mércores. 30.04.2025
El tiempo

Resultados e análise doutra xornada de Entroido no Fútbol da Costa

Resultados e análise doutra xornada de Entroido no Fútbol da Costa
Parada de Norber a tiro de Saviola no Fisterra-Camarinas-Foto-Roco

Fixo estragos abondos, pero non tráxicos, o Entroido da Costa da Morte. A fin de semana de Enterros deixou unha xornada completa do fútbol costeiro, con moito en xogo.

Comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos colleitaron resultados tan dispares como pouco esperados. Vaia, a vitoria do Dumbría pode que non sexa unha sorpresa, se ben os de Canosa, cunha gran primeira metade, superaron a todo un Mugardos, 3º da táboa. Pero o XSC recibía ao Castro, un equipo que chegaba cun punto de vantaxe a Fontenla, e que levou demasiado premio.

Viña con derbi a xornada na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, e o Baio fixo máis mella na mala xeira do Sofán, líder durante moitas xornadas e que hoxe baixa xa ata a 4ª raza a 5 do liderato. Os baieses sitúanse a 3 dos carballeses tras un fermoso e igualado partido. Polo demais, gran vitoria do Soneira nada menos que no campo do Unión, ata hoxe líder. E que dicir da segunda vitoria consecutiva da Esteirana, ante un rival directo como é o Amio, o que marca a salvación. Hai vida para o cadro blaugrana na categoría, quedando agora a 3 partidos. Aí está o Corme, tralo seu empate en Padrón, empatado con Amio e Lesende con 27 puntos. O que non sumou foi o Malpica ante un gran Puebla.

Menuda xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra, Zas, Outes e Castriz achéganse ao liderato tralo empate do San Lorenzo na casa ante o Carnota. O Zas superaba ao Cabana nas Redondas, o Outes non podía pasar do empate ante o Ponteceso no Cunchido e perdeu a ocasión de alcanzar aos carballeses, e o Castriz vencía en Camelle. En 2 puntos quedan os 4 equipos, formando o grupo destacado.
Por abaixo, o Porteño salvou unha bola de partido vencendo ao Montelouro nunha Grixa cascada, pero o cadro loureán segue quedando a 3 da teórica salvación, sen aínda ter presentes os arrastres da 1ª. O que tamén salvou unha final foi o Cee, vencendo en Malpica ao Seaia e pegando un salto importante para non pasar apuros.

Non sufríu a Mikaela o Cerqueda, que sumou a 10ª vitoria seguida na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira cun resultado moi tenístico. Tamén gañou o Ameixenda ao Corcubión, no debut de Pato no banco trala dimisión de Manolín, ao que todo o equipo quere adicar esta vitoria. Os dous equipos teñen todas as papeletas para acadar o ascenso directo. Na Promoción, o Coristanco vencía en Nantón, e métese na 3ª praza adiantando aos corcubioneses. Lira e Nantón manteñen a praza trala derrota do Muxía ante o líder.

De base

Xa na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, o Dumbría confirma que segue ao seu, mentres o resto pelexan pola segunda praza que dá acceso á Fase. Os Miúdos non pasaban do empate ante o Porteño, polo que o XSC, que vencía en Camariñas, se coloca a só un punto. En todo caso, Cabana e Camariñas quedan a só 3 do cadro muradán, polo que a loita está moi aberta.

Doble xornada esta semana da Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, que deixa á Esteirana invita con 7 de 7, e xa 5 puntos de vantaxe sobre o Coristanco, e 6 sobre Corcubión e Fisterra. Por abaixo, Baio e Castriz suman só un punto, e Castriz 3, polos 5 do Cee, os 6 do Malpica, os 7 do Corme e os 8 do Ponteceso. Todos loitarán por evitar as 3 últimas prazas que deixan fóra dos Oitavos de Copa.

Gran vitoria do Dumbría en Santiago na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, deixando ao propio cadro santiagués a 10 puntos e dando un paso de xigante que lle dá moita tranquilidade aos Juan e Joaquín. Pola súa parte, o XSC empataba en casa co Compostela, quedando aínda con 2 puntos de vantaxe sobre o cadro santiagués e con 3 sobre o descenso. O que vivíu unha nova xornada negativa foi o Dumbría infantil, que caia na casa ante o Residencia nun partido que era fundamental para intentar salvar a categoría. Os de Huelvis e Pablo quedan xa a 9 puntos da salvación.

