sábado. 15.03.2025
El tiempo

Ponteceso e Zas preparan as súas Carreiras

Ponteceso e Zas preparan as súas Carreiras

Trala cita vimiancesa, dúas probas están no horizonte. As estradas da Costa da Morte están cheas de atletas que andan preparando as carreiras do Circuito de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” e mais as do Circuito Provincial. Agora toca pensar en Ponteceso e en Zas.

Carreira en Ponteceso

Carreira Pedestre ponteceso 2014

Se ben a Carreira pontecesá non entra nos circuitos segue sendo unha proba fantásrtica para seguir preparando o verán. E xa están abertas as inscricións online a través de www.carreirasgalegas.com para a Carreira de Ponteceso.

A cita será o domingo 18 de maio, e percorrerá o sendeiro PG-R 148 entre Ponteceso e a Praia de Valarés.

Carreira en Zas

O vindeiro 1 de xuño vai ter lugar a 1ª Carreira Pedestre Concello de Zas, que forma parte do Circuito de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte. Dende Pitufos ata Veteranos poderán correr polas rúas da vila soneirá.

Xa podes ir formalizando as Inscricións en www.concellodezas.org e na plataforma www.championchipnorte.com.

Carreira Popular de Zas 2014

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios