Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo

Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo
Imaxe-do-Sorteo-da-Copa-da-Costa-2013

Apenas 15 clubes se presentaron onte para a importantísima reunión de cara a planificar a vindeira temporada no fútbol da Costa. Estas son as cousas que fan que o noso fútbol non medre, pois cando temos que planificar e propoñer non acodimos, pero logo nos queixamos das decisións que a Federación toma por nós.

En todo caso a sesión serviu para propoñer varias ideas á Federación. A máis destacada, a unificación das Ligas Xuvenís, pois carece de sentido seguir tendo dous grupos para logo realizar estas segundas fases con pouca intensidade e competitividade.

Ademais, a reunión falou da Copa da Costa, e acordou a unificación das entradas para este ano en todos os campos: 3€ agás 5€ para o día da final, que lembren é a partido único. Pero o máis importante, abriuse a porta para que a vindeira campaña non participen equipos da Preferente na competición, ao entender que desvirtúa o sentido da mesma.

Outro dos puntos importantes, dada a grave situación para coa Mutua, foi solicitar que o Hospital Virxe da Xunqueira consiga un acordo ca Mutua, e que non sexa obrigatorio ir ata o San Rafael da Coruña.

Ademais, os clubes pediron unha praza máis de ascenso á Liga Galega Infantil.

Así e todo, houbo clubes que nos enviaron as súas queixas ao non teren recibido a notificació da reunión, malia que o presidente da Asociación de Clubes de Fútbol da Costa da Morte aseguraba que a enviara.

Novas relacionadas

Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios