Os cadetes do Volei Dumbría loitarán polo Campionato Galego na casa

Os mellores equipos galegos da categoría cadete, entre os que, por susposto, se atopa o Volei Dumbría, disputarán o vindeiro domingodo 11 de maio o Campionato Galego. A Fase Final masculina celebrase o domingo en Dumbría. Os catro equipos clasificados enfrontaranse no play off polo título cun sistema de enfrontamento directo que se resolverá nunha única xornada.
A organización do torneo masculino, corre a cargo do Voleibol Dumbría, e terá lugar o no pavillón municipal do Conco.

O equipo da Costa da Morte parte coa vantaxe de xogar como anfitrión e como líder da fase regular cunha única derrota no seu expediente, pero a competición rematou de forma moi igualada, cun único punto que os separa do Emevé Élide e tres do Calasancias Coruña, en terceira posición seguido polo Jealsa Boiro Voleibol, que rematou cuarto.

Todo pode ocorrer nos cruces que se celebrarán ás 11.00 horas e nos que se enfrentarán de forma simultánea Dumbría con Boiro e Emevé con Calasancias, ainda que o Dumbria e o Emeve parten coma favoritos.

Os gañadores pasarán a disputar a gran final ás 18.30 horas tras a pelexa polo bronce, prevista ás 16.30 horas.

Os novos campións cadetes poderán participar nos Campionatos de España da categoría que se celebrarán do 18 ao 22 de xuño en Castellón.

Novas relacionadas

Fonte