Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Soneira é o merecedor campión da Copa da Costa 2011

O Soneira é o merecedor campión da Copa da Costa 2011
Final Copa 2011- SOneira campion

Non houbo sorpresa. Tralo 3-0 da ida en Castriz, e contando a diferencia de categoría, todo parecía imposible para os xalleiros. E así foi nunha tarde bastante sosa e aburrida no Municipal de Vimianzo. O festón do Asalto ao Castelo non afectou aos soneiráns, que sentenciaron saíron a por todas no primeiro tercio da final con dous tantos de Santi e Quique.

Foi, desta volta e dada a superioridade local, unha insulsa festa do fútbol da Costa. I é que non podemos olvidar que a finalísima da Copa é a gran cita deportiva, e social, da Costa da Morte ano tras ano. Desta volta, o Municipal de Vimianzo recibiu a medio millar de persoas, para presenciar a mediática cita.

O 2-0 final deixa esta temporada histórica para o Soneira, 6º na súa primeira temporada na Preferente, e Campión da Copa da Costa 2010-2011.

Soneira - Castriz (2-0)

Os dous cadros forman antes de comezar o partido Final Copa 2011- Soneira
  • Soneira: José Angel, Ferreiro (Vecino, min.46), Pablo, Javi, Miguel, Santi, Víctor García, Quique, Mario (Fran de Urroa, min.46), Vituco e Vía (Míchel, min.46).
Final Copa 2011- Castriz
  • Castriz: Diego (Pego, min.70), Chinda (Damian, min.46), Sergio Pose, Toniño, Rubén, Alex (Suso, min.75), Alberto (Martin, min.58), Dani, Mauri, Ovidio, Sebas.
  • Goles: 1-0, min.8: Santi; 2-0, min.11: Quique.
Tal como estaba previsto o Soneira levouse a Copa da Costa por segunda vez na súa historia diante un Castriz que volveu ofrecer moi pouco en ataque e acabou perdendo 2-0. Para quen non será doado esquecer este trofeo será para Miguel Figueiras, o xogador vimiancés colgará as botas engadindo un título máis a súa exitosa traxectoria por multitude de equipos nacionais. Final Copa 2011-Soneira homenaxe Miguel Boa entrada no Municipal, aínda que non chegou aos cupos propios de partidos como este, o 0-3 da ida xa indicaba que isto pasaría. No deportivo, o encontro foi un calco do da ida. O Soneira levou o peso do choque sen moitas ocasións no seu haber, pero si moita pegada. Aos 8 minutos Santi cabeceaba unha falta lateral e subía o primiero gol ao marcador. Pouco despois, un centro por banda esquerda de Mario é recibido por Quique, regatea ao seu par dentro da área e o seu disparo raso entra pegado ao primeiro pau. Por si a eliminatoria non estivera ben sentenciada, o Soneira non concedía ningunha opción e deixou o título resolto. O resto de partido perdeu todo o interese, quizais estaba por ver si o Castriz sería capaz de marcar un gol na final. Non tiveron moitas ocasións para elo, pero Sebas non foi quen de marcar nas dúas mellor que tiveron os de Castiz, nunha o seu lanzamento foise ao pau e noutra o meta José Angel detivo ben non man a man co dianteiro visistante. FInal Copa 2011 en xogo Cando o colexiado sinalou o final non houbo ese xúbilo de emoción propio da celebración dun título dado que xa estaba moi asimilado por parte dos soneiráns, máis si que houbo moita delicia e emoción, sobre todo por parte de Miguel que recibiu numerosas conmemoracións, do concello, do Soneira, do expresidente Juan Luís do Celme e tamén unha carta enmarcada do seu compañeiro e actual adestrador do Deportivo José Luís Oltra. Miguel recibiu varias placas conmemorativas Tralo protocolario acto de entrega de trofeos, no que Sebas recolleu o título de subcampeon e Fran de Urroa que levantou a copa conxuntamente co alcalde Manolo Antelo, comezou a festa de celebración do título. Sebas recolle o título de subcampión Fran de Urroa e o alcalde coa Copa de campións Final Copa 2011 Soneira Posando

Máis información

Novas relacionadas

Máis información

Citas deportivas do verán

Fonte

Comentarios