luns. 11.11.2024
El tiempo

Os equipos infantís dan alegrías ao volei costeiro

Os equipos infantís dan alegrías ao volei costeiro
Os infantís do Manuela Rial-Volei Dumbría están de líderes-Foto- Jorge Parri

As vitorias desta pasada fin de semana para a familia do volei costeiro foron para os equipos infantís do Manuela Rial. As chicas levaban tempo sen gañar e fixeron xogando ben e con superioridade tanto no saque coma na rede e venceron por 3-0 (25-18, 25-18, 25-14 ) a Boiro. Con esta vitoria afástanse dos postos de perigo da promoción e poden seguir mellorando sen a presión dos resultados.

Venceron tamen os líderes da categoria, o equipo infantil do Manuela Rial, ante o Boiro por 3-0 (25-21, 25-18, 25-18) que lles deu bastante guerra e só venceron os nosos polo súa veteranía nos momentos decisivos do set.

As derrotas foron do equipo xuvenil do Volei Dumbría ante Boiro 1-3 (23-25, 22-25, 25-22, 19-25) nun partido axustado e claras derrotas das cadetes ante Boiro por 0-3 (17-25, 17-25, 14 -25) e das infantís ante Pontevedra por 0-3 (16-25, 11-25, 19-25).

Vindeira cita

Este sabado un só partido, o das cadetes do Voleibol Dumbría ás 12:00 h en Pontevedra contra CV Pontevedra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios