Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carta aberta do Fisober: “Compañerismo, solidariedade, fútbol, Costa da Morte. Non acabaremos nunca”

Carta aberta do Fisober: “Compañerismo, solidariedade, fútbol, Costa da Morte. Non acabaremos nunca”
O sábado xogabase un derbi na Costa da Morte entre o Fisober B e o Concello de Ponteceso na Liga Provincial de fútbol sala femenina. Colegueo entre adestradores, amizade entre as xogadoras de ambos equipos,. Todo perfecto ata que o adestrador do Concello de Ponteceso ó remate da primeira parte e co resultado de 3-0 a favor do Fisober, solicítalle ós árbitros unha revisión de fichas xa que cree que a xogadora Nº4 non ten licencia para competir en Liga senior. O adestrador do Ponteceso ben sabe, por boca dos adestradores do Fisober, que a xogadora Nª 4 non ten ficha xa que é moi pequena (12 anos) para xogar na Liga Senior. Si, si, o que están leendo É MOI PEQUENA e por eso nos denuncian. Lévase disputada case que ¾ de Liga. Na primeira volta os adestradores do Fisober falaron cos equipos rivais e contáronlle o caso da xogadora Nº 4: “Mira, tedes algún problema en que xogue esta rapaza, é infantil de 1º ano e nos non temos equipo de infantís", polo tanto a única maneira de que xogue algo é co equipo senior". Nunca puxeron ningún impedimento, nin o 1º clasificado nin o último e tampouco o Concello de Ponteceso, é máis, algún equipo como A Fervenza de Narón contestounos “Eso no hace falta ni que se pregunte, de lo que se trata es de que jueguen las niñas”. Pois si, resulta que o único equipo que nos denuncia son os nosos veciños e “AMIGOS” do Concello de Ponteceso, penúltimos clasificados con 3 vitorias e 16 derrotas, 12 goles a favor e 87 en contra. O Ponteceso está no seu dereito a denunciar, ten toda a razón xa que o Fisober cometeu unha irregularidade. O que non sei é si esta no seu deber, eu creo que non, o que consigue con esta denuncia é ter tres puntos máis (12 en total), 3 goles máis a favor e 5 menos en contra. A posición que ocupa na clasificación non se ve alterada xa que non sobe nin baixa ningún posto, pero o que si se ve alterado é a sua relación co Fisober que pasa a ser inexistente. No Fisober sempre tivemos claro que a finalidade no deporte é inculcar certos valores ás rapazas, como poden ser esforzo, eduación, respeto e neste caso que nos atañe compañerismo e solidaridade, preguntome eu cales son os obxetivos do Ponteceso ademais de facer deporte, esta claro que o compañerismo e a solidariedade non o son, competir creo que tampouco xa que os tres puntos que son o de menos os van a conseguir nos despachos. Desde o 2 de setembro do 2004, data na que naceu o Fisober, podémonos sentir orgullosos de ir facendo amizades polas pistas de toda a provincia da Coruña e desde o ano pasado tamén polas pistas de toda Galicia, nunca tivemos un só problema con ningún equipo. Aprazáronse partidos, cambiáronse horarios, gañáronse e perdéronse finais e a deportividade sempre estivo presente. Pero cando menos o esperas voltas á realidade e daste conta na zona do mundo na que vives. Unha frase moi famosa no mundo do fútbol di: "o fútbol é asi". Nós poderiámola cambiar e dicir: "No fútbol da costa somos así, e así nos vai". Cada un que saque as suas propias conclusións.
  • Fran Toba Suárez. Presidente do Fisober C. Vimianzo.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios