Os máis pequenos do Piragüismo Dumbría, á auga en Tomiño
17:09 20/02/14
Arrinca a competición nas categorías máis pequenas, onde o CDM Piragüismo Dumbría é o actual Campión Galego. Cun grupo de 8 rapaces, o CDM Piragüismo Dumbría acude este fin de semán a Tomiño para participar na Copa Galega de Promoción de Slalom. A proba terá lugar o sábado no parque do Río da Pedra, i é a proba que ano tras ano ven inaugurando o calendario nas categorías máis novas.
Os de Dumbría viaxan con Marcos Sánchez e Jorge Quintáns coma as súas máis firmes opcións de medallas, ainda que tamén terán aspiracións o podium a berdeoguesa Lorena Costa, como xa demostrou na competición de Covas, ou Martín Fernandez, actual Subcampeón Galego benxamín.
O resto da expedición estará formada por Brais Sánchez, Xesús Cundíns, Paula Espasandín, Francisco Fernandez, e Mirian Pardiñas.
Antía Loira é baixa nos selectivos por enfermidade
Despois dunha boa primeira competición na vila francesa de Orthez para conseguir plaza no equipo nacional, onde rematou terceira na súa categoría de Sub-23, Antía non vai poder acudir á segunda proba que tería lugar este fin de semán en La Seu, a causa dunha infección vírán gástrica. Así pois, Iago Canosa vai ser o noso único representante nesta segunda manga , posto que é o único que, ainda que prácticamente non ten posibilidades, está no centro de La Seu, co que acudir á competición forma parte da súa preparación e do seu aprendizaxe. Marco Oreiro xa quedara na práctica sen posibilidades nesta primeira competición, polo que o club decidiu, na ausencia de Antía, non viaxar.Máis información
Novas relacionadas
- 5 palistas do Piragüismo Dumbría loitarán polas plazas para o Mundial de Slalom.
- Sorte dispar para os palistas dumbrieses na primeira proba da tempada.
- Arrinca en Portugal a tempada 2014 para un CDM Piraguismo Dumbría con caras novas.
- Un Piragüista dumbriés ao mellor centro de tecnificación de España.
- O Piragüismo Dumbría xa é Campión Galego.
- O Piragüismo Dumbría xa sobe a podios estatais.
- Dumbría acolleu outra gran proba de piragüismo.
- “O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago”.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Piragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.