Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Volei Dumbría, 4º no Campionato Galego Xuvenil

O Volei Dumbría, 4º no Campionato Galego Xuvenil
Xuvenis do Volei Dumbria 4 no campionato Galego

Non puido o cadro dumbriés co potente Club Vigo no Campinato xuvenil galego de voleibol que se disputaba en Lugo a pasada fin de semana. Os costeiros caeron nas semis ante os vigueses, invitos na fase regular e a postre campións galegos, vendendo en tres sets a un Voleibol Dumbría que non deixou de pelexar en ningún momento.
Tras un comezo fulminante no que os olívicos os deixaron en 12 puntos, os da Costa da Morte repuxéronse para acurtar distancias no marcador durante o segundo parcial, que rematou 25 a 20 para os líderes. Xa no terceiro, o Club Vigo meteu a directa para certificar o seu pase á final no 25 a 16 co que remataba o partido.
Na outra semifinal vencia o Emeve de Lugo a Boiro.
A pelexa polo título foi un duelo de nivel entre os de Lugo e os de Vigo que decantouse nunha pelexada final para os de Vigo por 3-1.

Con este desenlace cumpríanse todas as predicións, quedando configurada a clasificación final de igual forma que durante a liga regular, co Club Vigo á fronte, o Emevé en segundo lugar e o bronce para o Jealsa Boiro Voleibol tras superar 3-1 (25-21 / 25-22 / 20-25 / 25-19) na final de consolación ao Dumbría Volei, na cuarta praza.

O Club Vigo Voleibol, como campión autonómico, representará a Galicia no Campionato de España Xuvenil Masculino, que se celebrará en Badaxoz do 30 de abril ao 4 de maio.

Todo o futuro por diante

Así e todo, cómpre sinalar que o equipo dumbries tiña a importante baixa dun receptor como David Redonda, e ademais o equipo esta formado por 4 xuvenís e só un deles de último ano o cal fai prever unha mellor calificación nos anos posteriores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios