Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os viquingos surfeiros galegos e asturianos tomaron Malpica

Os viquingos surfeiros galegos e asturianos tomaron Malpica

Tremenda a I Quedada Longboard Malpica. Iso de ver vikingos, paiasos e meigas subidos ás táboas de surf no medio da praia de Canido foi toda unha afrenta. Ducias de participantes galegos, e asturianos, fixeron as delicias nesta curiosa quedada lúdico-deportiva, na que os a irmandade entre as comunidades de long de Galicia e Asturies foi a protagonista.

Como non podía ser doutro xeito, a xornada tivo doble sesión: a deportiva, e a gastronómica. Tralo disfrute ao sol, cos disfraces postos, das pequenas olas da praia de Canido, os comensais sentáronse á mesa cunha gran paella e moita cervex galega e sidra asturiana.

Non había premios nin puntuacións, foi un evento sen animo de competición. O obxetivo principal era dar a coñecer a praia de Malpica e pasar un bo momento entre amigos. E abofé que o conseguiron!!

A festa non quedou aí e pola noite houbo festa no Bar Submarino xusto diante da praia, con concerto do grupo Hoochimamas que gustou moito e deleitou aos presentes con bo rock e funky acelerado moi surfeiro. Tamén houbo unha boa churrascada pra cen persoas que levaron o bandullo ben cheo.

Fonte e máis fotos

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios