Venres. 29.03.2024
El tiempo

Copa da Costa: Xornada sen tensión

Copa da Costa: Xornada sen tensión

Ida dos Dezaseisavos e xa cansa a #copadacosta da que xa podedes ver o Cadro. Tras varios días de xornadas maratonianas moitos equipos afrontaron esta xornada como adestramento e sen tensión e son poucos os que amosan ilusión por un título sempre codiciado.
E seguimos denunciando que este ritmo de partidos non é bo para ninguén. Ademais de cansar a moitos equipos desvirtúa competicións, pois se o pasado domingo houbo equipos que se reservaron para a Copa, onte houbo outros tantos con aínda cousas pendentes na Liga que xogaron por compromiso.

A xornada deparou varias sopresas, e o segundo clasificado para Oitavos trala renuncia do Muxía que deu o pase ao Zas. O Carnota agarda rivalm que pode ser un sorprendente Buño que facía dano ao Xallas.

E o vaiven de partidos deixa un triple Nantón-Corme con moito en xogo para ambos equipos, como se da Champions se tratase.

Corcubión - San Lorenzo (1-5)

  • CORCUBIÓN: Andrés, Gabriel, Sancho, José María (Sergio, min.88), José Atalaya, Lema, Papi, Edu, Adrián (Iván, min.70), Mario, Lourido.
  • SAN LORENZO: Recarey, Santi, Dubra (Jorge, min.60), Quillo, Puñal, Antonio (Adrián, min.46), Cachizo, Fuentefría, Javi (Gabri, min.65), Chucho (Anxo, min.46), Marcos Bartolo.
  • Goles: 0-1, min.1: Marcos Bartolo; 0-2, min.20: Chucho nun córner; 0-3, min.35: Marcos Bartolo; 1-3, min.50: Lourido de cabeza; 1-4, min.65: Marcos Bartolo; 1-5, min.80: Cachizo nunha contra.
  • A favor de vento os de Verdillo sentenciaron na primeira metade ante un Corcubión despistado. Así e todo a superioridade visitante non foi tan clara como indica o marcador final pero os de Trucho aproveitaron moi ben as súas ocasións e contaron cun inspirado Marcos Bartolo, que entre o seu hat trick asinou un golazo tremendo ao Roberto Carlos.

    Baio - Camariñas (0-4)

    • BAIO: Manuel, Matías, Ramón, Mario, Pablo, Fachal, Eloy (Rubio, min.70), Alberto, Bieito, Martín, Javi Suárez.
    • CAMARIÑAS: Pombo, Alberto, Roi (Sergio, min.80), Maikel, Diango, Moriño, David (Adrián, min,77), Juan oBello, Bris, Carlos (Yuyo, min.62), Javi (Paco, min.67).
    • Goles: 0-1, min.55: Carlos de cabeza; 0-2, min.66: Javi á media volta; 0-3, min.71: Juan oBello de falta directa; 0-4, min.86: en propia meta tras un centro de Adrián.
    • Lesión: o camariñán Carlos quedou mareado tras un golpe na cabeza co porteiro no gol e acabou no Hospital.

    Non reflicte o marcador o visto no campo sobre todo tras unha primeira metade na que os baieses foron superiores. Martín e Javi Suárez probaron a Pombo, moi seguro coma sempre, e Alberto mandou o pao. David tamén tivo dúas boas para o Camariñas nese primeiro periodo.

    Na segunda o Camariñas veuse arriba e tivo a axuda do porteiro local para asinar 4 tantos que sentencian a eliminatoria. Así e todo, co 0-1, e tras verse superiores moitos minutos, veuse abaixo o Baio, e ao finalsó habñia un equipo sobre o terreo de xogo.

    Nantón - Corme (0-0)

    • NANTÓN: Bonano, David, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Martín (Rubén, min.80), Luís, Manolo, Iván (Pedro, min.60).
    • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Jesús (Brais, min.60), Pandi, Diego (Gonzalo, min.80), Juan, Martín (Abel, min.62), Iago, Lucas, Alejo (Chino, min.85).
    • Partido igualado que é ben resumido polo 0-0. Moita xente de Corme no campo cabanés nun partido no que o Nantón puxo máis empeño e presionou e mantivo a raia aos azulóns. Na primeira a posesion foi visitantes, esperando a ver se entraba algunha, e tivo algunha chegada pero sen pegada, e Bonano apenas tivo que intervir.

      O Nantón, pola súa banda si que tivo dúas boas, como unha falta de Luís ao longueiro e botou case naliña na primeira e un par de chegadas na segunda, unha que fallou tamén Luís a porta baleira tras un córner; e outra de Martín que sacou un balón cando case se colaba na meta do xuvenil Javi.

      Laxe - Independiente (1-1)

      • LAXE: Illote, López (Rellán, min.46), Óscar (Felipe, min.46), Naya, Aarón, Roi (Darío, min.46), Borja, Manuel, Jacinto, Samuel, Zurich.
      • INDEPENDIENTE: Dani, Ivi, Rubén (Rafa, min.70), Jorge, Carlos, Cholo, Sande (Brais, min.65), Gustavo (Efrén, min.60), Juny, Jonathan, Jorge.
      • Goles: 1-0, min.50: Zurich; 1-1, min.75: Juny de penalti feito sobre el.

      Resultado xusto nun choque igualado, nun campo ateigado, coma sempre en Laxe. Foi un partido sen demasiadas ocasións no que se ben os carballeses tiveron algo máis de presión e as mellores ocasións. Se ben o penalti sinalado non foi, os visitantes pediron dúas penas máximas claras, e ademais tiveron opcións de poñerse por diante por medio de Suso de cabeza e outra do propio Juny que se deixou atrás o balón cando encaraba a Illote.

      Cabana - O Pindo (4-1)

      • CABANA: Añón, Marcos, José, Sande, Adrián Rama, Alessandro, Diego, Iván Mato, Collazo, Suárez, Eloy García. Tamén xogaron: Rubén, Sergio Aranzubía, Quintalea, Mikael, e Stefan.
      • O PINDO: Alex, Angel, Pablo, Manolito, Juan Fis, Bicho, Lolo, Carlos Leis, Garrido, Diego León, Javi Bicho.
      • Goles: 1-0: Jose; 2-0: Alessandro; 2-1: Garrido en posible fóra de xogo; 3-1: Suárez; 4-1: Iván Mato.
      • Expulsión: Riolo, o único suplente dos carnotáns.

      Tres goles en posible fóra de xogo desquiciaron aos carnotáns, que ademais chegaban a Cabana con 11 xustos e Alex de porteiro. Pero o Cabana, contando con moitos xuvenís, destacando o partidazo de Iván Mato, foi superior en todo momento.

      Club do Mar - Dumbría (0-2)

      • CLUB DO MAR: Iago, Chori, Juan Lareo (Fran Borrazás), Alex, Rubén, Jacobo, Jonnie, Chapu, Bertín, Vituco, Manu (Santi Silva).
      • DUMBRÍA: Juan Purrúa, Iván Pequeño (Tantán, min.46), David Carrreira, Eloy López, Suso, Aarón López, Luisete (Toja, min.60), Iago, Luisito, Eloy (Cote, min.55), Cacho (Leo, min.46).
      • Goles: 0-1, min.20: Cacho aproveitándose dunha indecisión; 0-2, min.40: Iago de penalti.

      Fixo mella a festa do alirón en caión e os caioneses. E máis dano fixo o primeiro tanto de Cacho, que descentrou aos locais e permitiron que os dumbrieses despregasen un bo fútbol durante ese segundo treito de partido, no que sentenciou a eliminatoria cun tanto de Cacho e un penalti, protestado polos locais, de Iago.

      Así e todo foi un partido sen demasiada intensidade, cun Dumbría algo máis metido no partido. Na segunda mellorou o Club do Mar, pero non entraron as ocasións.

      Porteño - Sofan (1-0)

      • PORTEÑO: Jimmy, Asier, Iago Sestayo, Pejo (Brais Grela, min.70), Gabi de Volvoreta (Oscar, min.65), Brais, Piti, Jorge (Tajes,m in.75), Cousillas, Ismael, Pirucho (Wii, min.60).
      • SOFÁN: Tojeiro, Adrian, Diego, Juanjo, Gustavo, Eloy Boedo, Ivan Rey, Victor Docampo, Edu, Jacobo e Suso Docampo.
      • Gol: 1-0, min.36: Pirucho tras un centro.

      Partido moi igualado, que empezou dominado polo cadro sofanista, pero sen profundidade, facendo bo xogo pero sen facer intervir demasiado a Jimmy. Pouco a pouco o Porteño foise metendo no partido, unha vez que se foron recuperando do esforzo titánico do partido co Cabana.

      Foi unha mala arbitraxe protestada por ambos, a SD reclamaron un penalti por man que o colexiado entendeu involuntaria e os locais protestaron dous fóras de xogo sinalados aos seus puntas. Foi Pirucho quen puxo o 1-1 que deixa con opcións aos camariñáns, en plena loita ligueira por meterse entre os 6 primeiros (seguen a 2 puntos do Montelouro e o Coristanco a pesar dos rumores que corren por Louro).

      Cee - Camelle (4-0)

      • CEE: Parroto, Rubén, Jorge (Carlos, min.52), Berto (Julio, min.57), Rafa, Diego (Angel, min.52), Piquero (Sergiño, min.65), Nico, Chiru, Fer, Víctor (Uri, min.65).
      • CAMELLE: Purrúa, Valiña, Manuel (Mauricio, min.81), Adrian, Dido, Super (Rene, min.67), Jati, Sergio, Ivan, Mario, Barreiro.
      • Goles: 1-0 min.16: Fer. 2-0, min.17: en propia puerta. 3-0, min.44: Nico. 4-0, min.87: Chiru.

      Partido marcado polo forte vento que o Cee sentenciou nun 1 minuto con dous goles ao cuarto de hora. Fer e Víctor foron un encordio para a defensa visitante que cometeu erros en ambos os goles.
      Na segunda parte tería a máis clara o Camelle co 3-0 unha falta ao borde da área que despexa a corner Parroto. O Cee seguiu insistindo e o cuarto chegaría nos últimos minutos tras unha boa xogada entre Rubén, Carlos e Fer que este último pasa a Chiru e fusila a Purrúa.

      Así, os de Llanero suman a primeira vitoria e a primeira alegría neste fatídico 2012.

      Alcaián - Corcoesto (3-1)

      • ALCAIÁN: Rizos, París, Pombo, Rubén, Ramiro, Tote (Portillo, min.60), Diego (Iván Souto, min.70), Víctor Freire, Victor Pazos, Daviciño (Pichel, min.50), Roberto (Diego, min.75).
      • CORCOESTO: Sito, Germán, Edelmiro, Miguel, Pablo, Longo, Javi, Miguel Baneira (Lista), Martín (Pichón), Josiño (Couto), Héctor.
      • Goles: 0-1, min.15: Oscar; 1-1, min.25: Rubén; 2-1, min.65: Pichel; 3-1, min.82: Roberto.

      Campo enlamado para un partido sen fútbo, con moita brega. A diferencia estivo na eficacia e se o Alcaián marcou as súas, o Corcoesto marrou. O colexiado estivo demasiado tarxetero, sobre todo contra o Corcoesto, que afronta unha volta complicada.

      Buño - Xallas (2-1)

      • BUÑO: Toni, Eloy, Brais, Diego, Ángel, Jorge, Miguel (Richard, min.89), David (Alfredo, min.78), Víctor, Ismael, Elías.
      • XALLAS: David, Castro, Iván, Nacho (Ricardo, min.53), Rubio, Pío (Isma, min.53), Rubén, Brais (Oscar, min.68), Sebas (Alemán, min.57), Toni, Alexandre.
      • Goles: 1-0, min.46: Elías; 1-1, min.64: Alexandre ; 2-1, min.69: Víctor de penalti de Iván Forján a Víctor.

      O campo pequeno de Xaviña foi un feudo complicado para os de Iván Cancela. Ademais, en fronte estivo un fantástico Buño, con moita disputa e brega sendo superiores en moitos momentos. O Xallas tamén tivo algunha ocasión, pero o Buño mereceu a vitoria.

      Nada máis volver dos vestiarios Elías puxo por diante aos locais. Reaccionaron os xalleiros que empataron por medio de Alexandre, pero un penalto sobre Víctor permitou que Víctor colocase de novo aos malpicáns por diante. O Xallas protestou un penalto sobre Alexandre que puido significar a igualada.

      Volantes - Carnota (0-1)

      • VOLANTES: Iago, Fran, Paqui (Javi, min.55), David (Maikel, min.65), Juan, Brais, Nimo, Ivi, Edu (Mou, min.65), Piti e Pardelo (Piru, min.50).
      • CARNOTA: Peipo, Tono da Caixa, Pedro, Manolo Chousa, David de Brea, Manuel Luís (Boni,m in.85), Jacobo, Rodrigo, Gabriel (Pumuki, min.55), Manoliño (Tono Goyanes, min.70), Casti.
      • Gol: 0-1, min.10: Casti de fermosa volea.

      Partido intenso e vivido no campo de Miraflores que deparou o segundo clasificado para Oitavos, trala 2-1 do partido adiantado de ida. E foi un choque con moitos afeccionados chegados de moitas partes da bisbarra e que tivo na afección do Volantes o contrapunto nos Muriños, que desta volta, e sen que sirva de precedente, apoiaron aos de Cambeiro.

      O partido estivo marcado pola actitude chulesca do colexiado que desquiciou aos locais. Así e todo ambos equipos tiveron boas ocasións, e tralo golazo inicial de Casti, os carnotás tiveron algunha como unha de Manoliño co porteiro batido pero que marrou na vaselina. Os Piti e Pardelo tamén probaron a Peipio sen acerto.

      Soneira - Cerqueda (2-1)

      • SONEIRA: Fran, Fran de Urroa, Pablo, Martín, Chans, Mauro, Pichi (Curra, min.80), Mayor (Cristian de Cereixo, min.60), Darío, Kike (Javi, min.65) e Iago (Alberto, min.77)
      • CERQUEDA: Rubén (Fredi, min.46), Javi Pazos, Dani, Javi, Rober (Jorge, min.57), Maikel (Juanjo, min.30), Lorenzo, Manu (Athu, min.57), Dani Añón (You, min.65), Alex e Dieguito.
      • Goles: 0-1, min.55: Alex: 1-1, min.72: Javi; 2-1, min.74: Javi.
      Non sacou toda a artillería o Soneira e Miguel dou minutos a xente do Soneira B e xente que levaba tempo sen xogar ao arrastrar lesións de larga duración, caso de Fran de Urroa, que aínda non esta recuperado da súa pubalgia, e Darío, que xa recuperou os problemas de visión tras varias aoperación. Pola contra, Raúl Periscal, que retornaba ao Municipal no que estivo durante tres campañas, non reservou a ninguén. O encontro non tivo moito ritmo e a piques estiveron os de Cerqueda de levarse un resultado moi positivo. Os goles chegaron na segunda metade, Alex adiantaba aos visitantes e Javi en dous minutos deulle a volta ao marcador. Primeiro ao rematar de cabeza un bo centro do central Martín que se descolgou para facer unha boa internada por banda e logo cun tiro raso dende a frontal da área.

      A eliminatoria non queda sentenciada, pero semella que con clara vantaxe do Soneira, aínda que haberá que ver si Miguel reserva moita xente para a volta.

      Coristanco - Muros (1-3)

      CORISTANCO:
    • MUROS: Fabio, Alberto (Fernando, min.75), Javi (Sexo, min.60), Mayu, Gael, Dani, Adrián (Eloy, min.65), Jesús, Aitor, Óscar, Yanki (Marco, min.20).
    • Goles: 0-1, min.10: Oscar; 1-1, min.44: ; 1-2, min.55: Aitor; 1-3, min.65: Marco tras un falta de Mayu.
    • Lesión: Yanki.

