Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Boa semana para a familia Fisober

Boa semana para a familia Fisober
A xornada nas Ligas de fútbol feminino depararon diferente sorte para os equipos da bisbarra. Se foi unha fin de semana feliz para a familia Fisober, con doble vitoria en Autonómica e na Liga Provincial, os outros equipos da Provincial non poden dicir o mesmo. A Salina Xuventude de Esteiro caía na casa ante o Manureva por 1-8. Mentres que o Concello de Ponteceso FSF caía 6-0 na pista do Sada, o líder destacado da competición.

Liga Autonómica

  • Resultado: Riazor, 1 – Fisober C. Vimianzo, 2.
  • Riazor: María, Sara, Paula, Elena, Victoria, . Tamén xogaron: Aisha e Nuria.
  • Fisober: Eva, Patri, Ana, Elsa e Olalla, tamén xogaron : Andrea, Noelia e Lara.
  • Goles: 0- 1 Patri , 0-2 Lara; 1-2 Paula.
Desprazábase o Fisober á cidade da Coruña cas baixas de Barca, Eva, Alba e Paula por diferentes razóns pero foron ben suplidas polas xogadoras do filial Eva, Noelia e a debutante en Liga Autonómica Lara que ademáis conseguiu anotar un gol. A primeira metade apenas tivo xogo, os dous equipos gardábanse demasiado respeto e case non houbo ocasións ata que a catro minutos da chegada ó descanso Patri marcaba un golazo e poñía ó Fisober por diante. Apenas uns segundos despois do gol o Fisober recuperaba un balón e Elsa tiña unha boa ocasión. Con ese resultado e o insulso xogo chegouse o descanso. Tralo descanso todo cambiou xa que co resultado en contra Riazor debía abrirse e o partido resultou moito máis entretido. Así os dous minutos da segunda metade era de novo Elsa a que tiña unha boa ocasión. Mediada a segunda metade eran Ana e Noelia as que tiñan unha dobre ocasión que ata foi cantada coma gol na grada e so uns minutos despois era Lara a que tiña unha boa ocasión. Os últimos dez minutos Riazor apretaba un pouco máis se cabe e era a local Paula a que tiña unha boa ocasión a sete para o final. Pero sólo un minuto despois Lara poñía o 0-2 a seis minutos do final tras unha excelente xogada. A partires deste momento Riazor arriscaba e adiantaba a sua porteira para as xogadas de ataque e conseguía por medio de Paula o intraquilizante 1-2 quen pouco antes xa tivera unha boa ocasión. Asi se presentaban tensos os últimos dous minutos e abofe que o foron con un bo número de ocasións para os dous equipos. A un minuto e medio para o final unha boa combinación entre Lara, Ana e Elsa era esta última quen inexplicablemente erraba do cal se estaría lamentando ata o final do partido. Acto seguido era Riazor quen gozaba dunha boa ocasión. Sen tempo para respirar era Olalla quen tiña outra ocasión para Fisober e novamente Olalla recuperaba un balón e vendo a porteira adiantada lanzaba desde seu propio campo pero o seu disparo iase a rentes do pau. Os últimos vinte segundos quen tivo unha dobre ocasión para o empate que de todos modos sería inxusto recoñecido polas locais, despois de todas as ocasións falladas polo Fisober, pero dous minutos a tempo parado son moi longos e a vista do número de ocasións esta.

Liga Provincial

  • Resultado: Espartanas, 0 – Fisober B Concello Vimianzo, 8
  • Espartanas: Ángeles, Cerque, Cris, Sandra e Patri ; tamén xogaron : María, Nuria, Lucía e Irene.
  • Fisober B: Eva, Ylenia , Noelia, María e Andrea ; tamén xogaron Myrella e Noe.
  • Goles: 0-1 Noelia, 0-2 Noelia, 0-3 Myrella, 0-4 María, 0-5 Ylenia, 0-6 Noelia, 0-7 Ylenia, 0-8 Andrea.
Mal partido o disputado na maña do domingo polo filial do Fisober do que o máis destacable foi o resultado e a volta de Myrella despois de perderse cinco partidos por lesión. Só a maior calidade do Fisober fixo que foran por diante o descanso o cal aproveitou dous despistes das locais para sacar rápido dous saques de banda e que Noelia puxera as súas por diante. Xa co tempo acabado Myrella aproveitou un dobre penalti para poñer o 0-3 o descanso. Ao comenzo da segunda metade as locais tiveron unha serie de ocasións que non aproveitaron. Mediada esta segunda metade tres zarpazos en tres minutos acababan co partido, María, Ylenia despois dun claro penalti e Noelia poñían o 0-6. As locais viñeronse abaixo e Ylenia e Andrea acadaban o 0-8 definitivo. h3>Liga Provincial
  • Resultado: Sada FS, 6 - Concello Ponteceso FSF, 0.
  • Concello de Ponteceso F.S.F.- Martina, Silvia, Cris Santos, Chris e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron Mónica, Marta, e Tamara.
  • Goles: 1-0 (min. 14) Laura. 2-0 (min. 21) Laura. 3-0 (min. 35) Camila. 4-0 (min. 38) Ana. 5-0 (min. 44) Mónica. 6-0 (min. 49) Martina (p.p).

Mal partido das Pontecesáns que acusaron moito as baixas e lesións que fixeron que só se desprazaran 8 xogadoras das 17 que teñen. Aguantou o Ponteceso os primeiros 15 minutos coa portería a cero, aínda que neste tempo as xogadoras de Sada tuveron varias ocasións para adiantarse no marcador, e foi no minuto 14 cando nunha boa xogada colectiva, Laura marcaba un gol que poñía tranquilidade na bando local.

Pouco despois no minuto 21 volvían a marcar as sadenses por medio de Laura outra vez que foi a máis activa na primeira metade. Antes do pitido Carmen tivo una boa ocasión, pero despois de regatear a porteira do Sada mandou o balón ó pao.

Xa na segunda metade o Sada foi moi superior e non lle dou ningún tipo de oportunidade Ponteceso, aínda que o resultado foi demasiado abultado para o visto sobre a pista.

Vindeira xornada

  • Liga autonómica: Fisober - Bembrive Vigo o sábado 29 de xaneiro ás 16:00 h no municipal de Vimianzo.
  • Liga provincial: - Fisober - Sada: sábado 29 de xaneiro ás 18:00 h no municipal de Vimianzo. - Concello de Ponteceso - A Fervenza F.S.F.: sábado 29/01/2011 ás 19:00h no Municipal de Ponteceso. - iaxes Amarelle F.S. - A Salina Xuventude F.S.F.

Máis información

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS.

Comentarios