O Ponteceso FSF pechou o seu primeiro ano de existencia cunha cea de confraternización


O pasado venres 20 de maio, a familia do Ponteceso FSF celebrou na cervecería "Faldra Folk" de Ponteceso (un dos patrocinadores do clube), a cea de final de tempada do equipo. Tempada que pasa por selo bautismo do clube na competición e dada pouca experiencia existente, é calificada pola familia pontecesá de completo éxito.
En devandita cea, producíronse varios acontecementos. Primeiro, un dos patrocinadores, "Contrucciones Salva" outorgou un gran trofeo á xogadora con máis progresión e asistencia aos adestramentos do equipo durante esta tempada, galardón que foi outorgado por unanimidade a Salomé, a gardameta titular do equipo e unha das revelacións da tempada na liga provincial feminina.

Tamén se fixo entrega nesta cea dunha placa e unha camiseta conmemorativa ao presidente e fundador Jose Manuel Nuñel "Porteiro", pola súa dedicación ao club e porque sen o, este proxecto nunca chegase a ver a luz.

Toda a directiva do club, corpo técnico e xogadoras, aproveitaron a ocasión para brindar por esta primeira tempada e porque na próxima logren superar e mellorar para lograr que este proxecto a longo prazo, chegue a bo porto.
Vindeira tempada tamén nas categorías inferiores
Tamén aproveitaron a celebración, para informar de que o club ten previsto crecer máis a próxima tempada. Para iso programouse a formación dun equipo de categorías inferiores que competirá na liga infantíl, este equipo estará formado por xogadoras de toda a comarca (Ponteceso, Cabana, Laxe, Carballo...) que, moitas delas, xa levan entrenando con o primeiro equipo os últimos meses de competición.
A familia do Ponteceso FSF







Novas relacionadas
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
- Os equipos da Costa pechan a Liga Provincial con bo sabor de boca.
- Terceira vitoria do Ponteceso FSF.
- A Salina supera ao Fisober B e o Ponteceso FSF acada a súa segunda vitoria na Liga Provincial.
- Primeira e histórica vitoria do Ponteceso FSF.
Fonte
- Nota de prensa de Jose Barca, Entrenador del Concello de ponteceso F.S.F.