Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Terceira vitoria do Ponteceso FSF

Terceira vitoria do Ponteceso FSF

Nun mal partido do Fisober na Liga Autonómica, tivo que aparecer Patri ca súa bariña máxica para rescatar o equipo costeiro e acadar unha vitoria con dous golazos e unha excelsa xogada que deixou a Barca o terceiro gol a pracer. 3-2 venceu o equipo de Fran Toba e Iván Chans ao Panificadora do Eo, de xeito que as vimiancesas quedan 8ª con 27 puntos.

Na Liga Provincia, o filial de Fisober aprazou o seu encontro deste fin de semana o cal se disputara en Antroido ou Semana Santa. Pero o máis destacable foi a terceira vitoria do Ponteceso FSF. Desta volta o Pavillón de Corme foi talismán para os de Barca e venceron por 2-0 ao Meigas. Ademais o Viaxes Amarelle B conseguía vencer ao ata agora intratable líder, o Sada. Pola contra, o equipo esteirán de A Salina Xuventude caía en Sobrado por 4-0.

Liga Autonómica

  • Resultado: Fisober Concello de Vimianzo, 3 – Panificadora do Eo, 2.
  • FISOBER C. VIMIANZO: Paula, Patri, Elsa, Ana e Alba; tamén xogaron: Andrea, Barca e Eva.
  • Goles: 0-1 Sabela, 1-1 Patri, 2-1 Patri, 2-2 Nuria, 3-2 Barca.

O equipo de Ribadeo amosouse como un equipo moito mellor do que nos presenta a clasificación. Comenzaba o partido Fisober moito mellor do habitual e os dous minutos Ana filtraba un perfecto pase a Patri que non atinaba co gol. Solo un pouco despois era Ana a que disfrutaba dunha boa ocasión. As visitantes acomodáronse mellor a pista dende este momento cas locais. Aínda así Barca tiña unha nova opción para adiantar a Fisober no minuto oito do encontro. Xusto no minuto dez un tiro lonxano de Sabela escapabaselle a Paula das mans e poñía o encontro costa arriba para as locais. Nesta xogada reproducironselle os problemas no brazo a porteira Paula aínda que aguantou ata o fin da primeira metade.

Decidiu Fisober dar un paso adiante e tanto Patri como Elsa non foron quen de igualar o tanteador. Pero a cinco do fin desta primeira metade Patri encaraba a Vanessa dende o perfil esquerdo e igualaba o encontro. Aínda así as locais non se sentian cómodas e as visitantes María e Nuria a piques estiveron de adiantar as de Ribadeo. Barca gozaba dunha gran ocasión no último minuto pero errou e foronse o descanso coa igualdade no marcador.

A segunda metade comenzaba con cambio de porteira no Fisober xa que os problemas físicos de Paula levaron a xogadora de campo Andrea a portería. O Fisober non era quen de botarlle a man as visitantes e o partido camiñaba hacía o final sen apenas ocasións e as que había eran das de Ribadeo como unha que gozou Eva ante a porteira accidental Andrea.
Pero no minuto dez todo cambiaba,Patri recibía un balón preto da banda esquerda regateabase a duas xogadoras e a porteira e marcaba o 2-1 a pracer despois da súa espectacular xogada. As visitantes non se redían e Iria non era quen de batir a porteira local. Respondía acto seguido Ana. Pasaban os minutos pero o partido seguía vivo. A cinco para o final Ana nunha falta lonxana mandaba un dereitazo o pau cando a porteira xa estaba superada. Desta vez era a visitante Marta quen respostaba e estaba a piques de empatar. Cando o partido agonizaba aínda quedaban cousas por pasar e a dous e medio do final un erro de Barca no corte deixaba unha contra que non desaproveitaba Nuria para empatar. Xa se daban dous puntos por perdidos pero voltou a aparecer Patri a un e medio para o final e regate tras regate deixou a Barca o gol a pracer para deixar os tres puntos na casa e resarcila tralo erro do minuto anterior. As visitantes xa se viñeron abaixo e chegouse o final sin máis sobresaltos.

