O Ganados Maroño tomouse a revancha co Baíñas na Copa-Maratón de Cee
Fantático o ambiente da XXVII Maratón Copa Fútbol Sala Concello de Cee 2014. O bo ambiente foi protagonista no pavillón nas dúas xornadas demostrando a potencia que ten esta competición, na que xogan grandes nomes do Fútbol da Costa. E os dous favoritos, campión de Liga e segundo clasificado e campión nos últimos anos, cumpliron os pronósticos e se plantaron na final.
O Baíñas FS chegaba tras sorprender e levar a Liga, pero o Ganados Maroño tiña gañas de revancha. Ambos tiveron un longo periplo para chegar á final. Os de Baíñas eliminaron ao Fisterra, e aos Ferroatlántica e O Cabral pola mínima. Pola súa banda, o Ganados Maroño tivo que superar ao Antoxos, ao San Isidro e ao Estética Raquel, semifinal na que tiveron que tirar dos penaltis.
Xa na final, os dous favoritos, ambos vimianceses, demostraron o porque da súa clasificación. Calidade por ambos lados, pero algo máis de veteranía polo lado vacún, e o Ganados Maroño puideron levantar a Copa Maratón tras vencer por 4-1 ao Baíñas FS, cos goles de Jemisa (2), Juan oBello e Fran Pioto, que superaron ao gol de Miguel.
Novas relacionadas
- O Baíñas colle o relevo na Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Fin de festa espectacular para a gran temporada da Liga Futsal Carballo.
- Liga FS Cee: O Quintaplast campión da 2ª mentres a 1ª espera polo gran derbi vimiancés.
- 20-03-14: Baíñas FS e Ganados Maroño pelexan polo título da Liga FS Cee.
- 13-11-13: Ganados Maroño xa manda nas Ligas de Fútbol Sala de Cee.
- Liga 2013: A Cercevería Atrio volve gañar a Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Liga 2012: O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).