Preferente: Sorte dispar
09:10 23/04/12
Foi a sorte clave nesta fin de semana para decantar os choques dos nosos 4 equipos da Preferente. A boa para uns e a mala para outros. O Dumbría era o único que conseguía os 3 puntos contando cunha pizca de fortuna ante o Xove. Fortuna que non tivo o Xallas, que tras dominar boa parte do encontro ante o Santiago, volvei de baleiro.
O Soneira pode dar por bo o punto ante O Val, mentres que Santa Comba perde fol
tras caer inmerecidamente ante un dos de abaixo, facendo ademais fraco favor aos veciños.
Así, Dumbría, Soneira e Xallas non poden despistarse pois os 3 postos de descenso poden convertirse en 5 e ata 6 por mor dos arrastres, e só hai 2 puntos de diferencia agora entre o Santiago (5 por abaixo) e o Soneira. O Xallas ten 2 puntos máis que o Soneira o Dumbría 4.
Soneira - O Val (1-1)
- SONEIRA: Durán, Pablo, Ferreiro, Vecino, Martín, Santi, Mayor (Javi, min.70), Iago, Kike (Pichi, min.53), Brais (Míchel, min.83) e Vía.
- Goles: 1-0, min.20: Mayor, de falta; 1-1, min.48.
Santiago - Xallas (1-0)
- XALLAS: Cheli, Isma, Iván, Becerra (Óscar, min.79), Rubio, Ricardo (Alemán, min.60), Rubén Forjan, Brais, Sebas, Luís, Alexandre.
- Gol: 1-0, min.29.
Xove Lago - Dumbría (1-2)
- DUMBRÍA: Juan Purrúa, Tantán, Ismael (Riki, min.55), Iván, Aarón Fdez. Aarón López, Luisete, Luisito (Cacho, min.75), Iago, Leo (Cote, min.83), Eloy.
- Goles: 0-1, min.15: Leo; 1-1, min.53; 1-2, min.85: Aarón López tras uns rexeites a un córner.
Santa Comba - Viveiro (2-3)
- SANTA COMBA: Pablo, Gelo (Orlando, min.16), Agustín, Angelo, Roberto Amoedo, Jota (Dario, min.77), Doro, Mon (Chinda, min.53), Noli, Julián, Pablo Baña (Óscar, min.85).
- Goles: 0-1, min.3: de falta directa; 0-2, min.10; 1-2, min.38: Doro tras unha interna pola banda; 1-3, min.49; 2-3, min.85: Doro a bocajarro
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
- Un Mar de Paixón: Un proxecto…, xa traxecto.
- Alberto Pose: Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón.
- QPC MOTOR: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- A Esteirana Cadete abre o camiño para conquistar o título provincial de FS.
- O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2012.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).