Previa dunha xornada fútboleira con 83 partidos en xogo

Nova fin de semana esta de Fútbol da Costa a cabalo entre febreiro e marzo. E chega con novidades, pois arrincan as Ligas F8 do Grupo Norte de Alevíns e Benxamíns, emais o gruo único de Prebenxamíns. Por tanto, teremos nada menos que 83 partidos en marcha. Todos, en www.futboldacosta.com. E antes de seguir, traemos o  exclusivo parte costeiro dos amigos de 4gotas.com: Será unha fin de semana marcada pola humidade e presenza de nubes. Temos un anticiclón moi preto de Galicia, pero se da achegado un chisco máis. Por momentos o fará e será o responsable de que se queden moitas nubes e moita humidade (mesmo orballos) e por momentos alonxarase un pouco e permitirá a chegada de algunha fronte atlántica que aporte chuvias. As máis significativas serán na tarde do venres e na madrugada do domingo e o momento con menos nubes será a mañá do venres.  As temperaturas serán suaves, entre os 8-9 de mínima e os 13-14 de máxima (agás nas primeiras horas do venres que irá un chisco máis de frío). O vento do suroeste soprará moderado nas tardes. Se queredes saber porqué anticiclón non é igual a sol, como erróneamente se pensa, podedes consultar este artigo. A Previa Comezamos o repaso da Previa pola Preferente - Senra Sport, con dous choques asequibles, pero moi igualados para os nosos. O Dumbría, con 32 puntos, recibe no Conco ao Viveiro, situado a só 2 puntos dos dumbrieses, mentres que o XSC recibe a un Residencia empatado con 31. Novo derbi, e moi fermoso, na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Cairo acollerá o choqeu entre un necesitado Corme e un Baio que vén de vencer a todo un Sofán. Un Sofán que necesita do Carral nunha finalísima para saber se vai seguir pelexando ata o final polo ascenso, pois recibe ao Unión, líder ata que o Soneira batía con eles a semana pasada. O Soneira quere manter a boa liña ante un bo Piloño, mentres o Malpica ten que romper a mala liña ante a visita do Flavia, co que unha derrota o podería meter en serios problemas. A Esteirana buscará a terceira vitoria seguida e certificar a súa reacción, pero recibirá nada menos que ao líder, o Villestro. O partidazo da xornada xogarase en San Pedro de Castriz, na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O 4º da táboa recibe ao líder no seu peor momento, un San Lorenzo que chega con só 2 puntos de vantaxe e con Zas e Outes pisando os talóns. O zaenses esperan un tropezo dos carballeses e non fallar ante o Seaia en casa, mentres os da Serra terán unha complicada saída ante un Mazaricos, que de vencer se pode ata meter na pelexa por todo. Por abaixo, teremos un duelo de pechacancelas. Pode ser o último tren para un Camelle sen sorte, pero en fronte terá un Montelouro que necesita os puntos comarea, esperando ademais o tropezo do Seaia, e por que non, do Cabana en Buño e do Porteño en Cee. Todos terán o ollo posto na Esteirana e no Corme, pois deles tamén dependen outras dúas prazas de arrastre. Choques interesantes na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O Cerqueda e o Ameixenda queren seguir certificando os seus postos de ascenso, pero terán que superar a Coristanco e Muxía, dous equipos á alza en plena pelexa pola promoción. Outro dos choques da xornada será o Lira-Nantón do sábado, mentres o Corcubión non pode fallar máis se quere manter a súa 4ª praza.

Os Xuvenís en plena loita

Está fermosa a Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Cando quedan 4 xornadas para o remate, e co Dumbría destacado (enfróntase ao Porteño no Hermanas Patiño debido ao mal estado da Grixa), 4 equipos pelexan pola praza que acompañará, con probabilidade, ao Dumbría na Fase. Dous choques directos a cara de can viviremos este sábado, entre XSC e Os MIúdos, e entre Cabana e Camariñas. Mentres, na sosa Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, aínda con 6 xornadas por diante, segue a competición.

De Ligas Autonómicas

Será unha tarde de festa o sábado no Conco coa visita do líder da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. Un dos premios da temporada, o poder xogar en casa ante todo un Celta de Vigo, ante o que sumar será o de menos, estando ademais con moita marxe como está o equipo de Juan e Joaquín. Pola súa banda, si que necesita sumar o XSC da Liga Galega Cadete que terá un tenso derbi na mañá do domingo ante o Bergantiños. O que máis complicado o ten é o Dumbría Infantil, que visita o sábado ao Santiago coa imperiosa necesidade de sumar os 3 puntos.

Xornada clave en Cadetes e Infantís

Apaixoantes os duelos cando quedan 3 xornadas para remate das ligas comarcais. Na 1ª Cadete, o Corme, con 3 puntos máis sobre o Cabana, non pode fallar na súa visita a Arliña, se quere afianzar o título. Pero o partidazo xogarase no San Paio de Refoxos. O Cee, 3º a 4 puntos do Cabana, pode meterse na pelexa pola segunda praza que dá acceso á Fase de Ascenso se vence ao equipo cabanés (na ida gañou 3-2 o cadro cabanés). O Ponteceso, empatado co Cee, estará atento ao que suceda no partidazo da xornada. Mentres, na 1ª Infantil, teremos dous choques no máis alto. o XSC ten 5 puntos de vantaxe sobre o Fisterra pero cun partido máis, polo que non pode perder ante a visita dos Miúdos, o 3º na táboa. O que ten que gañar si ou si é o Fisterra, que ademais visita o campo do 4º clasificado, o Cabana. Aquí a pelexa é polo título e pola única praza que dá acceso á Fase de Ascenso.

Máis F8

E como dicimos, mentres polo Sur xa levan varios meses competindo e andan pola xornada 16, esta semana arrincan as Ligas 1ª División, o líder San Román terá un choque complicado, pois recibe ao At.Milagrosa, 4º a só 5 puntos. Atento estarán os Coristanco e Hosgran, a só 3 do líder, e que terán choques a priori máis asequibles.

Preferente - Senra Sport, xornada 26

Dumbría 01/03 - 17:00 Viveiro
Residencia 01/03 - 17:15 Xallas StComba

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 25

Sofán 01/03 - 16:30 Unión
Soneira 01/03 - 16:30 Piloño
Esteirana 01/03 - 16:30 Villestro
Malpica 01/03 - 16:30 Flavia
Corme 01/03 - 17:00 Baio

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 25

Montelouro 01/03 - 16:15 Camelle
Carnota 01/03 - 16:15 Fisterra
Camariñas 01/03 - 16:15 Volantes
Buño 01/03 - 17:00 Cabana
Zas 01/03 - 17:00 Seaia
Cee 01/03 - 17:00 Porteño
Castriz 01/03 - 17:00 San Lorenzo
Mazaricos 01/03 - 17:00 Outes
Ponteceso 01/03 - 17:00 Baíñas

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 25

Lira 28/02 - 16:30 Nantón
Corcubión 28/02 - 17:00 Castrelo
Muxía 01/03 - 16:30 Ameixenda
Coristanco 01/03 - 17:00 Cerqueda
  • Descansa Laxe.

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7

Xallas StComba 28/02 - 12:00 Os Miudos
Porteño 28/02 - 17:00 Dumbría
Cabana 28/02 - 18:00 Camariñas

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 8

Malpica 28/02 - 11:30 Esteirana
Baio 28/02 - 16:00 Outes
Zas 28/02 - 16:15 Castriz
Muxía 28/02 - 16:15 Corcubión
Corme 28/02 - 16:15 Cee
Coristanco 28/02 - 16:15 Fisterra
  • Descansa Ponteceso.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 25

Dumbría 28/02 - 17:00 Celta

Liga Galega Cadete, xornada 25

Xallas StComba 01/03 - 11:30 Bergantiños

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 3

Santiago 28/02 - 12:00 Dumbría

1ª Cadete, xornada 24

Esteirana 27/02 - 10:30 Sofán
Cee 27/02 - 17:00 Cabana
Baio 28/02 - 10:00 As Baleas
Muxía 28/02 - 11:00 Corme
Fisterra 28/02 - 11:00 Os Miudos
Ponteceso 28/02 - 11:30 Coristanco
  • Descansa Outes.

1ª Infantil, xornada 24

Vimianzo 27/02 - 18:3 Zas
Cee 28/02 - 11:00 Ponteceso
Xallas StComba 28/02 - 11:30 Os Miudos
Cabana 28/02 - 16:00 Fisterra
Outes 01/03 - 10:30 Corme
Sofán 01/03 - 12:15 Coristanco
  • Descansa Esteirana.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 16

Cee A 26/02 - 19:00 Dumbría
Fisterra 27/02 - 19:00 Cee B
Dumbría B 27/02 - 19:00 Os Miúdos B
Outes A 28/02 - 11:00 XSC A
Lira 28/02 - 12:00 Os Miúdos A
Esteirana B 28/02 - 12:00 Sofán
Esteirana A 01/03 - 12:00 As Baleas

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 16

Cee 26/02 - 18:00 Dumbría
Outes 26/02 - 19:00 XSC A
Fisterra 27/02 - 18:00 Cee B
XSC B 1-6 Sofán
Lira 28/02 - 13:00 Os Miúdos A
Esteirana 01/03 - 11:00 As Baleas

1ª División, xornada 23

Zas 01/03 - 11:00 Dumbría
Hosgran 01/03 - 11:00 Laxe
San Román 01/03 - 12:00 At. Milagrosa
Baio 01/03 - 12:00 Soneira
Bértoa 01/03 - 11:00 San Lorenzo
Castriz 01/03 - 11:00 Ponteceso
Coristanco 01/03 - 10:00 Xv. Bergantiños
  • Descansa Cabana.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 23

Vimianzo 01/03 - 11:00 Cerqueda
Sofán 01/03 - 10:30 Poniente
Camariñas 01/03 - 10:00 Malpica
Corcoesto 01/03 - 11:00 Nantón
Erbecedo 01/03 - 12:00 Leiloio
San Isidro-Razo 01/03 - 11:00 Porteño
Buño 01/03 - 10:00 Agualada
  • Descansa Dep. Carballo.

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).