Liga Provincial

  • Resutado: Concello de Ponteceso - F.C. Meigas (2-0)
  • Ponteceso FSF: Salomé, Silvia, Cris Santos, Chris e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron, Martina, Mónica, Iria e Tamara.
  • Goles: 1-0 (min. 41) Carmen. 2-0 (min. 45) Chris.

Partido moi emocionante o visto na tarde noite do sábado no pabillón municipal de Corme. Na estrea do Concello de Ponteceso F.S.F no pabillón de Corme, o equipo brindoulle unha merecida victoria ós casi 100 espectadores que ateigaban o municipal cormelán.
Comezou o partido cos dous equipos espectativos e esperando ó rival en campo propio. Nos primeiros minutos o equipo Pontecesán tivo un par de ocasións por medio de Carmen e Chris que desbaratou a porteira de Bertamiráns que estivo moi acertada durante todo o partido.

O Meigas chegaba con perigo a través de xogadas a balón parado, tanto faltas, corners, coma saques de banda, todas elas efectuadas pola súa cierre Noelia cun potente disparo que acaparaba casi todalas xogadas ofensivas do seu equipo. Co paso dos minutos as xogadoras pontecesáns adiantaron líneas e subiron a súa presión vendo as dificultades das xogadoras do Meigas para saír co balón controlado desde o seu campo. Froito disto, o equipo Pontecesán tivo dous máns a máns contra a porteira do Meigas, un de Carmen e outro de Martina, que parou con acerto. Con este resultado de empate a ceros, chegaríase ó descanso.

Xa no segundo tempo, as xogadoras de Curro e Jose Barca saíron moi enchufadas no encontro e buscando descaradamente a portería contraria, realizando unha forte presión a todo o campo, que facía que as xogadoras do Meigas perderan o esférico con moita facilidade realizando así as pontecesáns varios contragolpes con moito perigo. A raíz desta forte presión, ás xogadoras do Meigas costáballes chegar á portería do Ponteceso, só crearon certo perigo en lanzamentos onxanos da súa capitana Noelia ós que respondeu maxistralmente Salomé, moi centrada durante todo o partido.

Nos últimos 15 minutos deste segundo tempo ó Ponteceso, moi superior físicamente, encerrou por completo ó Meigas no seu campo e tivo varias e boas ocasións para adiantarse no marcador. O gol parecía que se lle resistía ás Pontecesáns, ata que no minuto 41, nunha boa xogada entre Martina e Carmen, esta última marcaría o 1-0 levando a ledicia a bancada cormelá.

A partir de ese momento as xogadoras do Meigas intentaron saír ó ataque, e froito deso en nun bo roubo de balón no medio campo de Iria, asistíu a Chris que quedou soa ante a porteira Santiaguesa e definiu polo pao corto, levando definitivamente ó jubilo a numerosa aficción que ateigaba o Municipal de Corme. De aí ó pitido final o Ponteceso poido marcar algún gol máis, pero o marcador non se movería.

Cabe destacar o cambio de actitude das xogadoras do Concello de ponteceso F.S.F que souberon repoñerse da abultada derrota sufrida na anterior xornada en Boqueixón e saíron moi centradas ó partido dende o primeiro minuto. Ademáis o equipo pontecesán recuperou a súa fortaleza e intensidade defensiva que viña sendo a súa principal característica nos últimos partidos.
O equipo pontecesán logra así a súa terceira vitoria na liga, cimentada sobre todo na súa boa forma física e nunha mentalidade de sufrimento que fai que, estando mentalizadas e centradas, poidan facerlle fronte a casi calquer equipo da categoría.

Liga Provincial

  • Resultado: Viaxes Amarelle F.S. - Sada F.S.F. (4-1)
  • Viaxes Amarelle B: Leti, Uxía, Lucía, María, Cruz (cinco inicial), Sheila, Patri, Alba, Yeye, Regi.
  • Goles: 0-1 Yurley (min. 2); 1-1 Lucía (min. 9); 2-1 Sheila (min. 14); 3-1 Lucía (min. 25); 4-1 María (min. 28).

