Os Cadetes do Volei Dumbría case aseguran unha praza no Campionato Galego

Viña marcada a xornada do Voley Dumbría polo partido dos cadetes, que se xogaban afianzar a súa posición de privilexio ante o Oleiros, equipo co que estaba empatado na táboa. E responderon os dumbrieses cunha clara vitoria por 3-0 (25-16, 25-19, 25-22). O partido decantouse pola mellor recepción dos locais que permitíu atacar con claridade a diferenza deles que sufrían coa súa recepción e non eran capaces de armar bos ataques. O único set axustado foi o terceiro, no que despois de remontar, chegaron a un empate a 22, e os costeiros estiveron máis finos nos últimos puntos. Así, aseguran, case, unha praza no Campionato Galego.

Ademais, no resto da xornada, chegaron dúas derrotas dos infantís e das infantís do Manuela Rial ante os equipos de Oleiros cos seguintes resultados:

  • Infantil masculino: Manuela Rial - As Mariñas Oleiros 0-3 (10-25, 15-25, 14-25).
  • Infantil femenino: Manuela Rial - As Mariñas Oleiros 0-3 (19-25, 10-25, 8-25).

Vindeira xornada

Este sábado en A Coruña:

  • 12:00h - Cadete masculino: Sta Mª del Mar - Voleibol Dumbría.
  • 1615h - Infantil femenino: Zalaeta - Manuela Rial.

Crónicas da temporada

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).