O Fisober segue sen perder na Liga Autonómica

Liga Autonómica

- Resultado; CIDADE DE AS BURGAS, 3 - FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO, 3
- FISOBER C. VIMIANZO: Eva, Elsa, Patri, Ana e Alba; tamén xogaron: Noelia e Myrella.
- Goles: 1-0 Marta , 1-1 Alba, 2-1 María, 2-2 Myrella, 2-3 Alba, 3-3 Nerea.
Liga Provincial

- Resultado: A FERVENZA F.S.F., 5 – FISOBER “B“ CONCELLO DE VIMIANZO, 2
- FISOBER “ B “ C. VIMIANZO: Eva, Myrella, Noelia, Andrea e María; tamén xogou Noe.
- Goles: 1-0 Laura ; 1-1 Noelia, 2-1 Aitana; 2-2 Andrea ; 3-2 Belén; 4-2 Laura; 5-2 Irene.

Liga Provincial
- Resultado: A Salina Xuventude F.S.F., 1 - C.F.S.F. O Pino, 3
Liga Provincial
- Resultado: Boqueixón F.S., 10 - Concello de Ponteceso, 0
- Ponteceso FSF: Salomé, Silvia, Sonia, Chris e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron Mónica, Marta, Iria, Paula, Sabela e Tamara.
Este foi o peor partido xogado polas pontecesáns no que vai de liga e tamén a derrota máis abultada, con moita diferencia, de todo o campeonato.
Todas estas cualidades do Boqueixón non excusan o mal partido do equipo Pontecesán que nesta ocasión non estivo acertado nas facetas defensivas, como viña amosando nas últimas xornadas. Ademáis tampouco foron capaces de dar máis de tres pases seguidos, o cal imposibilitaba ó chegar a meta rival non podendo así crear ocasións claras para marcar. Pero o peor aínda non isto, senón a mala imaxe dada neste partido por todo o equipo, cousa que aínda non lle sucedera no que vai de liga.
Nas últimas tres xornadas o equipo Pontecesán reibíu 19 goles, cousa que nin lle sucedera nas anteriores 6, esto quere decir que desde o comezo da segunda volta o equipo perdíu esa fortaleza defensiva que tanto lle costara conseguir.
Vindeira xornada
O Concello de Ponteceso enfróntase o próximo sábado 12 de febreiro, no Pavillón Municipal de Corme as 20:00 horas ó Meigas B de Bertamiráns.

Liga Provincial
- Resultado: Espartanas F.S., 1 - Viaxes Amarelle F.S., 13
- Viaxes Amarelle “B” FSF: Leti, Alba, María, Cruz, Laura (cinco inicial), Regi, Anita, Yeye, Xulia, Sara.
- Goles: 0-1 Alba (min. 1); 0-2 Cruz (min. 3); 0-3 Regi (min. 9); 0-4 Cruz (min. 12); 0-5 Regi (min. 14); 0-6 Cruz (min. 15); 0-7 Cruz (min. 16); 0-8 Yeye (min. 17); 0-9 Laura (min. 30); 0-10 María (min. 32); 0-11 Alba (min. 33); 0-12 Cruz (min. 33); 1-12 Adriana (min. 45); 1-13 Yeye (min. 49).

Vitoria con goleada e sen complicacións para o Viaxes Amarelle B de Suso Yanes ante o Espartanas FS que segue na cola da táboa. O partido transcorreu moi ben ata que na segunda parte o conxunto local viuse un conxunto moi faltón e con algúns abusos dalgunhas xogadoras en cotenadas e empuxóns que ensuciaban o bo xogo que se estaba facendo e para malgaste final a mala educación da afección do Espartanas proferindo insultos cara ás xogadoras do Amarelle desde a bancada, coa impunidade das colexiadas, que parecía que estaban de festa en lugar de en un partido oficial.
Vindeira cita
O Viaxes Amarelle B mantense na terceira posición a dous puntos do Sobrado Xuventude e tres por encima do A Fervenza B FSF. Agora este próximo sábado 12 de febreiro de 2011 a partir das 20:00 horas terá lugar un apaixonante encontro das de Suso Yanes contra o Sada FSF de Iago Socastro no Complexo Deportivo de San Diego (A Coruña).
Breves fútbol sala e fútbol femenino
- O Poio FS da muxiana Nuria Paz caía derrotado en terras madrileñas ante o 4º clasificado o Majadahonda por 6-2. - Con esta derrota perden o liderato que conseguirán a semana pasada en favor do Leganés ainda que tan só están a un punto das xogadoras madrileñas. - A vindeira semana comeza a segunda volta e as pontevedresas viaxaran ata salamanca donde se enfrentaran o CD Chiloeches.
- O Orzán de liga nacional femenina perdía en Burgos contra o Nsa Sra del Belén por 3-1, o gol herculino era anotado pola porteira Lucía, que tivo que vestirse de xogadora ante ás numerosas baixas do equipo coruñés. As xogadoras da Costa da Morte Barca e Hue, así como Eva saían de titulares. A que non viaxou foi a xogadora de Carnota, Alba, que si se desplazou ata Ourense co Fisober e anotaba dous goles. - A vindeira semana recibirán ó Gijón nas instalación deportivas de A Torre.
Máis información
Xornadas anteriores
- Boa semana para a familia Fisober.
- O Fisober B pecha a primeira volta das Ligas de Fútbol Sala Feminino.
- O Buxeiro de Fisterra álzase co I Campionato FS “Costa da Morte” pola selección galega Xa!.
- A Salina supera ao Fisober B e o Ponteceso FSF acada a súa segunda vitoria na Liga Provincial.
- Primeira e histórica vitoria do Ponteceso FSF.
- O Fisober de Autonómica suma e segue pero os árbitros non deixan avanzar ao Ponteceso FSF.
- Tan só o Fisober de Autonómica saca algo positivo da xornada de fútbol sala feminino.
- Xornada fatídica para o fútbol sala feminino costeiro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS, e de José Núñez Torrado, Responsable de Prensa do Viaxes Amarelle FSF.
- Un repaso completo á actualidade do fútbol sala feminino da Costa.