sábado. 14.12.2024
El tiempo

Preferente: Un por arriba, un por abaixo e dous na zona media

Preferente: Un por arriba, un por abaixo e dous na zona media

Repartidos temos aos equipos da Costa nesta Preferente trala disputa da xornada 15. Por arriba segue o Santa Comba, que xa gaña por inercia. Por abaixo mantense o Soneira, que segue sen sorte e este domingo perdeu tras un encontro no que mereceu gañar con solvencia. E pola zona media, Dumbría e Xallas, que empataban nun intenso e bonito derbi en Fontenla.

Xallas - Dumbría (1-1)

  • XALLAS: Cheli, Ismael, Iván, Rubio, Martín, Ricardo (Álvato Cancela, min.83), Rubén, Brais, Adrián Beiroa, Luís (Adrián Prol, min.73), Alexandre (Iván Amor, min.80), David.
  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, Tantán, Ismael, Suso (Poyo, min.79), Aarón Fdez., Aarón López, Adrián Mackaay, Eloy (Riki, min.89), Iago, Schuster (Toni, min.68), Luisito (Piri, min.68).
  • Goles: 0-1, min.43: Luisito nunha contra tras un despexe de puños de Juan Purrúa e levada por Iago; 1-1, min.68: Rubén Forján cun centro chut que acabou na escuadra.

Partido moi igualado, moi bonito, ben xogado por ambos bandos no que o empate foi o resultado máis xusto. Na primeira metade o Dumbría, que marchou por diante aos vestiarios cun gol de Luís ao fío do descanso, estivo máis metido e chegou con algo máis de profundidade, se ben as alternativas no xogo e nas ocasións foron constantes.
No segundo tempo empurrou máis o Xallas, tampouco sen agobiar á defensa dumbriesa. Foi Rubén Forján, cun centro chut que se envelenou e se colou pola escuadra de Juan Purrúa, quen empatou. Tiña máis posesión o cadro de Iván Cancela, pero non deu a sensación de romper a igualada.

Soneira - Chantada (1-2)

  • SONEIRA: Pose, Manuel (Iago, min.75), Ferreiro, Vecino, Pablo, Santi, Víctor García, Michel, Brais (Modesto, min.65), Mario (Kike, min.60), Vía Rápida.
  • Goles: 1-0, min.60: Ferreiro; 1-1, min.75; 1-2, min.92.
  • Expulsión: Vecino no min.75.

A mala sorte segue sendo o habitual aliado deste Soneira este curso. No encontro de onte, tras un bo partido dos de Miguel, dúas xogadas desgraciadas contra o final botaron ao traste co traballo de todo choque, dando demasiado castigo para o visto no terreo de xogo.

I é que o Soneira tivo o partido controlado ata o final, con bo xogo e seguridade atrás. Ata con ocasións moi claras, como unha de Brais e outra de Víctor García que sacou un defensa baixo paos, ou outra de Vía Rápida que non soubo definir diante do porteiro.

Pero o partido tivo unha xogada clave. A falta de 15 minutos, Víctor Vecino facía unha falta dubidosa que acaba coa súa expulsión, e na mesma falta empataba o Chantada. O cadro soneirán quedaba con 10 a falta de 15 minutos, e aguantou pero xa pasados 2 minutos dos 90 regulamentarios, o Chantada fixo o 1-2 definitivo que afunde ao cadro vimiancés.

A semana que vén toca unha finalísima co Foz.

S.de Compostela - Santa Comba (0-1)

  • SANTA COMBA: Diego, Chinda, Baña, Roberto, Angelo (Oscar, min.55), Jota, Doro, Toni (José Angel, min.67), Noli (Gáalvez, min.73), Julián, Colón (David Blanco, min.55).
  • Gol: 0-1, min.72: Roberto Amoedo de cabeza nunha falta lateral de José Ángel.

Non foi o mellor partido do Santa Comba, pero este Santa Comba xa case nin dsofre para gañar. A pesar da incertidume do marcador, en ningún momento parecía que o Santiago conseguiría empatar. Porque a posesión tiña cor laranxa, malia que non houbo demasiada intensidade e as chegadas non eran con demasiada claridade. De feito, tivo que chegar de falta o gol xalleiro, sendo tan só o 2º gol a balón parado en toda a Liga.

A única ocasión dos locais chegou tras unha cesión de Doro ao porteiro que quedou parado pola alta herba natural. Iso si, cómpre apuntar o partidazo de Roberto Amoedo, que como ben nos contaba Miguel Albo Lestegas dende a Mariña lucense, está aa ser unha peza fundamental neste Barça Comba.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios