O laxense Ambrosio Oróns, novo adestrador do Malpica


Novo cambio de cromos nos bancos do Fútbol da Costa. Desta volta, un cambio obrigado tralos malos resultados do SCD Malpica. 8 derrotas e 1 empate nos últimos 9 partidos dan conta da necesidade de modificar o rumbo en todos os sentidos, e o que sempre paga o pato é o adestrador, neste caso Chema Rivadulla.
O escollido para devolver a nave a augas menos profundas (a permanencia nestes momentos está a 1 só punto, pero contando cos máis que posibles arrastres podería situarse xa a 11 puntos) é Ambrio Oróns, de 41 anos e natural de Laxe, ex xogador malpicán entre os anos 96 e 2001. Antes xogara no propio Laxe, e despois pasou por Bergantiños, Cerceda, Ordes etc.
Como adestrador, comezou como preparador físico nas categorías base de Luís Calvo, e estivo ao mando do Laracha como primeiro adestrador en 3ª División.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Luís Porto.