O tenis de mesa base segue disfrutando mentres o Anorthosis prepara o asalto ao ascenso
Doble cita unha fin de semana máis co tenis de mesa a pasada fin de semana. Por unha banda o Aquacénit disputaba unha doble xornada na 2ª Galega, que este sábado acolle a derradeira xornada que pode supoñer o ascenso do Anorthosis, polo que o ximnasio do CPI de Zas será un fervedoiro na tarde sabatina.
Ademais, continúa en marcha a Liga Intermunicipal de Tenis de mesa. E iso que isto só está empezando e cada día nótase a melloría no xogo, que os bos resultados virán máis adiante. O sábabo enfrontábanse pontecesáns e corcubioneses e cómpre destacar o bo ambiente antes e despois dos partidos. De feito, despois da competición xogaron unhas partidas amistosas.
Liga Intermunicipal de Tenis de mesa. Xornada 3ª
- Resultado: Ponteceso - Corcubión (2-4) (7-12).
Despois da derrota tan abultada da semana anterior, tiñan os de Corcubión unha espiña que quitar nesta xornada. E abofé que si o fixeron. Cun xogo máis calmado e controlando os golpes impuxeronse claramente aos de Ponteceso.
Notouse a incorporación de Mario Iglesias e que Martín Pérez non fixo por acabar pronto os puntos. Moi ben por parte dos de Ponteceso, pois a pesar de que xogaron os mesmos da 1ª xornada, alí estaban outros tres compañeiros para animar e axudar no que fixese falla.
Estes foron os parciais:
Ponteceso | Corcubión | |
Iván Cousillas | 0-3 | Martín Pérez |
Miguel Canedo | 3-0 | Ben Seatle |
Miguel Lema | 0-3 | Mario Iglesias |
Miguel Canedo | 0-3 | Martín Pérez |
Iván Cousillas | 1-3 | Mario Iglesias |
Miguel Lema | 3-0 | Ben Seatle |
Vindeira xornada
Este sábado 27 de abril ás 17:00h. no pavillón de Corcubión toca enfrontamento entre o Corcubión e o Ponteceso.
2ª División galega, grupo centro
- Resultado: Escola Lalín - Concello de Zas Aquacenit (4-3) (13-12).
- Resultado: CTM Lalín "B" - Concello de Zas Aquacenit (3-4) (13-13).
Longo desprazamento do Aquacénit para xogar os partidos cos amigos de Lalín, e tan amigos que cando os xogadores de Zas se deron conta xa perderan o primeiro encontro contra os rapaces de Lalín. Logo puxeron as pilas e concentrandose no xogo impuxeronse ao, na clasificación polo menos, bo equipo local. Co Concello de Zas Aquacenit xogou Joel Quintáns que a pesar da súa inexperiencia vai mellorando a grandes pasos.
Próxima xornada
Vindeira xornada e última desta temporada, clave para decidir o ascenso do Anorthosis, sábado 27 de abril a partir das 16'00 h. no ximnasio do CPI de Zas:
- 16'00 h. Anorthosis Vimianzo - Conxo Promesas.
- 18'30 h. Concello de Zas Aquacenit - Conxo Promesas.
Logo queda o remata da temporada cos torneos.
Novas relacionadas
- O Anorthosis achégase á 1ª División mentres a Liga Intermunicipal continúa con estreas.
- Ponteceso e Muxía protagonizan un apretado comezo da Liga de tenis de mesa.
- Calendario: En marcha a Liga Costa da Morte de tenis de mesa.
- A campiona galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
- Unha festa deportiva para pechar o 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.