mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Volei Dumbría xógase este domingo dous campionatos galegos na casa

O Volei Dumbría xógase este domingo dous campionatos galegos na casa
O equipo cadete do volei Dumbria esta a un paso do titulo da Liga Galega

Espectacular está a ser a tempada do Volei Dumbría. Os equipos costeiros están a piques de facerse co título da Liga galega en dúas categorías, cadete e infantil masculino.
E están aí gracias aos bos resultados colleitados no desprazamentos deste pasado sábado a Ourense que fan que a mañá deste domingo, haia dúas finais no Pavillón Municipal de Dumbría.

O partido máis importante foi o dos cadetes do Voleibol Dumbría, que se enfrontaban ao V. Burgas. Neste partido estaba en xogo o primeiro posto da Liga Galega, xa que ata ese momento os ourensáns encabezaban a clasificación. Os dumbrieses lograron unha apretada vitoria por 2-3 con parciais de (19-25 / 25-13 / 21-25 / 25-17 / 12-15).
O primeiro set foi claramente dominado polos nosos xogadores nun inicio de partido no que lle saía todo en ataque e ata en defensa fomos capaces de estar acertados nos bloqueos ao principal atacante do equipo contrario. No segundo set, o adestrador dumbriés probou con 2 infantís para darlles minutos en partidos de certa importancia, e os ourensáns aproveitaron para igualar o partido a 1. No terceiro set os costeiros conseguiron darlle a volta ao marcador, xa que comezaban cunha desvantaxe de 8 puntos grazas ao acerto desde os 9 metros e a unha gran defensa que lles permitía xogar cómodos contrataques. No 4º set os locais afinaron no servizo e os nosos receptores tiveron moita dificultade sobre todo en sáquelos flotantes, que nos fixeron moito dano e non nos permitían atacar. No último e decisivo set os xogadores dumbrieses estiveron acertados en todas as facetas do xogo o que nos permitiu destacarnos no inicio cun parcial de 9-3 ante o que nada puideron facer os ourensáns para remontar.
Con esta vitoria o Voleibol Dumbría afronta a última xornada no máis alto da táboa, e cunha vitoria ante o Xuvenil Teis de Vigo serán Campións da Liga Galega.

Mentres os infantís do Manuela Rial continúan unha xornada máis como líderes da Liga Galega, tras conseguir unha cómoda vitoria en Orense fronte ao V. Burgas por 0-3 con parciais de (16-25 / 13-25 / 9-25). O partido non tivo historia e a gran diferenza que existe na táboa clasificatoria reflectiuse no campo, xa que os nosos xogadores non pasaron ningún apuro en todo o partido. A vitoria ante Teis, incluso unha derrota minima dará o título de campións galegos ao Manuela Rial.

Os xuvenís do Voleibol Dumbría pechaban a xornada fronte ao V. Burgas. Os ourensáns gañaron nun cómodo partido por 3-0 con parciais de (25-14 / 25-14 / 25-13). Aos dumbrieses fíxoselles moi longo o día, xa que a maioría deste equipo está formado por xogadores cadetes e tan só dous xuvenís. Tralo madrugón e o subidón do partido de cadetes este partido sobroulles e non estiveron metidos no xogo en todo o partido.

Mala xornada para as categorías femininas

Na categoría feminina non foi a mellor fin de semana. O equipo infantil feminino Manuela Rial empezaba a xornada fronte ao CV Orense, onde perdían por un contundente 3-0 con parciais de 25-12 / 25-16 / 25-16.
De seguido xogaban outro partido esta vez fronte ao Dompa, ao que se impoñerían por 0-3 con parciais de 18-25 / 23-25 /1 5-25. O partido estivo dominado de principio a fin polas nosas xogadoras, que aínda que non estiveron moi acertadas desde os 9 metros si eran capaces de recibir con certa facilidade, o que nos permitía levar a iniciativa no xogo. Esta mellora no primeiro toque, tanto en recepción como en defensa, fixo que as colocadoras puidesen distribuír o xogo coas nosas centrais e coas de zona 4 o que nos permitía sumar con certa facilidade. Isto sumado ao acerto no saque en certas fases do primeiro e terceiro set fixeron que a vitoria se decantase ao noso favor e deste xeito o equipo consiga a permanencia un ano máis na máxima categoría do voleibol autonómico.

Pola súa banda, as cadetes do Voleibol Dumbría, plagadas de baixas, xa que só puideron contar con 3 delas, obtiveron unha nova derrota por 3-0, esta vez contra o CV Orense, con parciais de 25-8/25-12/25-5. O partido non tivo historia e o marcador demostra a gran diferenza entre os dous equipos, xa que o equipo ourensán é o líder invito da Liga Galega.

Vindeira xornada

O sábado 16 os xuvenís xogan contra Vigo ás 12:30h.

O domingo 17 será a gran cita do volei costeiro, pois xóganse os últimos partidos das diferentes Ligas Galegas no Pavillón Municipal de Dumbría, onde os infantís e os cadetes poden cantar o alirón ante a súa afección:
- 10:00 infantil masculino e feminino: Manuela Rial - Xuvenil Teis.
- 11:30 cadete masculino e feminino: V. Dumbría - Xuvenil Teis.
13:00 xuvenil masculino V. Dumbría - Xuvenil Teis.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios