xoves. 14.11.2024
El tiempo

Preferente: Mala xornada con estrea

Preferente: Mala xornada con estrea

Non foi a máis positiva para os nosos esta 12ª xornada da Preferente. Dúas derrotas e un empate é o balance, na fin de semana na que re-debutaba Manolito á fronte do Soneira. Un Manolito, actual director deportivo do clube, que xa fora adestrador varios anos do equipo, e que colle o relevo de Felipe Candamo, pero que se estreou con derrota na casa ante o Residencia, un equipo da súa liga por evitar o descenso. Queda precisamente o equipo soneirán ao fío dos postos de descenso, con 9 puntos, 1 máis que San Tirso e Lemos, e 2 máis que o Narón.

Na zona media alta seguen XSC e Dumbría a pesar dos malos resultados. Os xalleiros volvían de baleiro de Ribadeo, no que era un partido chave para meterse na loita polo ascenso. Pero con esta vitoria, o Ribadeo queda 2º xa con 5 puntos sobre o equipo xalleiro. Un puntiño por debaixo do XSC queda o Dumbría tras deixarse empatar no desconto e na casa ante o Riveira, nun partido que podería ter metido ben arriba ao equipo de Canosa.

Soneira - Residencia (0-2)

Soneira ante o Residencia-Foto-Oscar Santos
  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Fran de Urroa (Leo, min.67), Sito (Quilmes, min.64), Maikel, Baba, De La Sierra, Richi (Chans, min.79), Riki (Cristian Figueroa, min.59), Javi e Basti.
  • Goles: 0-1, min,60; 0-2, min.84.
  • Expulsión: o local Javi (min.87) por doble cartón amarelo.

Non foi boa a estrea de Manolito, e iso que comezou facendo unha boa primeira metade, chegando mesmo con perigo. Pero Basti, Baba e Pichi non acertaron e o colexiado anulou ata dous goles por supostos fóra de xogo.

Na segunda metade cambiou o conto, e o Residencia veuse algo máis arriba. Así e todo, o acerto foi fundamental para que o Residencia levara os puntos do Municipal. Primeira chegada á hora de partido e primeiro gol visitante. Doeu o gol e malia virse arriba cos cambios o cadro visitante sentenciou á contra.

C.F. Dumbría - Atl. Riveira (1-1)

  • DUMBRÍA: Julián, Tantán (Jesús, min.75), David, Aarón Fdez., Pablo Conde (José, min.20), Doro, Jota, Adrián Nieto (Adrian Makaay, min.62), Iago (Rivi, min.65), Luisito (Dani Casal, min.78).
  • Goles: 1-0, min.25: Doro; 1-1, min.93.
  • Lesión: o dumbriés Pablo Conde.

Dous puntos deixouse o Dumbría despois de estar unha de xogo por diante e ter suficientes ocasións de gol para ter sentenciado. Pero no desconto o Riveira conseguiu un empate que parece demasiado premio para o visto no campo.

Comezou o Riveira avisando e Pablo Conde, antes de caer lesionado, salvou unha acción baixo paus. Pouco a pouco os de Canosa ían facéndose co dominio ata que Doro abría o marcador no ecuador da primeira.

Seguía mandando o cadro local tralo descanso. Doro nada máis comezar, e Adrián Makaay tiveron sendas ocasións, pero non acertaron a sentenciar. E cando o partido esmorecía, xa pasados 3 dos 90 regulamentarios, un balón colgado á area, unha serie de despropósitos á hora de despexar, un balón morto e un fusilamento por parte dun xogador visitante deixaban ao Dumbría sen 2 importantes puntos.

Ribadeo - Xallas StComba (2-1)

Comentarios