mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os infantís do Manuela Rial seguen líderes invitos da Liga Galega de volei

Os infantís do Manuela Rial seguen líderes invitos da Liga Galega de volei

Esta fin de semana os representantes do voleibol da bisbarra desprazáronse ata Ourense para disputar unha nova xornada das Ligas Galegas.

A mellor nova foi a protagonizada polos infantís do Manuela Rial, que venceron con claridade ante o equipo local CV Ourense- Manuela Rial 0-3 (15-25 / 9-25 / 6-25). Con este resultado o equipo mantense líder da liga galega e sen coñocer a derrota.

No resto de encontros disputados os nosos non tiveron tanta sorte. As xuvenís do Voleibol Dumbría perderon por 3-1 (25-22 / 25-9 / 20-25 / 25-20); as infantís do Manuela Rial por 3-0 (25-14 / 27-25 / 25-23); as cadetes do Voleibol Dumbría por 3-0 (25-12 / 25-13/ 25-16) e o equipo Cadete Masculino de Voleibol Dumbría por 3-1 (20-25 / 25-14/ 25-18 / 25-19).
Iso si, a única derrota clara foi a das cadetes ante un equipo moi superior, pero no resto de categorías os partidos foron moi disputados.

Selección Galega

O pasado martes 1 de novembro, as seleccións galegas infantís tiveron unha cita para adestrar na Sagrada Familia da Coruña e 5 compoñentes do equipo de Volei do Manuela Rial participaron nese adestramento. A representante feminina foi de Izaskun Quinteiro e no masculino estiveron David Redonda, Manuel Marcote, Xavier Perez e Unai Larrañaga.

Partidos deste fin de semana

Este sábado 5 de novembro pola maña en Dumbría disputarase a 4º xornada con estes horarios:

  • Ás 10:00 - infantil masculino e femenino: Manuela Rial - Calasancias.
  • Ás 11:30 - cadete masculino e femenino: Voleibol Dumbría - Calasancias.
  • As 13:00 - xuvenil feminino: Voleibol Dumbría - Calasancias.

Novas relacionadas

Últimas Crónicas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios