Previa: 3 días de #fútboldacosta
          
- Imos actualizando resultados do venres e sánado en www.futboldacosta.com e nos Cadros da Copa da Costa 2012.
 
Segue a Copa facendo que as fins de semana estean invadidas polo fútbol. Partidos o venres ás 21:00h, sábado mañá e tarde, domingo mañá e tarde... Nada menos que 76 partidos do #futboldacosta esta fin de semana....
E comezamos a previa pola Preferente, onde Dumbría pode facerlle un gran favor aos seus veciños do Xallas e do Soneira se vence esta moite en Santiago. Entrementres os verdes recibirán a un intratable líder que xa pode relaxarse tras certificar o ascenso a semana pasada, e o Soneira terá un chque vital na casa ante o pechacancelas.
Na 1ª, o Ponteceso poderá certificar a súa permanencia se vence ao Victoria.
A xornada na Liga da Costa segue con dous focos: a loita pola 3ª praza e o descenso. As dúas loitas viviranse no Cairo, cun Corme que pode certificar a súa praza, pero en fronte terá a un Nantón que precisa a vitoria se non quere dicir adeus á categoría. Os cabaneses dependen ademais do Zas, que visita Esteiro. Ademais, o Fisterra-Muros será moi bonito e o Malpica non quere descolgarse.
Na 3ª segue a loita por entrar no playoff. E a xornada parte con vantaxe para o Cerqueda, tras coñecerse no Parte de sancións que o seu recurso ante o Xaviña foi adiante. Os malpicáns teñen agora 4 puntos co Coristanco, o equipo que queda polo de agora fóra dos postos que dan acceso, e que esta semana se xoga todo co Volantes nun choque de alta tensión. O Cabana-Outes será moi bonito tamén, con dous equipos que non se xogan nada pero que veñen de facer sendos temporadones.
En Xuvenís o Baio terá que superar ao Malpica, que parece o máis forte, mentres que Cee e Dumbría B terán que seguir gañando para manter opcións de cara a última xornada.
E xa Copa da Costa, a volta dos Dezaseisavos chega algo insulsa, unha vez que son poucos os equipos con ilusión, i é que xa ha varias eliminatorias xa solventadas na ida, e moitos equipos teñen atención na Liga.
Preferente, xornada 35
| Santiago | 04/05 - 21:00 | Dumbría | 
| Xallas | 05/05 - 18:00 | Compostela | 
| Soneira | 06/05 - 16:30 | Foz | 
| Grixoa | 06/05 - 17:00 | Santa Comba | 
1ª Autonómica, xornada 33
| Víctoria | 06/05 - 17:00 | Ponteceso | 
| Cee | 06/05 - 17:00 | Sada | 
2ª Autonómica, xornada 33
| Corme | 06/05 - 16:45 | Nantón | 
| Dumbría B | 06/05 - 17:00 | Buño | 
| Esteirana | 06/05 - 17:00 | Zas | 
| Fisterra | 06/05 - 17:00 | Muros | 
| Malpica | 06/05 - 17:00 | San Lorenzo | 
| Club do Mar | 06/05 - 17:00 | Mazaricos | 
| Sofán | 06/05 - 17:00 | Castriz | 
| Baio | 06/05 - 17:00 | O Pindo | 
| Camariñas | 06/05 - 18:00 | Corcubión | 
3ª Autonómica, xornada 37
| Laxe | 05/05 - 16:00 | Alcaián | 
| Atl. Pereiriña | 05/05 - 18:00 | Montelouro | 
| Camelle | 06/05 - 11:30 | Soneira B | 
| Xaviña | 06/05 - 15:30 | Porteño | 
| Lira | 06/05 - 16:00 | Cerqueda | 
| Carnota | 06/05 - 17:00 | Indep. Carballo | 
| Coristanco | 06/05 - 17:00 | Volantes | 
