Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ponte de derbis no fútbol sala costeiro

Ponte de derbis no fútbol sala costeiro

A longa ponte trouxo un par de derbis na Liga Provincial. E ante o parón invernal que se avecina, o mellor parado é o cadro esteirán de A Salina, que tras vencer ao filial do Fisober queda na 3ª posición empatado co 2º, o Viaxes Amarelle, pero lonxe do líder invito, O Pino.
Ademais, o Concello de Ponteceso FSF daba guerra ao filial vimiancés o pasado xoves nun partido aprazado, pero aínda non puido sumar os seus primeiros puntos da tempada. Podemos ver as dúas diferentes visións que nos enviaron os adestradores dun e doutro conxunto deste derbi que xa chegaba quente dende a denuncia do ano pasado por parte pontecesá porque unha xogadora vimiancese era demasiado nova (12 anos) ao que o Fisober respostaba cunha carta aberta en QPC.

Xa na Liga Autonómica, o Fisober manteñese líder en solitario despois de vencer o Guntín nunha tarde na que a falta de gol as privou dunha tarde máis prácida e cómoda. As Fran Toba e Iván Chans seguen implacables.

Liga Autonómica

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO“ – CONCELLO DE GUNTÍN (4-1).
  • FISOBER: Paula, Patri, Elsa, Ana e Olalla ; tamén xogaron : Nuria, Ylenia, Myrella, Barca, Noelia, Eva e Alba.
  • Goles: 1-0 Nuria, 1-1 Laura (descanso) 2-1 Alba, 3-1 Patri, 4-1 Nuria.

Comenzou o partido cos dous equipos tanteándose e con medo a arriscar. As locais levaban o peso do mesmo e as visitantes buscaban a contra. E así foi cando os tres minutos a visitante Laura poñía por primeira vez a proba a Paula. Solo un minuto despois desta vez Verónica se topaba novamente con Paula.
O Fisober tomou nota e comenzou o seu xogo. As ocasións ían caendo, primeiro foi Patri a que batía con Jessi. Os seis minutos Elsa non conectaba un inmellorable pase. E case de seguido era Nuria a que se topaba de novo con Jessi.
Pero ós 9 minutos Nuria non errou e nunha xogada individual facía o primeiro gol local. E case sen tempo a asimilalo de novo probaba fortuna dende lonxe e vía como o seu lanzamento batía co longueiro.
As visitantes respostaban cunha das súas poucas aproximacións pero Verónica vía como Paula moi segura atallaba. As locais seguían na busca de maior ventaxa e Myrella, despois Noelia e de novo Myrella non o conseguían. E nunha das poucas aproximacións visitantes unha falta de concentración nun saque de banda propicíou co lanzamento de Laura igualase o encontro os trece minutos.

Volta a empezar para as locais e Patri por partida doble seguía sin superar a Jessi. Unha Jessi que no minuto dezaseis sacaba dous balóns incribles primeiro de novo a Patri e despois no rexeite a Noelia. Antes do tempo de lecer Nuria gozou dunha nova oportunidade de gol, pero o electrónico non se moveu.

A segunda metade comenzou como a primeira cos dous equipos temerosos de que un erro botara por terra as súas opcións, cas locais dominando máis e as visitantes na búsqueda do contragolpe. Pero aos cinco minutos quen gozou dunha contra foi Fisober, e Alba completamente soa erraba o máis fácil. Unha Alba que case non permitiu que o erro constase en acta xa que na seguinte xogada unha nova contra desta vez si marcaba de forte disparo e voltaba a poñer por diante as locais. E sin tempo para recuperarse as visitantes os sete minutos Patri finalizaba unha gran xogada para o tres a un. Unha ventaxa que case incrementa Nuria solo un minuto despois.

Os minutos foron pasando ata que aproximándonos os trece Nuria se atopou ca súa opción e no man a man con Jessica ,a defensora da meta visitante neste tempo, definiu con tranquilidade por encima dela para o catro a un e senteciar o partido.
Barca quería facer o seu goliño pero non era quen, e Guntín respostou con dúas claras opcións para Laura e Noelia pero Eva solventou con seguridade.
Dende aquí ata o fin os equipos na busca de que os minutos pasaran, e ocasións de aumentar distancias para Patri e Noelia e unha final no último minuto para as visitantes.

Vindeira cita

Fisober visitará na vindeira semana Ourense para enfrontarse ao Cidade das Burgas e tentar rematar o ano como líder na última xornada antes do parón de Nadal.

Liga Provincial

  • Resultado: A SALINA – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” (6-0).
  • A SALINA ESTEIRO: Alicia, Inés, María, Uxía e Sandra ; tamén xogaron : Carmen, Leticia e Merche.
  • FISOBER B: Martina, Iria, María, Tamara e Inés; tamén xogaron: Mónica, Loly, Laura, Natalia e Cris.
  • Goles: 1-0: Uxía, 2-0: Merche, (descanso), 3-0: Uxía, 4-0 María, 5-0: Leticia, 6-0: Merche.
  • Comenzou máis forte do habitual o filial e xa ós dous minutos María probou un lanzamento a portería. As de Esteiro respostaron cun lanzamento de Uxía que atallou Martina e un de Inés que pasou a rentes do pau. Aos cinco minutos un erro no pase das visitantes propiciou que Uxía adiantara as súas no man a man con Martina. Non se veu abaixo coma outras veces o filial e a visitante Inés conectou con María que lanzou fora. A réplica foi para a capitana local Carmen pero Martina parou sin problemas.

    Mediada a primeira metade ía dispoñer de dúas boas ocasións o conxunto visitante por medio de Inés primeiro e despois de María. Esto debeu encender as locais que encadearon ocasións dende o minuto quince. Martina freou os lanzamentos de Merche ata en dúas ocasións. Pero os dezasete minutos despois dun saque de banda a favor de novo Merche non erra e fixo o segundo gol local.
    Pasou por malos momentos o filial do Fisober dende aquí ata o tempo de lecer, gozando de ocasións as locais Leticia, Merche, Uxía e María. A esto engadiuselle a lesión de Mónica que despois dun golpe non pudo continuar xogando o partido, pero do que xa está totalmente recuperada. Eso si entretanto tamén dispuxo da súa ocasión a visitante Iria pero a porteira local Alicia parou con seguridade.

    A segunda metade comenzou co filial de novo moi enchufado e unha conexión de Cris con Iria fixo intervir a porteira. E de novo unha recuperación de Iria puxo en moitos apuros a local Alicia. Respostou para as locais Merche pero Martina atallou en dous tempos. Os sete minutos unha falta lonxana lanzada por Iria creou moito perigo a meta local.
    O partido case quedou finiquitado os once minutos cando despois dunha xogada ensaiada de saque de esquina Uxía facía o tres a cero. E solo un minuto despois María o cuarto. Neste momento as do filial viñeronse un pouco abaixo e Uxía, Merche e Leticia gozaron de ocasións a contra para as locais.
    Aínda así un par de combinacións entre Inés e María buscaron un merecido gol da honra que non quixo entrar. E un par de faltas lanzadas por Iria tamén crearon certo desasosego as locais.

    Goles que si chegaron para as da Salina por medio de Leticia e despois dun saque de banda Merche facía o definitivo seis a cero.

    Liga Provincial

    • Resultado: FAME NEGRA F.S. - A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F (7-0)
    • A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Cristina, Ana, Alba e Martina. Tamén xogaron: Silvia, Rocío e María.

    O peor partido xogado polas pontecesanas ata o de agora o correspondente á 8º xornada da Liga Provincial. Acusaron moito as baixas de Carmen por lesión e Chris por motivos laborais, ademais tamén se está notando a falta de adestramento de xogadoras como Silvia.

    Comezaba xa mal o partido para as visitantes, posto que nos 2 primeiros minutos e nas dúas primeiras aproximacións das locais, Eva converteríaas en gol en dous fallos garrafales de Salomé que callo o seu peor partido desde fai moito tempo. O equipo pontecesán intentou refacerse pero estaba moi fallón na saída do balón, que ata, cunha pequena presión do equipo local, facía que as visitantes non fosen capaces de saír do seu campo co balón controlado.
    As pequenas dimensións da pista Carralesa, tiñan aparvadas ás visitantes, que ata nas xogadas a balón parado, que lles estaba dando os seus froitos nos últimos partidos, non eran capaces de realizalas. Antes do descanso e esta vez María porían o 3-0 no marcador co que se chegaría ao descanso.

    O segundo tempo comezaría como o primeiro, marcando Yessica dous goles seguidos case nas dúas primeiras aproximacións das locais. Desde ese momento parece que reaccionaron as visitantes nun par de chegadas por medio de Alba, Martina e Ana que fixeron lucirse á meta Carralesa. Pero estas ocasións quedaron en anécdota, posto que seguidamente Eva volvería marcar nunha xogada que dispara de lonxe Salomé trágase o tiro ao estar mal colocada.

    Partido para esquecer para o equipo pontecesán, agora a recapacitar estas tres semanas de descanso que teñen ata as próxima xornada de liga na que terán que mellorar e cambiar moitas cousas se queren seguir na senda ascendente.

    Liga Provincial

    • Resultado: A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F - F.S.F FISOBER "B" (4-11)
    • A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Cristina, Ana, Martina e Carmem. Tamén xogaron: Alba, Chris, Silvia, Rocío e Marta.
    • F.S.F FISOBER "B": Martina, Ana, Noelia, Myrella e Patricia . Tamén xogaron: Íria, Mónica, María, Tamara, Inés, Natalia e Laura.
    • Goles: 0-1.- Ana; 0-2.- Patricia; 1-2.- Alba; 2-2.- Carmen; 2-3.- Inés; 3-3.- Carmen; 3-4.- Myrella; 3-5.- Natalia; 3-6.- Myrella; 4-6.- Cris Santos: 4-7.- Cris Santos (pp); 4-8.- Patricia; 4-9.- Ana; 4-10.- Patricia; 4-11.- Inés.

    Crónica do Ponteceso FSF

    Partido correspondente á 2º xornada da Liga Provincial Feminina da Coruña, que se disputou na tarde do xoves 8 de decembro. O Fisober desprazouse a terras pontecesás coa obsesión de gañar o partido, para iso convocou para este encontro a dúas das mellores xogadoras do seu primeiro equipo de liga autonómica, Ana Mouzo (2 goles) e Patricia Romaní (3 goles), as cales nunca xogaran antes co equipo filial, e neste partido tiveron que permanecer en pista máis de 40 minutos cada unha polas dificultades que lles puxeron as xogadoras do equipo local. Ademais delas tamén desprazaron a outras dúas asíduas do equipo de autonómica, Myrella (2 goles) e Noelia.

    As primeiras accións do partido estiveron repartidas en ambas as porterías con ocasións de gol para os dous equipos, ata que Ana e pouco despois Patri adiantaron ás visitantes. Nunca máis lonxe de renderse, as locais aumentaron a súa presión e froito desta reduciron distancias no marcador por medio de Alba, que logo dun roubo de balón a Íria (ex xogadora do equipo local) definiría á perfección ante Martina, aos poucos minutos sería Carmen que, nunha boa contra, levarías as táboas ao electrónico.

    O Municipal de Ponteceso, cuns 100 espectadores, viña abaixo co empate das locais. Era un partido bonito de ida e volta, e nunha desas ocasións Inés adiantaría de novo ás visitantes.
    Nos últimos minutos desta parte, as locais adiantaron as súas liñas para presionar a toda a pista e intentar a igualada que llagaría a falta de 15 segundos para o asubío. As visitantes intentan saír co balón contralado desde atrás por medio de Mónica ( outra ex xogadora local) e Carmen moi pilla róuballe o balón e define ante Martina case sen ángulo, levando outra vez a alegría á gran afección local que non parou nin un instante de animar ao seu equipo. Con esta xogada chegaríase ao descanso.

    Comezou a segunda parte igual que a primeira, coa diferenza que as tres primeiras ocasións das visitantes traduciríanse en gol, Myrella en dúas ocasións e Natalia, porían o 3 a 6 no luminoso. Lonxe de engurrarse, as locais volvéronse a envorcar ao ataque e Cris Santos, nun rexeite de Martina, marcaría o cuarto para as locais, e na xogada seguinte, a punto estivo Ana de marcar o 5-6 nun tiro cruzado.
    Estabamos no minuto 12 desta segunda parte cando ocorreu a xogada crave do partido, estando a local Carmen co balón controlado de costas no lateral da pista, cando recibe unha dura e innecesaria entrada por detrás que acaba con ela no hospital e cunha baixa deportiva de polo menos 6 semanas. Destacar que, esta xogadora estaba sendo o alicerce fundamental do ataque local, con dous goles e participando en case todas as xogadas de perigo locais.

    Logo de renovarse o partido e con esta xogadora camiño do hospital, no minuto 17, a mala sorte cebaríase coas locais en forma de gol en propia porta ao impactar en Cris Santos un rexeite do poste. Nos seguintes 7 minutos ata o final, as locais viñeron abaixo ante esta mala sorte en forma de lesión e rexeites, e recibiron 4 goles por medio de Patricia (2), Ana e Inés.

    Crónica do Fisober

    O filial do Fisober conseguío este xoves na visita a Ponteceso no derbi, a primeira victoria da tempada en partido aprazado da segunda xornada, un partido que viña marcado polas circunstancias que rodearon o enfrontamento da tempada pasada, cando dende Ponteceso decidiron denunciar o Fisober por xogar cunha xogadora demasiado nova. Tantas gañas tiña o filial de levarse o triunfo que xogou preso da ansiedade e dos nervios na primeira metade. A primeira ocasión non chegou ata os seis minutos por medio de Patri que ata en dúas ocasións errou ante Salomé.
    Pero só un minuto despois era Ana a que abría o marcador para as visitantes. A resposta do Ponteceso non se fixo esperar e a porteira visitante Martina tocaba o suficiente para que Carmen non conseguise a igualada. E o filial facía na xogada seguinte o 0 a 2 por mediación de Patri. Aínda así o xogo das do Fisober non era todo o fluido que debería.

    Un erro na saída do balón das do filial propiciou que a local Ana encarara a Martina para o 1 a 2. O Fisober dominaba o partido pero seguía sin facer un xogo fluido. No minuto 16 Iria tiña opción de marcar ante o seu ex equipo e aumentar diferencias. E aproveitando outro erro atrás das do filial Carmen conseguía a igualada no minuto 18. O Fisober buscaba de novo poñerse por diante e María tivo a opción pero non o logrou. E a piques estiveron as locais de aumentar a sorpresa e adiantarse no electrónico.
    No minuto 21 Inés facía o 2-3 para as de Fisober. Pero as do filial seguían querendo darlle emoción o partido e regalaban o balón a Carmen para que igualara a segundos para o tempo de lecer.

    A segunda metade foi outra historia e xa os dous minutos Myrella poñía o 3-4 no tanteador. Os catro era Natalia a que poñia dous goles de vantaxe. E solo un minuto despois Myrella dispuña da opción de aumentar as diferencias, algo que si logrou na seguinte opción.
    Pero os erros atrás do Fisober seguían e voltaba a regalar un gol despois de facerse un inexplicable lio no área desta vez a Cris para o 4 a 6. A altura do minuto dez da segunda metade Noelia desperdiciaba a súa mellor ocasión de conseguir un gol.
    No minuto doce despois un disparo de Ana rexeita na local Cris quen marca en propia porta para o 4 a 7. E nese mesmo minuto Patri marcaba o oitavo para seu equipo. A mesma Patri os catorce minutos tivo preto un novo gol seu.

    O noveno chegou por medio de Ana os quince minutos. Dende aquí foi aínda máis palpable a permisividade arbitral que deixaba pegar todo o que querían as locais e pitaba falta calquer contacto visitante. O décimo foi obra de Patri e o undécimo por medio de Inés a solo tres para o fin.

    Vindeiras citas da Liga Provincial

    As rapazas do Fisober B xa chegan o parón de Nadal debido a que este fin de semana lles toca descansar e non volverán a disputar partido oficial ata xaneiro, pero chegan deixando un bo sabor de boca despois deste último partido e mellorando a imaxe do fin de semana pasado.

    Pola súa banda, o proximo partido do Concello de Ponteceso FSF tampouco será ata o próximo día 7 de xaneiro contra o Mabegondo, posto que a próxima semana tócalle descansar e haberá un parón na liga de dúas semanas polas festas do Nadal.

    Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba, e do Concello de Ponteceso FSF da man de Barca.

Comentarios