Nas ligas comarcais, cando só faltan 3 partidos para o final, o Corme deu un paso fantástico na 1ª Cadete, tralo empate da semana pasada, ao vencer en Outes e aproveitar o empate do Cabana ante o Muxía, deixando así a vantaxe en 3 puntos sobre os cabaneses.
Mentres, na 1ª Infantil, o XSC non fallou ante o Zas e mantén os 5 puntos sobre o Fisterra, que iso si, ten un partido menos.

Ademais, aínda con media liga por diante, Outes e Cee A manteñen unha boa pelexa na F8 Alevín Costa Sur, mentres en F8 Benxamín Costa Sur o Fisterra vai destacado con 6 puntos sobre o Outes.

De Veteranos

Descansaba o líder da 1ª División das Ligas de Veteranos, pero só o Coristanco aproveitou para recurtar e colocarse a 3 puntos. A 3 queda tamén o Hosgran que non podía na sempre complicada saída ao Conco, e caía ante o Dumbría. O Milagrosa non fallaba na casa e queda a 5, co San Lorenzo a 6 e o propio Dumbría a 7.
Na 2ª División, o Agualada segue ao seu, e descansaba o Erbecedo, recurtándolle puntos o Corcoesto, pero aínda queda a 4 e con 2 partidos máis, nesa loita polas dúas primeiras prazas de ascenso.


Preferente - Senra Sport, xornada 25

Xallas StComba1-2Castro
Dumbría3-1Gal. Mugardos

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 24

Unión0-1Soneira
Amio1-3Esteirana
Puebla1-0Malpica
Flavia1-1Corme
Baio2-0Sofán

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 24

Porteño2-1Montelouro
Camelle0-1Castriz
San Lorenzo1-1Carnota
Fisterra2-1Camariñas
Seaia1-4Cee
Volantes0-3Mazaricos
Outes2-2Ponteceso
Baíñas2-1Buño
Cabana1-3Zas

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 24

Castrelo1-0Laxe
Ameixenda3-0Corcubión
Nantón0-3Coristanco
Cerqueda6-4Muxía
  • Descansa Lira.

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 6

Os Miudos2-2Porteño
Camariñas0-2Xallas StComba
Dumbría6-0Cabana

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 7

Castriz2-2Ponteceso
Outes5-0Zas
Corcubión5-2Baio
Cee0-3Muxía
Esteirana6-1Corme
Fisterra4-0Malpica
  • Descansa Coristanco.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 24

S.de Compostela0-1 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 24

R.C. Villalbés0-0 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 2

Dumbría0-1 Residencia

1ª Cadete, xornada 23

Outes0-4Corme
Cabana1-1Muxía
Sofán2-10 Fisterra
Baio3-0Coristanco
Os Miudos3-7Cee
As Baleas4-3Esteirana
  • Descansa Ponteceso.

1ª Infantil, xornada 23

Ponteceso0-3 Sofán
Coristanco1-1Vimianzo
Fisterra5-1Cee
Corme0-5Cabana
Esteirana4-1Outes
Zas1-3Xallas StComba
  • Descansa Os Miúdos.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 15

Os Miúdos A 2-6Dumbría B
Cee A2-1Fisterra
XSC A3-1Dumbría
Esteirana B1-15Esteirana A
As Baleas5-2Lira
Sofán8-1Cee B
Os Miúdos B2-10Outes A

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 14

Sofán3-2Cee B
XSC A1-5Dumbría
As Baleas11-1Lira
Cee0-16Fisterra
XSC B3-4Esteirana
Miúdos B0-6Outes

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 22

Laxe1-1Cabana
At. Milagrosa2-0Baio
Dumbría2-1Hosgran
Soneira2-4Bértoa
San Lorenzo4-0Castriz
Ponteceso0-1Coristanco
Xv. Bergantiños0-3Zas

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 22

Cerqueda3-1Sofán
Poniente1-0Camariñas S.D.V
Malpica0-5Corcoesto
Nantón1-1Dep. Carballo
Leiloio2-2San Isidro-Razo
Porteño-Buño
Agualada 8-0Vimianzo
  • Descansa Erbecedo.

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios