Os Cadetes do Volei Dumbría case aseguran unha praza no Campionato Galego
Viña marcada a xornada do Voley Dumbría polo partido dos cadetes, que se xogaban afianzar a súa posición de privilexio ante o Oleiros, equipo co que estaba empatado na táboa. E responderon os dumbrieses cunha clara vitoria por 3-0 (25-16, 25-19, 25-22). O partido decantouse pola mellor recepción dos locais que permitíu atacar con claridade a diferenza deles que sufrían coa súa recepción e non eran capaces de armar bos ataques. O único set axustado foi o terceiro, no que despois de remontar, chegaron a un empate a 22, e os costeiros estiveron máis finos nos últimos puntos. Así, aseguran, case, unha praza no Campionato Galego.
Ademais, no resto da xornada, chegaron dúas derrotas dos infantís e das infantís do Manuela Rial ante os equipos de Oleiros cos seguintes resultados:
- Infantil masculino: Manuela Rial - As Mariñas Oleiros 0-3 (10-25, 15-25, 14-25).
- Infantil femenino: Manuela Rial - As Mariñas Oleiros 0-3 (19-25, 10-25, 8-25).
Vindeira xornada
Este sábado en A Coruña:
- 12:00h - Cadete masculino: Sta Mª del Mar - Voleibol Dumbría.
- 1615h - Infantil femenino: Zalaeta - Manuela Rial.
Crónicas da temporada
- As cadetes manteñen o tipo do Volei Dumbría.
- A Selección Galega de Volei, no Conco e con acento costeiro.
- Os Sénior do Volei Dumbría volveron de Lugo cunha vitoria ante un histórico.
- A gripe pode cos cadetes do Volei Dumbría.
- Os Sénior e os Cadetes manteñen o ritmo do Volei Dumbría.
- Os cadetes do Volei Dumbría seguen na loita.
- Os cadetes do Volei Dumbría seguen competindo cos mellores da Liga Galega.
- Mala xornada para os equipos femeninos do Volei Dumbría.
- A baixa de Manuel Marcote mingua o poderío do Volei Dumbría.
- Xornada curta e mala para o Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría tamén saben perder.
- 4 vitorias claras e unha derrota disputada para a familia do Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría estréanse en casa con vitoria.
- O Volei Dumbría segue sumando vitorias.
- Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría.
- Os equipos de base preparan o camiño para o histórico debut dos Sénior do Volei Dumbría.
- O Volei Dumbría estrea equipo Sénior.
- Un internacional e un título autonómico para a familia do Volei Dumbría.
- A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
- O equipo sub-17 do Volei Dumbría vence a 2ª proba do Campionato Galego.
- O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España.
- Un bronce con acento costeiro no Campionato de España de Seleccións de Voleibol.
- Un Campionato de España moi real para os 5 xogadores do Volei Dumbría.
Novas relacionadas
Fonte
- Volei Dumbría.
- Redacción de QPC ([email protected]).