O Xadrez do Cabo Touriñán trae un campionato Provincial


Doble cita tivo o Club Xadrez Cabo Touriñán. Pois en Carnota tivo lugar a 4ª proba do Circuito de Xadrez Costa da Morte, e de contado 4 rapaces do clube muxián foron a Ferrol para participar no Campionato Provincial de Xadrez.
En Carnota, de novo cunha gran participación, a final estivo protagonizada por dous corcubionesa. Ramón Franco vencía a Jose Soneira, gañador na proba vimiancesa e se ambos se colocan arriba no torneo.
Ao remate da proba, os Adrián, Anxo, Kevin e Sheila arrincaron para Ferrol, para o Campionato Provincial de Xadrez. Alí, o muxián Kevin Carballo Sandoval proclamouse campión na categoría sub-8 , o que supón para o club unha inxección de moral e ánimo para continuar traballando cos rapaces e esperar que alguén se anime a patrocinar este clube.
Vindeira proba
Esta fin de semana terá lugar o 5º Torneo do Circuito de Xadrez, o sábado ás 16:00h en Camariña
Novas relacionadas
- O Circuito de Xadrez roza a maxia en Vimianzo.
- O Clube Cabo Touriñán lidera o Circuito Costa da Morte tralo Torneo de Corcubión.
- Muxía abríu o Circuito de Xadrez Costa da Morte con case 60 xogadores.
- APEM únese ao Circuito de Xadrez gracias aos mozos do Clube Touriñán.
- En marcha o Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
- Novos cursos de Teatro e Xadrez en Muxía.
- O taboleiro de xadrez de Touriñán toma a Provincia e parte de Portugal.
- O Xadrez volve a Touriñán.
Xadrez na Costa
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Clube de Xadrez Cabo Touriñán.