O Volei Dumbría segue sumando vitorias
Tralo histórico debut, o equipo Sénior e o resto de categorías do Volei Dumbría seguen en competición. Esta pasada fin de semana, se ben os maiores descansaban, os rapaces dumbrieses superaron o clube Aldebarán de San Sadurniño no dobre enfrontamento que tivo lugar o sábado dia 25 no Pavillón Municipal de Dumbría.
Abría a xornada o equipo xuvenil masculino que lograba unha cómoda vitoria por 3-0 con parciais de 25/17, 25/13 e 25/19. O equipo local foi moi superior ante un equipo no que tan só, o xogador Óscar Prieto era quen de facer dano á defensa dumbriesa. Este xogador é un vello conocido do equipo adestrado por Luis Alberto Fernández, xa que formou parte do equipo cadete do Voley Dumbría que participou no Campionato de España celebrado en Badaxoz en xuño de 2013. No meranmente deportivo, o adestrador local aproveitou para dar minutos a todos os seus pupilos e para completar a súa formación facendoos xogar en diferentes posicións.
Ás 12:30h era o turno do equipo cadete masculino, que repetiría mesmo resultado, impoñéndose por un cómodo 3-0 con parciais de 25/12, 25/13 e 25/8, ante un equipo en plena formación e que de momento ten pouco que dicir nesta Liga Galega. Os xogadores dumbrieses, moito máis rodados, non deron opcións o equipo visitante e sumaron a súa segunda vitoria na liga. O adestrador local aproveitou para dar minutos ós xogadores que están empezando, e que necesitan deste tipo de partidos para ir sumando minutos de xogo.
Vindeira xornada, debut na casa dos Sénior
Este sábado día 1 de novembro volve o voleibol a Dumbría cun triple enfrontamento ante o Emevé de Lugo, único clube galego que ten 2 equipos na máxima categoría do voleibol nacional, un equipo en Superliga masculina e outro na femenina. Ademais será o debut do equipo senior na casa, a partir das 19:00.
- 16:00 - Xuvenil masculino: Voleibol Dumbría - Emevé de Lugo.
- 17:30 - Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Emevé de Lugo.
- De seguido: - 2ª División Senior masculino: Voleibol Dumbría - Emevé de Lugo.
Novas relacionadas
- Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría.
- Os equipos de base preparan o camiño para o histórico debut dos Sénior do Volei Dumbría.
- O Volei Dumbría estrea equipo Sénior.
- Un internacional e un título autonómico para a familia do Volei Dumbría.
- A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
- O equipo sub-17 do Volei Dumbría vence a 2ª proba do Campionato Galego.
- O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España.
Fonte
- Volei Dumbría.
- Redacción de QPC ([email protected]).