O conxunto dirixido por Suso Yanes cultivou este fin de semana unha importante vitoria ante o actual líder da provincial feminina da Coruña, Sada FSF, que ata a data non cedera nin un só punto. O partido empezou co Sada enchufado e marcando, pero posteriormente o Viaxes Amarelle B deu mostra da súa superioridade e anotou catro tantos que lle deron a vantaxe cando restaban aínda por diante 23 minutos de partido e o resto do encontro foi cun Sada buscando recortar distancias, pero o Viaxes Amarelle B mantívose forte en defensa e mantivo a vantaxe que lle deron os 3 puntos.

O encontro comezou co Viaxes Amarelle B un pouco nervioso no seu enfrontamento ante un equipo que non cedera nin un só punto en toda a tempada. O Sada foi a presionar a pista enteira e as de Suso Yanes complicáronse moito nos primeiros minutos e con tal presión e descoido inicial e o Sada nunha contra rápida conseguía porse por diante cun gol de Jurley aos dous minutos. O Viaxes Amarelle reacciono e empezou a facer xogadas chegando en varias ocasións sobre a portería rival, pero os paus aliáronse co Sada e o gol non daba entrado, pero tras varias chegadas chego unha contra onde Lucía conseguiu anotar a quince minutos do tempo de asueto as táboas cun balón que se coou entre as pernas da porteira visitante.

O Viaxes Amarelle B víase superior no campo ao seu rival articulando un bo xogo e creando ocasións e tras varias ocasións, Sheila conseguía pór por diante ás de Suso Yanes cun gol mediada a primeira metade. Os minutos pasaban e o Viaxes Amarelle B estaba dando a sorpresa, sen que o Sada case conseguise crear perigo sobre a portería defendida por Leti. Nos últimos segundos de xogo, co partido practicamente concluído chego o 3-1 para o Viaxes Amarelle B cun gol de Lucía sobre a bucina. Con esta vantaxe ampla ambos os conxuntos foron ao tempo de asueto.

En conclusión, importante vitoria do Viaxes Amarelle B por varios motivos. Primeiro a nivel moral unha vitoria ante un equipo que ata a data non cedera ningún punto é moi importante animicamente para as de Suso Yanes e tamén o sumar tres puntos que probablemente ningún dos seus rivais directos poderá conseguir, polo que toma vantaxe na súa loita contra rivais directos aumentando a vantaxe co Fervenza a seis puntos.

Liga Provincial

  • Sobrado Xuv. Pan. Vázquez - A Salina Xuventude F.S.F. (4-0)

Vindeira cita

  • A vindeira semana o Fisober despazase ata Pontevedra donde se enfrontara o Marcón, na 1ª volta ás vimiancesas perdian por 4-7.
  • F.C. Meigas - Fisober F.S.F. "B": 19/02/2011 ás 12:00h no Polideportivo de Bertamirans (na primeira volta vencian as vimiancesas por 3-2).
  • Concello de Ponteceso - C.D. Mabegondo: 19/02/2011 ás 17:00h no Municipal de Ponteceso.
  • A Salina Xuventude F.S.F. - A.R.C. Femiordes: 19/02/2011 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.
  • A Fervenza F.S.F. - Viaxes Amarelle F.S.: 19/02/2011 ás 12:00h no Municipal de Neda.

Breves fútbol sala e fútbol femenino

O Poio FS da muxiana Nuria Paz conseguía unha abultada vitoria en Guadalajara por 4-10, a xogadora de Quintáns anotaba dous goles e continúan na 2ª posición da clasificación a tan só un punto das líderes.
A vindeira semana recibirán ó Universidad de Salamanca no Municipal de Poio ás 18:30h da tarde.

Pola súa banda o Orzán de Liga Nacional femenina volvía a caer derrotado e xa van cinco derrotas consecutivas,desta vez na casa ante o Gijon por 1-3.
A vindeira semana a Liga sufrirá un parón debido os compromisos da selección española.

Máis información

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS, e de José Núñez Torrado, Responsable de Prensa do Viaxes Amarelle FSF.
Comentarios