    Comezou mandando o Muros e se puxo por diante cun gol de Oscar de Maema. Pero un go ao fío do descanso meteu aos locais no partido, que apretaron, e moito á saída dos vestiarios. Así e todo, os locais decaeron tralos dous goles tempraneiros do Muros, e ficaron pensando máis na Liga, onde teñen moitas esperanzas de meterse entre os 6 primeiros. ante un Coristanco que está pensando máis na Liga.

    Santa Comba - Malpica (2-0)

    • SANTA COMBA: Pablo; Chinda, (Gonzalo, min.46), Agustín, Ángelo, Roberto, Jota, (David, min.60), Doro, Orlando, (Mon, min.42), José Ángel, (Noly, min.46), Julián, Darío Capelo.
    • MALPICA: Suso; Charly, Avelino, Iago, Andrés, (Marco, min.86), Rancaño, Neucha, Charro, Pablo, (Juny, min.66), Tato, David Blanco.
    • Goles: 1-0, min.35: Capelo tras unha combinación na área con Doro; 2-0, min.38: en propia tras un centro de Doro.

    Sufríu e moito o Santa Comba para superar a un combativo Malpica, e levar así unha renda importante para Pedra Queimada. I é que os malpicáns presentaron batalla en todo momento, e non permitiron que os laranzas combinaran en ningún momento. O partido comezou titubeante, pero os xalleiros tiveron 15 bos minutos no ecuador do primeiro tempo o que asinaron dous goles.

    Na segunda metade, os malpicáns continuaron moi forte e barreron do campo aos laranxas, loitando, correndo e apretando con boas ocasións. David Blanco estivo moi activo ante os seus ex compañeiros, e Neucha e Tato demostraron por que se está a falar tanto deles no fútbol da Costa.

    Ponteceso - Fisterra (4-1)

    • PONTECESO: Diego, Rubén (Alex, min.70), David, Fabián, Dani Pallas, Pablo Vázquez, Carlos Mato (Xurxo, min.85), Puente (Borja, min.75), Alberto Recarey, Ramón (Josito, min.70), Tooniño (Salva, min.80).
    • FISTERRA: Joselu, Juanjo (Roberto, min.50), Cote, Gus, Manuel Cartamil, Guardiola, Roco, Marco Docabo (Hidalgo, min.60), Rivas (Bruno, min.70), Tata (Insua, min.80), Dudo.
    • Goles: 1-0, min.8: Pablo Vázquez; 2-0, min.13: Toniño; 3-0, min.30: Alberto Recarey; 3-1, min.40: Roco; 4-1, min.80: Alex.

    Encontro que se decidía nos primeiros 30 minutos co 3-0. Dous goles tempraneiros daban un duro golpe a un Fisterra que chegaba ao Pinguel con moitas baixas e pensando na Liga no choque do domingo ante o Muros, mentres que o Ponteceso chegaba con catro xuvenís, pero que xuvenís!, na convocatoria.

    Primeira metade clara para o Ponteceso, que en 3 chegadas sentenciaron con 3 goles. O primeiro anotabao Pablo Vazquez nunha fermosa asistencia de Toniño. Sería o mesmo Toniño cinco minutos mais tarde nunha das suas xogadas as que nos ten acostumados dentro da área o que poñía o 2-0. Dani Pallas facía lucirse o meta Joselu no minuto 19 no que podía ser o terceiro. Chegaría este no 31´ noutra fermosa vaselina do xuvenil Alberto Recarey que marca por terceira xornada consecutiva co primeiro equipo.

    Cando todo parecía estar feito aparecía Roco para recurtar distancias co 3-1 nun gran remate de cabeza que batia o meta local Diego. Con este resultado chegábase o descando. Na segunda o Fisterra sacou de orgullo o cadro de Juan Jesús e foi a por todas pero non estiveron acertados os dianteiros. Así e todo foi Alberto Recarey quen avisou á saída dos vestiariose e foio Alex quen por segunda vez volve ser determinante coa sua entrada anotaba o 4-1 que deixa a eliminatoria un pouco mais decantada hacia os da vila de Pondal.

    ¡

    Máis información

    Crónicas da semana

    Máis novas

    Fonte

Comentarios