| Muxía | 06/05 - 17:30 | Corcoesto | 
| Cabana | 06/05 - 18:00 | Outes | 
Copa da Costa, volta dos Dezaseisavos
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 13
| Baio | 04/05 - 20:00 | Malpica | 
| Dumbría B | 05/05 - 11:30 | Corcubión | 
| Soneira | 05/05 - 18:00 | Cee | 
| Santa Comba | 3-1 | Camariñas | 
Copa da Costa Xuvenil, ida das Semis
2ª Cadete, xornada 33
| Ponteceso | 04/05 - 18:00 | Camariñas | 
| Dumbría | 04/05 - 19:15 | Cabana | 
| Muxía | 05/05 - 10:30 | Zas | 
| Fisterra | 05/05 - 10:30 | Outes | 
| Esteirana | 05/05 - 10:30 | Cee | 
| Coristanco | 05/05 - 10:30 | Muros | 
| Baio | 05/05 - 11:30 | Santa Comba | 
| Porteño | 05/05 - 12:00 | Soneira | 
2ª Infantil, xornada 33
| Coristanco | 05/05 - 18:00 | Dumbría | 
| E.M.F. Vimianzo | 05/05 - 20:00 | Baio | 
| Con. de Carnota | 06/05 - 10:30 | Corme | 
| Esteirana | 06/05 - 10:30 | As Baleas | 
| Fisterra | 06/05 - 10:30 | Cee | 
| Cabana | 06/05 - 10:30 | E.D. Os Miudos | 
| Outes | 06/05 - 10:30 | Santa Comba | 
| Ponteceso | 06/05 - 12:00 | Muxía | 
Copa da Costa de Veteranos
XXV Maratón Copa Fútbol Sala Cee
Esta  fin de semana do 5 e 6 de maio de 2012 disputarase no Pavillón Municipal de Cee a XXV edición da Copa-Maratón de Fútbol Sala organizada polo Concello de Cee e pola A.D.C. Brens. Neste torneo participarán os 20 equipos que competiron na Liga de Fútbol Sala Sénior de Cee 2011-2012 (outubro 2011-abril 2012).
O horario de comezo será ás 15.00 horas do sábado 5 e rematará o domingo 6: 3º-4º posto ás 20.00 horas e a final ás 21.00 horas. Posteriormente farase a entrega de trofeos do propio maratón así como os da liga regular.
Tenis de mesa
Despois de 2 semanas de parón (campionatos nacionais escolares e veteranos) volve a competición das ligas galegas. Este fin de semana os equipos da bisbarra na casa, no ximnasio do CPI de Zas. E con encontros importantes en 2ª galega, donde os dous equipos deben conseguir a vitoria para que o Concello de Zas Angepon quede na categoría:
En 2ª galega grupo norte (domingo 6 de maio ás 11:00h):
- Anorthosis Vimianzo - Breogán Oleiros "C"
 - Concello de Zas Angepon - Hípica Coruña
 
En 3ª galega grupo noroeste (última xornada - sábado 5 de maio ás 17:00h)
- Concello de Zas P Tívoli - Cambre Promesas
 
Máis información
Crónicas da semana
- Parte de sancións, problemas cos horarios e reunión informativa sobre os seguros.
 - Fases Xuvenís: Todo para o final.
 - Copa da Costa: Xornada sen tensión.
 - 3ª Autonómica: Carnota e Outes certifican o ascenso e segue a loita pola 6ª praza.
 - 2ª Autonómica e Copa: Unha Copa que manipula unha Liga aínda viva.
 - Preferente: Coa salvación na man.
 - 1ª Autonómica: O Ponteceso rubrica a permanencia.
 - Resultados dunha fin de semana intensa de #futboldacosta.
 
Máis novas
- Alberto Pose: Alberto Pose: Dous ascensos decididos e moito por decidir e reflexionar.
 - Un Mar de Paixón: Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
 - A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
 
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).