Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Manuela Rial, doble campión intercomarcal e segundo no Campionato Galego Infantil

O Manuela Rial, doble campión intercomarcal e segundo no Campionato Galego Infantil
Categorias inferiores do Manuela Rial

Dúas citas tivo a familia do Volei costeiro, e dúas importantes, cos peques no Campionato Intercomarcal, e os infantís acadando un meritorio segundo posto no Campionato Galego.

Os peques, campións intercomarcais

Alevin Masculino do Manuela Rial de Volei

Este domingo disputouse en Noia a derradeira xornada das ligas intercomarcais de voleibol nas categorias inferiores. O colexio Manuela Rial Mouzo acadou dous campionatos, alevin mixto e benxamín, e un subcampionato, o alevín femenino.

O alevíns venceron con claridade a Boiro en dous partidos e completaron unha liga sen coñecer a derrota como campións.
Os benxamins venceron nesta xornada a Ames A e Ames B e proclamaronse campions invictos da categoria. O outro equipo benxamin acabou en 5º posición.

Benxamins do Manuela Rial de Volei

Ademais, as alevíns disputaron tres partido nesta xornada, vencendo a Padrón e Boiro, e perdendo no partido decisivo para o 1º posición co equipo de Noia, a postre campiona da fase intercormacal desprazando ás nosas a segunda posición.

Alevin Feminino do Manuela Rial

Outro ano máis a canteira segue dando os seus froitos para o volebol costeiro. Estes equipos clasifícanse para o campionato galego a celebrar o 3 de maio nas categorías alevíns e benxamíns.

Os Infantís, segundos no Campionato Galego

O Manuela Rial acadou a medalla de prata nos Camp Galegos

O día 12 de abril disputouse en Boiro o Campionato Galego Infantil de Voleibol. E alá, como non, estaban os nosos representantes, que fixeron un gran papel, e tralo 4º posto dos Xuvenís, desta volta trouxeron unha medalla de prata.

A xornada comezaba coa primeira semifinal que enfrentaba o 2º clasificado da fase regular, o Manuela Rial Mouzo de Cee, enfrentándonse ó Burgas Volei e vencendo con máis facilidades ca na fase regular por 3-0; (25-15, 25-18, 25-20) conseguindo facerse un hoco na final.
Na outra semifinal o Boiro imponiase con claridade a un correoso Sta. María do Mar.

Boirenses e ceenses citábanse nunha final para a que A Cachada vestiría as súas mellores galas. Os numerosos siareiros que se congregaron nas bancadas verían como os locais levantarían a copa de campións galegos despois de 3 sets (13-25, 19-25, 13-25) e conseguían deste xeito un billete para o Campionato de España que se celebrará en Almería entro o 21 e o 25 de maio. O equipo do Manuela Rial só conseguía inquedar ao equipo de Boiro no 2º set , pero un saques certeiros fixeron decantar o marcador.

O papel do equipo ceense pode definirse co correcto en vista da clara superioridade do equipo local. Destacar o xogador Unai Larrañaga que foi que aguanto do equipo na naior parte do encontro. O final unha gran segunda posición en todo un campionato galego que fala ben do nivel do voleibol da Costa da Morte a nivel galego.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios