. As de Fisober, lonxe de amedentrarse, practicaban o seu mellor fútbol sala da tempada, se cadra propiciado porque as locais pretendían facelo tamén. O partido resultaba entretido para o escaso público presente. No minuto 15 e trás unha serie de rebotes Isabel conseguía o 2-0. O partido abriuse un pouco máis si cabe e Olalla e Noelía tiveron boas ocasións para o Fisober. Con ese resultado chegabase o descanso.
Comenzaba a segunda metade como rematara a primeira con ocasións e bo xogo por ámbolos lados, e as visitantes Patri, Olalla e Lara cun bo cabezazo non eran quen de batir a Laura que tivo unha excelente actuación que ata facía unha excelente parada a un rechace dunha compañeira. A sorte que non tiñan as visitantes cambiaba no outro lado xa que Amalia de novo o levarse un rechace poñía no minuto 12 o 3-0 e pouco despois de novo con fortuna Lucía facía o 4-0 no minuto 14. Co partido xa perdido o Fisober adicouse a gardar forzas para o partido que aínda tiña que xogar e tentar facer o gol da honra, na mentras que o Sobrado seguíu practicando o seu excelente xogo. Ata que no último minuto facía o quinto e definitivo gol, nun bonito partido bonito que se levou o mellor aínda que cun resultado quizáis demasiado abultado.
Liga Provincial
- Resultado: Mabegondo, 2 - Fisober B Concello de Vimianzo, 4 (Aprazado con 1-3)
- Fisober B: Eva, Ylenia, Patri, Lara, Noelia. Tamén xogaron, Andrea e Olalla.
- Goles: 1-4 Patri, 2-4 Melissa.
Segundo partido da tarde do sábado para o filial do Fisober, aínda que neste caso só tiña que xogar unha metade nun partido que fóra aprazado no seu día tralo descanso a causa das goteiras e o que se chegaba cun 1 a 3 favorable as visitantes no que marcaran Isabel polas locais e Andrea, Noelia e Myrella polas visitantes.
Partido moito máis trabado que o anterior, e un dato reflicte ben este feito: 8 faltas entre os 2 equipos en tan só unha parte, mentres que en Sobrado só houbo 3 faltas en todo o partido.
Mabegondo consciente de que tiña que remontar apostou por xogar con porteira-xogadora case sempre que tiña o balón. O Fisober comenzou controlando o balón nos primeiro minutos e sen pasar agobios, pero un pequeno exceso de confianza provocou que as locales tiveran unha serie de ocasións. Refixose Fisober que non aproveitou un falta por cesión a porteira.
Mediada a segunda metade Patri roubaba no medio campo un pase a porteira xogadora e metiase co balón na porteria local poñendo o tranquilizador 1-4, pero pouco lle duraba a ledicia porque Melissa facía o 2-4, dende ese momento foi un querer e non poder das locais e as visitantes que non eran quen de facer gol nas súas contras. Noelia, Olalla e Lara erraban boas ocasións. A mesma Lara roubaba 2 balóns e vendo a porteira adiantada tentaba o gol dende o seu campo pero foronse rozando os paus. Os últimos minutos as locais apretaron pero Fisober deixou pasar o tempo e levouse a vitoria, ca cal acaba a primeira volta con 6 victorias, 6 derrotas e un empate.
Fútbol 11 Liga Nacional
O Orzán SD sucumbía na casa ante o Erizana por 0-1. As xogadoras do Fisober Eva e Barca así como Sara realizaban un gran partido pero non foron capaces de remontar o tanto inicial do equipo pontevedrés.
A vindeira cita será en Salamanca o domingo 22 de xaneiro ás 12:00h.
Fútbol sala División de Prata
O Poio da muxiana Nuria Paz derrotaba a domicilio ó Unami en Segovia por 3-5 e continúa 2º clasificado e a tan só un punto do primeiro, o Leganés Masdeporte. A vindeira semana desplazaranse ata a cidade madrileña onde se xogarán o liderato da competición o sábado 22 de xaneiro.
Máis información
Xornadas anteriores
- O Buxeiro de Fisterra álzase co I Campionato FS “Costa da Morte” pola selección galega Xa!.
- A Salina supera ao Fisober B e o Ponteceso FSF acada a súa segunda vitoria na Liga Provincial.
- Primeira e histórica vitoria do Ponteceso FSF.
- O Fisober de Autonómica suma e segue pero os árbitros non deixan avanzar ao Ponteceso FSF.
- Tan só o Fisober de Autonómica saca algo positivo da xornada de fútbol sala feminino.
- Xornada fatídica para o fútbol sala feminino costeiro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Fisober da man de Fran Toba e Luis Alberto Sambad